Tordoia - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 29/03/2003 BOP Nº: 73
Publicación definitiva: 29/03/2003 BOP Nº: 73
Aplicable dende: 01/01/2024

Artigo 1º.- Fundamento e réxime

1.- No uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais , este Concello establece o imposto sobre construción, instalacións e obras o similar.

2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º.- Feito impoñible

1.- Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente autorización, comunicación previa ou licenza de obras ou urbanística, ou similar, obtivérase a mesma ou non.

2.- As construcións, instalacións e obras ás que se refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións,en:

a) Movemento de terras

b) Obras de construción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

c) Obras de demolición

d) Obras nos edificios, tanto as que modifiquen o seu interior como o seu exterior

e) Aliñacións e rasantes

f) Obras de fontanería e sumidoiros

g) Obras de cemiterios

h) Calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo a normativa legal e regulamentaria vixente.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria, e donos da construción, instalación, que sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. A estes efectos serán a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións, ou obras.

Artigo 4º.- Exencións

1. Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeitas ao imposto, vaia a ser directamente destinada a carreteras, ferrocarriles, portos, aeroportos, obras hidraúlicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, anque a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto si se trata de obras de inversión nova como de conservación.

2. A Igrexa Católica, salvo as actividades económicas

3. As demais previstas nas Leis ou Tratados.

Artigo 5º.- Bonificacións

1.- Establécese unha bonificación de ata o 95% para as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración regulada no artigo 103.2.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do seguinte xeito:

- 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.

- 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.

- 50% pola creación de ata 10 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.

A porcentaxe de bonificación aplicable, no suposto en que a construción, instalación ou obra se ubique nos Polígonos de Tordoia, será:

- 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.

- 90% pola creación de máis de 15 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.

- 80% pola creación de ata 15 postos de traballo. no termo municipal de Tordoia.

- 70% pola creación de ata 10 novos postos de traballo no termo municipal de Tordoia.

- 60% pola creación de ata 5 novos postos de traballo no termo municipal de Tordoia.

Esta bonificación será de aplicación unicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando impliquen creación de emprego.

Corresponderá a declaración de especial interese ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple.

Á presente bonificación resúltanlle de aplicación as seguintes normas:

a) Non se entenderá que concorre o requisito de nova actividade:

¿ Cando a actividade económica fose realizada anteriormente por outras persoas ou entidades relacionadas no sentido do artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, reguladora do Imposto sobre sociedades e transmitida, por calquera título xurídico, á entidade de nova creación.

¿ Cando a actividade económica fose realizada, durante o ano anterior á constitución da entidade, por unha persoa física que ostente unha participación, directa ou indirecta, no capital ou nos fondos propios da entidade de nova creación superior ao 50 por cento.

¿ Non terán a consideración de entidades de nova creación aquelas que formen parte dun grupo nos termos establecidos no artigo 42 do Código de Comercio.

¿ Non se entenderá nova actividade cando no mesmo local para o que se solicita a bonificación se viñera desenvolvendo calquera outra actividade, polo mesmo titular, baixo outro epígrafe do Imposto sobre actividades económicas.

b) Entenderase por ampliación das instalacións, a apertura dun novo centro de traballo, sempre e cando se manteña a apertura dos centros nos que xa viña desenvolvendo habitualmente a actividade.

c) No momento de solicitude da bonificación, achegarase memoria explicativa da iniciativa económica proxectada, pormenorizando aqueles aspectos relacionados coa creación de novos postos de traballo. A bonificación que neste momento se acorde terá carácter de provisional.

O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo. Tal circunstancia deberá ser acreditado por este ante os servizos tributarios do Concello dentro dos primeiros quince días de cada exercicio. O non cumprimento deste requisito dará lugar o inicio do correspondente expediente de reintegro.

A solicitude deberá realizarse unha vez concedida a correspondente licenza de obra e dentro do prazo previsto para a presentación da correspondente autoliquidación do imposto.

Presentada a solicitude en prazo, o suxeito pasivo poderá practicar autoliquidación do imposto aplicando a bonificación solicitada de forma provisional e condicionada á obtención da correspondente declaración plenaria de ¿interese ou utilidade municipal".

2.- Gozarán dunha bonificación do 50% da cota do Imposto as construcións, instalacións ou obras referentes a vivendas de protección oficial. Os solicitantes achegarán, xunto coa autoliquidación do Imposto, a correspondente cédula de cualificación de protección oficial e aplicarán directamente a bonificación, sen prexuízo da comprobación administrativa posterior.

Artigo 6º.-Base impoñible.

A base impoñible deste imposto estará constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación, obra ou demolición. O custo real coincide co presuposto de execución material da obra, quedando excluídos, polo tanto, os gastos xerais, o beneficio industrial e empresarial, os honorarios de redacción do proxecto, o imposto sobre o valor engadido e,demais impostos análogos propios de réximes especiais. No presuposto de execución material tampouco se inclúen as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter local relacionadas coas devanditas construcións,instalacións, obras ou demolicións.

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo de construción, instalación, obra ou demolición. No seu defecto, entenderase como base impoñible o establecido nos Anexos I e II desta Ordenanza.

2.-Cota tributaria íntegra.

A cota tributaria do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

O tipo de gravame virá fixado por tramos:

- Para feitos impoñibles cun importe de ata 300.000 euros, e todo tipo de explotacións agrarias o tipo de gravame será dun 2 %.

- Para feitos impoñibles cun importe de entre 300.000 euros a 400.000 euros, o tipo de gravame será dun 2,5 %.

- Para feitos impoñibles cun importe de entre 400.000 euros ata 500.000, o tipo de gravame será dun 3 %.

- Para feitos impoñibles de máis de 500.000 euros, o tipo de gravame será dun 4%.

4.- A obriga de pagar o imposto xurde coa solicitude ou no momento de inicia-la construción, instalación, obra ou demolición aínda cando non se tivese a correspondente licenza.

5.-A tarifa mínima do imposto será de 60 €.

Artigo 7º.- Percepción do imposto

O imposto percibirase no momento da solicitude ou no momento de comezar a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivese a correspondente licenza. A Policía Local remitira un informe mensual sobre as posibles construcións, instalacións e obras.

Artigo 8º.- Xestión

1.- Cando se conceda a licenza preceptiva ou cando se inicie a construción, instalación ou obra non tendo solicitado,concedido ou denegado aínda a dita licenza preceptiva practicarase a correspondente liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o colexio oficial correspondente ó visase. Noutro caso, a base impoñible determinarana os técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.

A liquidación provisional deberáselle notificar de inmediato ó suxeito pasivo nos termos establecidos no artigo 102 da Lei xeral tributaria.

2.- Á vista das construcións, instalacións ou obras realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, previa a oportuna comprobación polo técnico, modificará de ser o caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva, esixíndolle ou, de ser o caso, devolvéndolle ó suxeito pasivo a cota diferencial que corresponda.

Artigo 9º.- Inspección e recadación

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 10º.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como ás sancións que lles correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 191 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

ANEXOS

ANEXO I:

CÁLCULO DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL DE OBRAS MAIORES

1NORMAS XERAIS

1.1. CRITERIOS DE VALORACIÓN

1.1.1.- Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponde dacordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non, segundo o bo xuízo do arquitecto, as superficies destinadas a usos minoritarios.

1.1.2. - A superficie total construída é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos dos medianís compartidos,de ser o caso.

Nos edificios de vivendas, as superficies de desváns accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de seren destinadas a vivenda, serán incluídas no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,5 mts. e serán valoradas co uso de vivenda.

1.2. TRABALLOS POR FASES

1.2.1.- En aplicación do R.D. 2512/1977 sempre será posible contratar e realizar un traballo por fases.

1.2.2.- Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o Módulo básico Mb vixente no momento da comprobación de cada unha delas. Nos Proxectos de Execución aplicarase o mesmo módulo que no Proxecto Básico se aínda non transcorreron seis meses desde a tramitación deste último. No caso contrario, e se o Módulo básico vixente fose distinto, aplicarase o novo módulo.

1.2.3.- Cando o encargo sexa en misión completa, xunto co Proxecto básico poderán acompañarse os oficios de dirección.

1.2.4.- Nos Proxectos de Execución incluiranse medicións e presuposto de execución material con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos, presuposto que poderá ser estimado por calquera método de cálculo, aínda que se recomenda utilizar como valor de referencia o resultante da aplicación deste Manual.

1.2.5.- Nos encargos que contemplen exclusivamente o Proxecto Básico, ou o Proxecto Básico e de Execución, non se entregarán os oficios de dirección por non estar contratada esta fase.

2.-ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

2.1.- DEFINICIÓNS

Mb.- Módulo Básico.

Cg.- Coeficiente xeográfico.

Mc.- Módulo de construción ou de referencia.

S.- Superficie total construída, en m2.

Si.- Superficie construída por uso da cordo co destino predominante nela, en m2.

Ct.- Coeficiente corrector en función do tipo da edificación.

Cu.- Coeficiente corrector en función do uso da edificación.

PMb.- Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

PEM.- Presuposto de Execución Material do proxecto.

2.2. VALORES DE APLICACIÓN

2.2.1. MODULO BÁSICO: Mb.Establece un prezo en euros/m2 de edificación en función de datos coñecidos, tanto de carácter oficial -Prezo básico Nacional, Módulos Ponderados, índices de prezos do consumo e do custo da vivenda, actualizacións catastrais, cadros de prezos oficiais de organismos públicos (IGVS), licitacións e adxudicacións de obras oficiais- como de carácter xeral que proveñan do mercado da construción e do mercado inmobiliario.

O Módulo Básico (Mb) establecido inicialmente por esta ordenanza, e que estará vixente mentres non sexa actualizado e modificado por un acordo posterior, é de 520,00 Euros.

2.2.2. COEFICIENTE XEOGRÁFICO: Cg:É un coeficiente corrector por situación xeográfica de acordo co reparto das áreas establecidas no Decreto 345/1998, publicado no D.O.G. do 4 de decembro de 1998, que modifica a inclusión dos concellos da Comunidade Autónoma nasáreas vixentes ata esa data (circular colexial nº 107/1998).

Coeficiente xeográfico para a Área 1: Cg = 1. Este coeficiente será aplicable ao Concello de Tordoia, por se atopar nadita área.

2.2.3. SUPERFICIE CONSTRUIDA POR USO: Si.

Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda de acordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non as superficies destinadas a usos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1.1.

2.2.4. COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.

Ct.- Tipo edificatorio

1. En Edificacións de Nova Planta e Adicións.

1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3º

1,10 Agrupación en ringleira. Sotos 1º e 2º.

1,00 Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta vivenda colectiva.

2. En Obras de Reforma e Rehabilitación

1,20 Rehabilitación total, incluíndo a desmontaxe de fachadas.

1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas.Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.

0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura existente.

0,50 Reformas de elementos estruturais.

0,35 Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpinterías e cerramentos (aplicado á superficie de fachada).

0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estruturais nin a instalacións (acabados interiores).

0,02 Demolicións e derrubes (aplicada á superficie total das plantas que se van derrubar)*

* = Coeficiente por uso Cu=1

2.2.5. COEFICIENTE DE USOS: Cu.

1.Edificación:

Cu.- Usos da edificación.

1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.

1,50 Hospitais. Laboratorios. Igrexas.

1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e aéreas.

1,30 C!ubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.

1,20 Casas da Cultura. Casas Consistoriais. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3ª idade. Apart-Hoteis. Tanatorios.Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.

1,10 Vivenda. Hoteis 2**. Residencias Universitarias. Moteis.

1,00 Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes.Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas cubertas.

0,90 Bares. Mercados.

0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos camping.

0,65 Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais industria escaparate.

0,50 Piscinas descubertas. Cemiterios.

0,40 Locais en planta baixa ou semisoto se uso específico. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servizo.

0,35 Trasteiros. Pórticos, soportais e terrazas abertas.

0,30 Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Alpendres, pendellos oucubertos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).

0,10 Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings **.

0,05 Xardíns. Camiños de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos **.

** Coeficiente por tipo edificatorioCt = 1

2.3. OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PMb.

Como xa quedou dito, o valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional e credibilidade do traballo de arquitectura.

O custe da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo poderá obterse en función do Módulo de construción, Mc, e da superficie construída para cada uso, segundo as seguintes fórmulas:

2.3.1. MÓDULO DE CONSTRUCCIÓN:

O Módulo de Construción, Mc, obtense pola seguinte fórmula:

Mc = Mb x Cg x Ct x Cu

Sendo:

Mc = Módulo de construción.

Mb = Módulo básico.

Cg = Coeficiente xeográfico.

Ct = Coeficiente por tipo edificatorio.

Cu = Coeficiente por uso.

Nos casos nos que un proxecto non se axuste aos tipos edificatorios ou aos usos antes definidos, aplicarase a mediaentre os que máis se lle asemellen.

2.3.2. PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIALSEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PMb

PMb. = Σ (Mci x Si)

Sendo:

PMb = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

Mci = Módulo de construción de acordo co destino predominante da superficie.

Si = Superficie construída por cada uso parcial de acordo co destino predominante nela.

 

ANEXO II:

IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS. ANEXO DE VALORACIÓNS DE OBRAS MENORES.

Este cadro de módulos valorativos tan só se aplicará cando sexa imposible aplicar, por razón da concreta obra menor, o módulo xeral Mb de obra maior do Anexo I.

I. CERRAMENTOS DE FINCAS

Executados con bloque de formigón ou semellante ........ 40,00 €/m2

Executados con malla plástica ou semellante.¿¿¿.¿. 10,00 €/m2

Executados con postes e arame.........¿¿¿¿¿¿¿... .15,00 €/m2

Executados con elementos vexetais......¿¿¿¿¿.¿... ...7,00 €/m2

Executados con pedra ou semellante......¿¿¿¿¿..... ..55,00 €/m2

II. CUBERTAS

(Medición en planta)

Cubrición estrutura cuberta con tella curva.¿¿¿¿.... 23,00 €/m2

Cubrición estrutura de cuberta con lousa..¿¿¿¿¿.. 32,00 €/m2

Cubrición estrutura cuberta con tella plana¿¿¿¿¿. 23,00 €/m2

Cubrición estrutura cuberta con fibrocemento¿¿¿¿. 20,00 €/m2

Formación de vertentes de cuberta con estrutura de madeira ou

mediante forxa de formigón armado..............................37,00 €/m2

Cuberta de tella curva completa. Inclúese a estrutura de soporte (madeira, fibrocemento, etc.)

e o material de cubrición..............................................60,00 €/m2

Cuberta de lousa completa..................¿¿¿¿¿¿..... 70,00 €/m2

Cuberta de fibrocemento completa..........¿¿¿¿..........57,00 €/m2

Cano vertical de pluviais PVC ou mat. pintado¿¿......... 17,00 €/ml

Cano horizontal de pluviais PVC ou mat.pintado¿.......... 17,00 €/ml

III. REMATES DE FACHADA

Cachotería con espesor mínimo 25 cms.............................85,00 €/m2

Pintura impermeable en fachadas, descontando os

ocos de portas e ventás¿¿¿¿¿.....................................8,00 €/m2

Selado de xuntas en fachadas con morteiro de

cemento branco coloreado.................................................. 5,00 €/m2

Enfoscado mestreado e alisado en paramentos verticais

exteriores pintado con pintura impermeable........................19,00 €/m2

Limpeza de fachadas de pedra con auga ou con area a

presión.............................................................................. 5,00 €/m2

Repicado de enfoscados en fachadas........¿¿¿¿..............5,00 €/m2

Rexuntado de muros de pedra, incluído limpeza previa e

sen descontar ocos carpintería¿¿¿¿¿¿¿....................16,00 €/m2

IV. CARPINTERIA EXTERIOR

Pintura e/ou restauración de carpintería exterior ..................21,00 €/m2

Porta de balcón con contra de madeira para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de

colgar, seguridade e acristalamento.....................¿¿¿....220,00 €/m2

Porta de balcón de aluminio lacado ou PVC,

incluído acristalamento.....................................................170,00 €/m2

Porta de entrada a vivenda de madeira maciza, para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de

colgar, seguridade e acristalamento (Ude.).......................420,00 €/m2

Porta de entrada a vivenda de aluminio lacado ou PVC,

incluído acristalamento (Ude.)........................................380,00 €/m2

Ventá con contra de madeira para varnizar ou pintar, incluso ferraxes de

colgar, seguridade e acristalamento............................... 220,00 €/m2

Ventá ou galería de aluminio lacado ou PVC,

incluso acristalamento...................................................170,00 €/m2

 

V. REMATES INTERIORES

Porta de paso en madeira pintada ou vernizada, incluídas

ferraxes de colgar e seguridade ........................................................ 130,00 €/ude

Chan con pavimento cerámico ou terrazo pulido e

abrillantado con rodapé .......................................................................25,00 €/m2

Obras con azulexo (descontaranse os ocos) ..¿................................... 23,00 €/m2

Chan con madeira incluído rodapé .......¿¿........................................ 25,00 €/m2

División interior de ladrillo enfoscado ...¿¿........................................ 31,00 €/m2

VI. OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIONS HIXIENICO - SANITARIAS E DE HABITABILIDADE

Arqueta de rexistro ............................................................................85,00 €/ude

Tubería de formigón .......................................................................... 18,00 €/ml

Fosa séptica con capacidade para unhas dez persoas....................... 900,00 €/ude

Lavado (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e

quente e desaugadoiro) ...................................................................150,00 €/ude

Bañeira (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e

quente e desaugadoiro) ....................................................................170,00 €/ude

Bidé (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e

quente e desaugadoiro...................................................................... 130,00 €/ude

Inodoro (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e

quente e desaugadoiro) ..............¿...................................................160,00 €/ude

Quentador de auga de 10 litros .........................................................250,00 €/viv

Acometida xeral de auga .........¿......¿............................................ 170,00 €/ude

Instalación de desaugadoiro para lavadora automática ou

lavapratos ..................................................................................... 120,00 €/ude

Depósito de auga con capacidade mil litros¿................................... 380,00 €/viv

Rede interior de auga fría e quente .....................¿.¿..................... 530,00 €/viv

Instalación interior de gas ...........¿.................¿¿¿......................120,00 €/viv

VII. ACONDICIONAMENTO TERMICO, ILLAMENTO E ESTANQUEIDADE DA VIVENDA

Formación de cámara de aire con fábrica de Ladrillo,

enfoscado, pintado e illamento interior ¿.......................................... 23,00 €/m2

Dobe acristalamento con vidrios incoloros, cámara e

selado con xunta plástica ¿¿¿¿¿................................................ 60,00 €/m2

Instalación completa de calefacción.....¿¿.................................. 4.000,00 €/viv

VIII. INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS

Instalación eléctrica en vivenda, totalmente rematada, incluso acometida e mecanismos

de protección conforme aos vixentes regulamentos. Grao de

electrificación medio...................................................................... 2.300,00 €/viv

IX. VARIOS

Desbroce e limpeza manual de terreo...............................................5,00 €/m2

Movemento de terras ......................¿¿¿..................................... 3,00 €/m2

Forxado de viguetas de formigón pretensado e Bovediñas de formigón

(sen vigas nen pilares)....................................................................30,00 €/m2

Soleira de formigón e encachado de pedra.¿¿¿............................28,00 €/m2

Muros de contención de formigón armado

(de 15 a 35 cm de espesor)......................................................... 210,00 €/m2

Demolición de tabiquería interior .......¿¿.¿¿.................................4,00 €/m2

NOTA: En caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste Anexo II, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestimar a valoración realizada.

 

DISPOSICION FINAL

A presente Ordenanza, cuxa redacción provisional foi aprobada por Pleno do Concello de Tordoia en sesión celebrada na data 26/10/2023, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2024.