Tordoia - Ordenanza fiscal nº 2, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Publicación provisional: 08/09/2022 BOP Nº: 171
Publicación definitiva: 31/10/2022 BOP Nº: 206
Aplicable dende: 01/01/2023

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

De conformidade co previsto no artigo 59, en relación cos seus artigos 92 a 99, do texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, é un tributo directo, de carácter obrigatorio.

Artigo 2.º.-Normativa aplicable.

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, rexerase neste Concello:
a) Polas normas reguladoras deste, contidas no texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentos que complementen e desenvolvan a dita lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 3.º.-Feito impoñible.

1. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un imposto directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexan a súa clase e categoría.
2. Considérase vehículo apto para a circulación o que se matriculara nos rexistros públicos correspondentes e mentres non causara baixa neles. Para os efectos deste imposto tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
3. A xestión, liquidación, recadación, inspección, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria corresponderá a este Concello cando o enderezo que figure no permiso de circulación de vehículo radique no municipio.

Artigo 4.º.-Supostos de non suxeición.

Non estarán suxeitos a este imposto:
a) Non están suxeitos a este imposto os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poden ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas aos desta natureza.
b) Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.

Artigo 5.º.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos deste imposto, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a nome das que conste o vehículo no permiso de circulación.

Artigo 6.º.-Responsables.

Todo o relativo aos responsables deste tributo, determinarase de conformidade ao previsto no texto refundido da lei reguladora das facendas locais; na Lei xeral tributaria, artigos 41 a 43; no Regulamento xeral de recadación e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 7.º.-Exencións.

A) Vehículos conducidos por persoas con discapacidades:

1.- Fotocopia DNI da persoa solicitante.

2- Certificado xustificativo do grao de discapacidade superior o 33% emitido polo Equipo de valoración e orientación (EVO) da Consellería de Política Social.

3.- Fotocopia do permiso de circulación a nome da persoa con discapacidade. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

4.- Fotocopia da póliza de seguro actualizada do vehículo a nome da persoa con discapacidade. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

5.- Fotocopia xustificante de pago do seguro

6.- Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

7.- Declaración responsable do uso exclusivo do vehículo.

8.- Estar empadroado/a no Concello de Tordoia.

Deberase presentar a documentación actualizada cada 5 anos no caso de que o certificado xustificativo do grao de discapacidade sexa permanente e os de carácter temporal anual.

Queda condicionada esta concesión á liquidación de débedas pendentes co Concello por tódolos conceptos.

B) Vehículos destinados ó transporte de persoas con discapacidade:

1.- Certificado do grao de discapacidade emitido polo Equipo de valoración e orientación (EVO) da Consellería de Política Social.

2.- Fotocopia do permiso de circulación a nome da persoa encargada do transporte. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

3.- Fotocopia da póliza de seguro actualizada do vehículo na que conste a persoa encargada do transporte da persoa con discapacidade. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

4.- Fotocopia do xustificante pago do seguro

5.- Fotocopia DNI da persoa solicitante e do condutor habitual do vehículo.

6.- Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

7.- Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do/a solicitante da exención.

8.- Estar empadroado/a no Concello de Tordoia.

Deberase presentar a documentación actualizada cada 5 anos no caso de que o certificado xustificativo do grao de discapacidade sexa permanente e os de carácter temporal anual.

Queda condicionada esta concesión á liquidación de débedas pendentes co Concello por tódolos conceptos.

As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables aos suxeitos pasivos beneficiarios destas por máis dun vehículo simultaneamente.

Artigo 8.º.-Cota tributaria.

1. O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que se incrementará, dentro dos límites permitidos polo artigo 95.4 da referida lei, pola aplicación sobre este dun coeficiente do 1,20; polo que as cotas a satisfacer serán as seguintes:
A) Turismos:
De menos de 8 cabalos fiscais:15,15 euros
De 8 ata 11.99 cabalos fiscais: 40,90 euros.
De 12 ata 15.99 cabalos fiscais: 86,30 euros.
De 16 ata 19.99 cabalos fiscais: 107,53 euros.
De 20 cabalos fiscais en adiante: 134,40 euros.
B) Autobuses:
De menos de 21 prazas: 100 euros.
De 21 a 50 prazas: 142,40 euros.
De máis de 50 prazas: 178 euros.
C) Camións:
De menos de 1.000 kg de carga útil: 50,75 euros.
De 1.000 a 2.999 kg de carga útil: 100 euros.
De máis de 2.999 a 9.999 kg de carga útil: 142,40 euros.
De máis de 9.999 kg de carga útil: 178 euros.
D) Tractores:
De menos de 16 cabalos fiscais: 21,20 euros.
De 16 a 25 cabalos fiscais: 33,30 euros.
De máis de 25 cabalos fiscais: 100 euros.
E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica:
De menos de 1.000 kg e máis de 750 kg de carga útil: 21,20 euros.
De 1.000 a 2.999 kg de carga útil: 33,30 euros.
De máis de 2.999 kg de carga útil: 100 euros.
F) Outros vehículos:
Ciclomotores: 5,30 euros.
Motocicletas ata 125 cc.: 5,30 euros.
Motocicletas de máis de 125 cc ata 250 cc.: 9,10 euros.
Motocicletas de máis de 250 cc ata 500 cc.: 18,20 euros.
Motocicletas de máis de 500 cc ata 1.000 cc.: 36,35 euros.
Motocicletas de mais de 1.000cc.: 72,70
2. Para os efectos de facilita-la aplicación das tarifas, deberase ter en conta a seguinte normativa:
A) En canto á clasificación dos vehículos, o Anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, do 23 de decembro, que recolle nas súas letras ¿A", ¿B" e ¿C", as ¿Definicións", ¿Clasificacións por criterios de Construcción" e ¿Clasificación por criterios de utilización".
B) En canto á determinación da potencia fiscal, mediante as fórmulas recollidas no Anexo V do referido Regulamento xeral de vehículos.
3. No caso de que nas leis de presupostos do Estado se modificara o cadro de tarifas recollido no artigo 95.1 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o indicado coeficiente de 1,1 aplicarase sobre as novas tarifas fixadas nas referidas leis de presupostos estatais.

Artigo 9.º.-Bonificacións.

g) Os tractores, remolques, semi-remolques e maquinaria provistos da g) Os tractores, remolques, semi-remolques e maquinaria provistos da libreta de inspección agrícola actualizada anualmente e con uso exclusivo para explotacións agrícolas activas:

Documentación a presentar:

1.-Copia do N.I.F. da persoa interesada ou, no seu caso da representante e do documento que acredite a representación.

2.-Copia compulsada do permiso de circulación.

3.-Copia compulsada da Cartilla de Inspección Agrícola.

4.-Copia compulsada da ficha técnica do vehículo.

5.-Estar empadroado/a no Concello de Tordoia.

6.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para labores agrícolas ou gandeiras por parte da persoa interesada.

7.-Ser propietario de terreos no termino municipal de Tordoia.

Queda condicionada está concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por todos os conceptos.

Artigo 10.º.-Período impositivo e devengo.

1. O período impositivo coincide co ano natural, salvo no caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comezará o día no que se produza a devandita adquisición.
2. O imposto devéngase o primeiro día do período impositivo.
3. O importe da cota do imposto prorratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o prorrateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por substracción ou roubo do vehículo, e isto desde o momento no que se produza a dita baixa temporal no Rexistro público correspondente.

Artigo 11.º.-Xestión do imposto.

1. Nos supostos de adquisición e primeira matriculación dos vehículos ou cando estes se reformen, de xeito que se altere a súa clasificación aos efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos ou os seus representantes presentarán nos lugares que determine a Deputación Provincial da Coruña, e con carácter previo á súa matriculación na Xefatura Provincial de Tráfico, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, autoliquidación do imposto, para o cal se cumprimentará o modeloimpreso xuntando a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado de características técnicas do vehículo e documento nacional de identidade ou código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación á que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante dela. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional, en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
2. Nos supostos de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para circular, o imposto xestionase a partir do seu padrón anual, no que figurarán tódolos vehículos suxeitos ao imposto que se atopen inscritos no correspondente rexistro público a nome das persoas ou entidades domiciliadas neste municipio.
O padrón do imposto expoñerase ao público por un prazo dun mes para que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas. A exposición ao público do padrón anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.

Artigo 12.º.-Xustificación do imposto.

1. Quen solicite ante a Xefatura Provincial de Tráfico a matriculación ou a certificación de aptitude para circular un vehículo, deberá acreditar previamente o pagamento do imposto.
2. Os titulares dos vehículos, cando comuniquen á Xefatura Provincial de Tráfico a súa reforma, sempre que altere a súa clasificación para os efectos deste imposto, así como tamén nos casos de transferencia, de cambio de enderezo que conste no permiso de circulación do vehículo, o de baixa dos ditos vehículos, deberán acreditar previamente ante a referida xefatura provincial o pagamento do último recibo presentado ao cobro do imposto, sen prexuízo de que sexa esixible, por vía de xestión e inspección, o pagamento de tódalas débedas polo dito concepto, devengadas, liquidadas, presentadas ao cobro e non prescritas.
Exceptúase da referida obriga de acreditación o suposto das baixas definitivas de vehículos con quince ou máis anos de antigüidade.
3. As Xefaturas Provinciais de Tráfico non tramitarán os expedientes se non se acredita previamente o pagamento do imposto, nos termos establecidos nos apartados anteriores.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

As modificacións producidas pola Lei de presupostos xerais do Estado ou calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento do presente imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta ordenanza.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal foi aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar 29/07/2022, entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2023, continuando en tanto non se acorde a súa modificación ou derogación expresa.