Tordoia - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
Artigo 1
De conformidade co previsto na Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, as cotas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica aplicables neste Concello serán as seguintes:
A) Turismos:
-De menos de 8 CVF: 15,15 euros.
-De 8 CVF ata 11,99 CVF: 40,90 euros.
-De 12 CVF ata 15,99 CVF: 86,30 euros.
-De 16 CVF ata 19,99 CVF: 107,55 euros.
-De 20 CVF en adiante: 134,40 euros.
B) Autobuses:
-De menos de 21 prazas: 100 euros.
-De 21 a 50 prazas: 142,40 euros.
-De máis de 50 prazas: 178 euros.
C) Camións:
-De menos de 1.000 Kg de carga útil: 50,75 euros.
-De 1.000 Kg a 2.999 Kg de carga útil: 100 euros.
-De 2.999 Kg a 9.999 Kg de carga útil: 142,40 euros.
-De máis de 9.999 Kg de carga útil: 178 euros.
D) Tractores:
-De menos de 16 CVF: 21,20 euros.
-De 16 a 25 CVF: 33,30 euros.
-De máis de 25 CVF: 100 euros.
E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica:
-De menos de 1.000 Kg de carga útil: 21,20 euros.
-De 1.000 a 2.999 Kg de carga útil: 33,30 euros.
-De máis de 2.999 Kg de carga útil: 100 euros.
F) Outros vehículos:
-Ciclomotores: 5,30 euros.
-Motocicletas ata 125 cc.: 5,30 euros.
-Motocicletas de máis de 125 cc. ata 250 cc.: 9,10 euros.
-Motocicletas de máis de 250 cc ata 500 cc.: 18,20 euros.
-Motocicletas de máis de 500 cc.: 36,35 euros.
-Motocicletas de máis de 1.000 cc.: 72,70 euros.
Artigo 2.
Artigo 3.
1. No caso de primeiras adquisicións dun vehículo ou cando estes se reformen de maneira que se altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán nos lugares que determine a Deputación Provincial da Coruña, no prazo de trinta días, que comezará a contar dendea da data da adquisición ou reforma, declaración-liquidación por este imposto segundo o modelos aprobado pola mesma Corporación, ao que se acompañará a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o documento nacional de identidade ou o código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
2. Simultaneamente a presentación da declaración-liquidación a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante desta. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
Artigo 4.
1. No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, a recadación das correspondentes cotas realizaranse mediante o sistema de padrón anual no que figuran tódolos vehículos suxeitos ao imposto que se atopen inscritos no correspondente Rexistro público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste término municipal.
2. O padrón ou matrícula do imposto exporase ao público anualmente para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formula-las reclamacións oportunas. A exposición ao público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
Artigo 5.- Beneficios fiscais.-
1.- Os suxeitos pasivos dos que o seu nome conste o vehículo no permiso de circulación, poderán solicitar unha bonificación do 100% na cota do imposto, cando o vehículo teña unha antigüidade superior a 25 anos, contados a partir da data da súa fabricación. Se esta non se coñecera, tomarase como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
A bonificación establecida no apartado anterior será de natureza regrada e terá carácter rogado, debendo ser solicitada expresamente polo suxeito pasivo ante a Entidade Local que teña asumida a xestión tributaria do imposto. Con anterioridade ó devengo do imposto deberase aporta-la documentación acreditativa necesaria para determinar o sinalado no apartado anterior. Esta documentación será: acreditación da data de primeira matriculación ou certificado de fabricación do vehículo expedido polo fabricante correspondente.
O efecto da concesión da presente bonificación comezará a partir do exercicio seguinte ó da data da súa solicitude e non terá carácter retroactivo.
2.- En relación coa exención dos vehículos de minusválidos prevista no párrafo 2º da letra e) do apartado 1º do art. 94 da Lei 39/98, do 28 de decembro, o interesado deberá aportar o certificado de minusvalía emitido polo órgano competente e xustificar o destino do vehículo conforme aos seguintes requisitos:
Declaración do titular do vehículo, que deberá ser o minusválido de que el vehículo utilízase só para uso e transporte exclusivo do minusválido.