Tordoia - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 30/12/2003 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 1

De conformidade co previsto na Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, as cotas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica aplicables neste Concello serán as seguintes:

A) Turismos:

-De menos de 8 CVF: 15,15 euros.

-De 8 CVF ata 11,99 CVF: 40,90 euros.

-De 12 CVF ata 15,99 CVF: 86,30 euros.

-De 16 CVF ata 19,99 CVF: 107,55 euros.

-De 20 CVF en adiante: 134,40 euros.

B) Autobuses:

-De menos de 21 prazas: 100 euros.

-De 21 a 50 prazas: 142,40 euros.

-De máis de 50 prazas: 178 euros.

C) Camións:

-De menos de 1.000 Kg de carga útil: 50,75 euros.

-De 1.000 Kg a 2.999 Kg de carga útil: 100 euros.

-De 2.999 Kg a 9.999 Kg de carga útil: 142,40 euros.

-De máis de 9.999 Kg de carga útil: 178 euros.

D) Tractores:

-De menos de 16 CVF: 21,20 euros.

-De 16 a 25 CVF: 33,30 euros.

-De máis de 25 CVF: 100 euros.

E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica:

-De menos de 1.000 Kg de carga útil: 21,20 euros.

-De 1.000 a 2.999 Kg de carga útil: 33,30 euros.

-De máis de 2.999 Kg de carga útil: 100 euros.

F) Outros vehículos:

-Ciclomotores: 5,30 euros.

-Motocicletas ata 125 cc.: 5,30 euros.

-Motocicletas de máis de 125 cc. ata 250 cc.: 9,10 euros.

-Motocicletas de máis de 250 cc ata 500 cc.: 18,20 euros.

-Motocicletas de máis de 500 cc.: 36,35 euros.

-Motocicletas de máis de 1.000 cc.: 72,70 euros.

Artigo 2.

O pagamento do imposto acreditarase mediante a declaración - liquidación ou o recibo debidamente validado pola entidade recadadora.

Artigo 3.

1. No caso de primeiras adquisicións dun vehículo ou cando estes se reformen de maneira que se altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán nos lugares que determine a Deputación Provincial da Coruña, no prazo de trinta días, que comezará a contar dendea da data da adquisición ou reforma, declaración-liquidación por este imposto segundo o modelos aprobado pola mesma Corporación, ao que se acompañará a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o documento nacional de identidade ou o código de identificación fiscal do suxeito pasivo.

2. Simultaneamente a presentación da declaración-liquidación a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante desta. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.

Artigo 4.

1. No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, a recadación das correspondentes cotas realizaranse mediante o sistema de padrón anual no que figuran tódolos vehículos suxeitos ao imposto que se atopen inscritos no correspondente Rexistro público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste término municipal.

2. O padrón ou matrícula do imposto exporase ao público anualmente para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formula-las reclamacións oportunas. A exposición ao público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.

Artigo 5.

En relación coa exención dos vehículos de minusválidos prevista no parágrafo 2.º da letra e) do apartado 1.º do artigo 94 da Lei 39/98, do 28 de decembro, o interesado deberá presenta-lo certificado de minusvalía emitido polo órgano competente e xustifica-lo destino do vehículo conforme aos seguintes requisitos:

- Declaración do titular do vehículo, que deberá se-lo minusválido de que el vehículo utilízase só para uso e transporte exclusivo do minusválido.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día .................., sendo de aplicación a partir do 1.º de xaneiro de 2003, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.