Índice
Tordoia - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
Publicación provisional:
29/03/2003
BOP Nº:
73
Publicación definitiva:
29/03/2003
BOP Nº:
73
Aplicable dende:
01/01/2016
Artigo 1º.- Fundamento e réxime
1.- No uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e de acordó co previsto no artigo 60.2 da Lei 39/88, reguladora das facendas locais, este Concello establece o imposto sobre construcción, instalación e obras.
2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 101 e 104 da Lei 39/88, reguladora das facendas locais, pola disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º.- Feito impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do término municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanísitica, obtivérase a mesma ou non, sempre que a súa expedición lle corresponda ó Concello de Tordoia.
2.- As construccións, instalacións e obras ás que se refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións, en:
a) Movemento de terras
b) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta
c) Obras de demolición
d) Obras nos edificios, tanto as que modifiquen o seu interior como o seu exterior
e) Aliñacións e rasantes
f) Obras de fontanería e sumidoiros
g) Obras de cemiterios
h) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo a normativa legal e regulamentaria vixente.
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.
1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, e donos da construcción, instalación, que sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. A estes efectos serán a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construccións, instalación, ou obras.
Artigo 4º.- Exencións
As previstas na Lei ou Tratados.
Artigo 5º.- Base impoñible.
A base impoñible deste imposto estará constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obras. O custo real coincide co presuposto de execución material da obra, quedando excluídos, polo tanto, os gastos xerais, o beneficio industrial e empresarial, os honorarios de redacción do proxecto, o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais. No presuposto de execución material tampouco se inclúen as taxas, prezos públicos e demais prestacions patrimoniais de carácter local relacionadas coas devanditas construccións, instalacións ou obras.
1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo de construcción, instalación ou obra.
2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.- O tipo de gravame aplicable será o 2%
4.- A obriga de pagar o imposto xurde no momento de incia-la construcción, instalación ou obra, aínda cando non se tivese a correspondente licenza.
5.- A tarifa mínima do imposto será de 60€.
Regras para a determinación da base impoñible para a aplicación do imposto sobre construccións, instalacións e obras
1. De presentarse proxecto visado polo Colexio Oficial correspondente, a base impoñible será o importe total do presuposto de execución da construcción, instalación ou obra, especificado no proxecto.
2. No caso de que non se presente proxecto visado, ou se este resultase manifestamente infravalorado ó xuízo dos técnicos municipais, aplicaranse os seguintes módulos para fixala base impoñible:
1.- Vivendas:
1.01.- Ata 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 281,38€/ m2
b) Planta baixa e trasteiros: 157,57€/ m2
c) Sotos e semisotos: 187,59€/m2
1.02.- Máis de 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 312,65€/m2
b) Planta baixa e trasteiros: 178,21€/m2
c) Sotos e semisotos: 187,59€/m2
2.- Escavacións, muros e tuberías
2.01.- Escavacións de terra a ceo aberto, realizada a máquina en terreo semicompacto: 5,31€/m2.
2.02.- Muro de pechamento de bloques de cemento de 1 metro de altura, enfoscado a unha cara e pintado, incluso zapata de cimentación, formigón de cachote a escavación da mesma, incluso p.p. de poste de formigón de vigamento: 28,14€/m2.
2.03.- Pechamento de postes de cemento e arame, incluso zapatas de cimentacións illadas: 10,94€/ml.
2.04.- Colocación de tubería de formigón a unha profundidade media de 1 metro, con diámetro ata 30 cm., incluso excavación, recheo e restitución do pavimento de terra: 25,01€/ml.
2.05.- Colocación de tubería en condicións análogas ás da partida anterior, en pavimento de formigón: 65,53€/ml.
2.06.- Muro de contención de formigón lixeiramente armado, de 1 metro de altura media, incluso zapata corrida de cimentación de formigón de cachote, gabia, excavacións necesaria, perfilado á man do terreo, etc, cun ancho medio de 25 cm.: 68,78€/m2.
3.- Alpendres e garaxes
3.01.- Alpendre ou garaxe de ata 36 m2 realizado con paredes de bloques de cemento e cuberta de urelita e tella do país ou similar sobre viguetas de cemento, enfoscado exterior pintado, pavimento de soleira de cemento, sin falso teito nin forxado: 118,80€/m2.
3.02.- Alpendre ou garaxe de 36 a 50 m2, realizado con paredes de bloque de cemento e de cuberta de urelita e tella do país ou similar, enfoscado e pintado exterior, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 137,56€/m2.
4.- Reformas e albanelería.
4.01.- Reforma interior de vivendas, consistente en derriba de divisións, tabicado posterior con parámetros pintados e alicatados en cociña e baños, pavimento de terrazo, incluso sustitución de sanitarios en baños: 125,06€/m2.
4.02.- Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedillas, piares ou zunchos, encofrado e desencofrado: 50,02€/m2.
4.03.- Pechamento exterior, formado por tabicón, cámara de aire para producto illante, tabique de ladrillo, formigón de canetas impermeable, enfoscado e pintado ás dúas caras: 46,90€/m2.
4.04.- Enfoscado exterior, mestrado realizado con morteiro de cemento, posterior pintado con pintura plástica: 12,51€/m2.
4.05.- Revestimento de fachada exterior, con plaqueta de 10x20 ou similar: 15,63€/m2.
4.06.- Apertura de oco para porta exterior, en pechamento exterior e colocación da mesma: 468,97€/ unidade.
4.07.- Apertura para fiestras en pechamento exterior e colocación da mesma: 343,91€/ unidade.
4.08.- Alicatados de azulexo, colocado con cemento adhesivo: 15,63€/ m2.
4.09.- Instalación de cuarto de baño sobre estructura existente: 1719,56€/ unidade.
4.10.- Construcción de cuarto de baño nas condicións da partida anterior, incluso pechamento de estructura cuberta, etc.: 3282,79€/ unidade.
5.- Cubertas e baixantes
5.01.- Cuberta de tella colocada sobre forxados: 31,26€/m2.
5.02.- Renovación de teitume con simple reparación de armadura de cuberta, sen modificación de cuberta nin elevación volúme: 18,76€/m2.
5.03.- Baixante de tubería de PVC.: 9,38€/ml.
5.04.- Sustitución de forxado, elevación de paredes e nova formación de cuberta, cunha elevación máxima de un metro: 118,81€/m2.
6.- Non obstante o disposto no artigo 4 desta ordenanza, nas cotas esixibles por este imposto teranse en conta os seguintes mínimos:
a) Obras de construcción e de edificacións e instalacións de tódalas clases, de nova planta e superiores a 40 m2 de superficie total, un mínimo de 118,81€.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases xa existentes, un mínimo de 87,54€.
c) As modificacións e reformas que afecten á estructura de edificios e instalacións xa existentes, un mínimo de 53,15€.
d) As modificacións do aspecto exterior de edificios e instalación de tódalas clases, xa existentes, un mínimo de 31,26€
e) As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que fose o seu uso, un mínimo de 26,27€.
f) As obras que teñan que realizarse con carácter provisinal, ás que se refire o artigo 58.2 do Texto refundido da Lei do solo, un mínimo de 20,63€.
g) As obras de instalación de servicios públicos, un mínimo de 20,63€.
h) Obras menores non especificadas anteriormente, un mínimo de 20,63€.
i) Os movementos de terra, que devengarán uns dereitos de 0,09379€ por m2, cun mínimo de 20,63€.
j) As demolicións, un mínimo de 53,15€.
k) Apertura de pozos de auga, un mínimo de 20,63€.
l) Construcción de fosas sépticas, un mínimo de 41,42€.
Artigo 6º.- Percepción do imposto
O imposto percibirase no momento de comeza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivese a correspondente licenza.
Artigo 7º.- Xestión
1.- Cando se conceda a licenza preceptiva ou cando se inicie a construcción, instalación ou obra non tendo solicitado, concedido ou denegado aínda a dita licenza preceptiva prácticarase a correspondente liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o colexio oficial correspondente ó visase. Noutro caso, a base impoñible determinarana os técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.
A liquidación provisional deberáselle notificar de inmediato ó suxeito pasivo nos termos establecidos no artigo 124.1 da Lei xeral tributaria.
2.- Á vista das construccións, instalacións ou obras realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello previa a oportuna comprobación administrativa, modificará de se-lo caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva, esixíndolle ou, de se-lo caso, devolvéndolle ó suxeito pasivo a cota diferencial que corresponda.
Artigo 8º.- Inspección e recadación
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 9º.- Infraccións e sancións
En todo o relativa á cualificación das infraccións tributarias, así como ás sancións que lles correspondan en cada caso estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o 24 de setembro de 2015, entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2016, continuando en tanto non se acorde a súa modificación ou derogación expresa.