Tordoia - Ordenanza fiscal nº 2, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
De conformidade co previsto no artigo 59, en relación cos seus artigos 92 a 99, do texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o imposto sobre vehículos de tracción mecánicaé un tributo directo, de carácter obrigatorio.
Artigo 2.º.-Normativa aplicable.
O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, rexerase neste Concello:
a) Polas normasreguladoras deste, contidas no texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentos que complementen e desenvolvan a dita lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 3.º.-Feito impoñible.
1. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un imposto directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexan a súa clase e categoría.
2. Considérase vehículo apto para a circulación o que se matriculara nos rexistros públicos correspondentes e mentres non causara baixa neles. Para os efectos deste imposto tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
3. A xestión, liquidación, recadación, inspección, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria, corresponderá a este Concello cando o enderezo que figure no permiso de circulación de vehículo radique no municipio.
Artigo 4.°.-Supostos de non suxeición.
Non estarán suxeitos a este imposto:
a) Non están suxeitos a este imposto os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poden ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas aos desta natureza.
b) Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.
Artigo 5.º.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos deste imposto, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, a nome das que conste o vehículo no permiso de circulación.
Artigo 6.º.-Responsables.
Todo o relativo aos responsables deste tributo determinarase de conformidade ao previsto no texto refundido da lei reguladora das facendas locais; na Lei xeral tributaria, artigos 41 a 43; no Regulamento xeral de recadación e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 7.º.-Exencións.
1. Estarán exentos do imposto:
a) Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.
b) Os vehículos de representación diplomática, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao. Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.
c) Os vehículos respecto dos cales así se derive do disposto en tratados ou convenios internacionais.
d) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados á asistencia sanitaria, ou ao traslado de feridos ou enfermos.
e) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida aos que se refire a letra A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.
Asemesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan as devanditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.
As exencións previstas nos dous parágrafos anteriores non resultarán aplicables aos suxeitos pasivos beneficiarios delas por máis dun vehículo simultaneamente.
Aos efectos do disposto neste parágrafo, considéranse persoas con discapacidade as que teñan esa condición legal en grao igual ou superior ao 33 por cento.
f) Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do condutor.
g) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).
2. Para poder gozar das exencións a que se refiren as letras e) e g) do apartado 1 deste artigo, os interesados deberán instar a súa concesión, con anterioridade á deivindicación do imposto, indicando as características do vehículo, a súa matrícula, a causa do beneficio, e acreditalo mediante a presentación da documentación na que consta realidade do alegado. A notificación na que se resolva a concesión da exención servirá de documento acreditativo da súa existencia. En caso de presentar a solicitude con posterioridade á deivindicación do imposto, a concesión da exención terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.
Xunto coa petición de exención, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:
A) Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:
1.- Copia compulsada do DNI da persoa solicitante.
2.- Certificado xustificativo ou tarxeta acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ó 33 % emitido polo Equipo de valoración e orientación (EVO) da Consellería de Política Socialou organismo equivalente.
3.- Copia compulsada do permiso de condución a nome da persoa con discapacidade (anverso e reverso).
4.- Copia compulsada do permiso de circulación a nome da persoa con discapacidade.
5.- Copia da póliza de seguro actualizada do vehículo na que conste a persoa con discapacidade como condutora habitual. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
6.- Fotocopiado xustificante de pago do seguro do vehículo.
7.- Copia compulsada da ficha técnica do vehículo.
8.- Declaración responsable do uso exclusivo do vehículo pola persoa con discapacidade.
9.- Certificado de empadroamento no Concello de Tordoia. Será necesario haber estado empadroado/a no Concello de Tordoia durante todo o ano anterior ao da solicitude da exención.
10.- Certificado de non constancia de débedas pendentes co Concello de Tordoia no momento da solicitude.
B) Vehículos destinados ó transporte de persoas con discapacidade:
1.- Certificado do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % emitido polo Equipo de Valoración e orientación (EVO) da Consellería de Política Social ou organismo equivalente.
2.- Copia compulsada do permiso de circulación a nome da persoa con discapacidade.
3.- Copia da póliza de seguro actualizada do vehículo na que conste como conductor/a habitual a persoa encargada do transporte da persoa con discapacidade. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
4.- Fotocopia do xustificante de pago do seguro do vehículo.
5.- Copia compulsada do DNI da persoa solicitante e do conductor/a habitual do vehículo.
6.- Copia compulsada da ficha técnica do vehículo.
7.- Declaración responsable do uso exclusivo do vehículo para o transporte do/a solicitante da exención.
8.- Certificado de empadroamento no Concello de Tordoia da persoa con discapacidade. Será necesario haber estado empadroado/a no Concello de Tordoia durante todo o ano anterior ao da solicitude da exención.
9.- Certificado de non constancia de débedas pendentes co Concello de Tordoia da persoa con discapacidade na data da solicitude.
As exencións que, no seu caso, se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables aos suxeitos pasivos beneficiarios destas por máis dun vehículo simultaneamente, e terase dereito a elas mentras se manteñan as circunstancias que motiven a concesión da exención.
C) Os tractores, remolques, semi-remolques e maquinaria inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) e con uso exclusivo para explotacións agrícolas activas:
Documentación a presentar:
1.- Copia compulsada do N.I.F. da persoa interesada ou, no seu caso, da representante e do documento que acredite a representación.
2.- Copia compulsada do permiso de circulación.
3.- Documento xustificativo da inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).
4.- Copia compulsada da ficha técnica do vehículo.
5.- Certificado de empadroamento no concello de Tordoia. Será necesario haber estado empadroado/a no Concello de Tordoia durante todo o ano anterior ao da solicitude da exención.
6.- Declaración do uso exclusivo do vehículo para labores agrícolas ou gandeiras por parte da persoa interesada.
7.- Exhibición de títulos de propiedade de terreos ou contrato de alquiler dos mesmos no término municipal de Tordoia a nome da persoa solicitante.
8.- Certificado de non constancia de débedas pendentes co Concello de Tordoia no momento da solicitude.
Artigo 8.°.-Cota tributaria.
1. O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que se incrementará, dentro dos límites permitidos polo artigo 95.4 da referida lei, pola aplicación sobre este dun coeficiente do 1,20; polo que as cotas a satisfacer serán as seguintes:
A) Turismos:
De menos de 8 cabalos fiscais:15,15 euros.
De 8 ata 11.99 cabalos fiscais: 40,90 euros.
De 12 ata 15.99 cabalos fiscais: 86,30 euros.
De 16 ata 19.99 cabalos fiscais: 107,53 euros.
De 20 cabalos fiscais en adiante: 134,40 euros.
B) Autobuses:
De menos de 21 prazas: 100 euros.
De 21 a 50 prazas: 142,40 euros.
De máis de 50 prazas: 178 euros.
C) Camións:
De menos de 1.000 kg de carga útil: 50,75 euros.
De 1.000 a 2.999 kg de carga útil: 100 euros.
De máis de 2.999 a 9.999 kg de carga útil: 142,40 euros.
De máis de 9.999 kg de carga útil: 178 euros.
D) Tractores:
De menos de 16 cabalos fiscais: 21,20 euros.
De 16 a 25 cabalos fiscais: 33,30 euros.
De máis de 25 cabalos fiscais: 100 euros.
E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica:
De menos de 1.000 kg e máis de 750 kg de carga útil: 21,20 euros.
De 1.000 a 2.999 kg de carga útil: 33,30 euros.
De máis de 2.999 kg de carga útil: 100 euros.
F) Outros vehículos:
Ciclomotores: 5,30 euros.
Motocicletas ata 125 cc.: 5,30 euros.
Motocicletas de máis de 125 cc ata 250 cc.: 9,10 euros.
Motocicletas de máis de 250 cc ata 500 cc.: 18,20 euros.
Motocicletas de máis de 500 cc ata 1.000 cc.: 36,35 euros.
Motocicletas de máis de 1000cc.: 72,70
2. Para os efectos de facilita-la aplicación das tarifas, deberase ter en conta a seguinte normativa:
A) En canto á clasificación dos vehículos, o Anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, do 23 de decembro, que recolle nas súas letras `A¿, ¿B¿ e ¿C¿, as ¿Definicións¿, ¿Clasificacións por criterios de Construción¿ e ¿Clasificación por criterios de utilización¿.
B) En canto á determinación da potencia fiscal, mediante as fórmulas recollidas no Anexo V do referido Regulamento xeral de vehículos.
3. No caso de que nas leis de presupostos do Estado se modificara o cadro de tarifas recollido no artigo 95.1 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o indicado coeficiente de1,20aplicarase sobre as novas tarifas fixadas nas referidas leis de presupostos estatais.
Artigo 9.°.-Bonificacións.
1. Terán unha bonificación do 25 %na cota do imposto os vehículos eléctricos, de biodiesel ou movidos por hidróxeno, durante cinco anos naturais contados dende a data da primeira matriculación do vehículo.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de bonificación con anterioridade á data da deivindicacióndo imposto. En caso contrario, a concesión da bonificación terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.
As persoas interesadas deberán achegar a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas neste apartado.
Artigo 10.°.-Período impositivo e devengo.
1. O período impositivo coincide co ano natural, salvo no caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comezará o día no que se produza a devandita adquisición.
2. O imposto de ivindicarase o primeiro día do período impositivo.
3. O importe da cota do imposto ratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o rateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por subtracción ou roubo do vehículo, e isto desde o momento no que se produza a dita baixa temporal no Rexistro público correspondente.
Artigo 11.°.-Xestión do imposto.
1. Nos supostos de adquisición e primeira matriculación dos vehículos ou cando estes se reformen, de xeito que se altere a súa clasificación aos efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos ou os seus representantes presentarán nos lugares que determine a Deputación Provincial da Coruña, e con carácter previo á súa matriculación na Xefatura Provincial de Tráfico, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, autoliquidación do imposto, xuntando a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado de características técnicas do vehículo e documento nacional de identidade ou código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación á que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante dela. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional, en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
2. Nos supostos de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para circular, o imposto xestiónase a partir do seu padrón anual, no que figurarán tódolos vehículos suxeitos ao imposto que se atopen inscritos no correspondente rexistro público a nome das persoas ou entidades domiciliadas neste municipio.
O padrón do imposto expoñerase ao público por un prazo mínimo de un mes para que os interesados poidan examinaloe, no seu caso, formular as reclamacións oportunas. A exposición ao público do padrón anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
Artigo 12.°.-Xustificación do imposto.
1. Quen solicite ante a Xefatura Provincial de Tráfico a matriculación ou a certificación de aptitude para circular un vehículo, así como cando se comunique a súa reforma, sempre que altere a súa clasificación para os efectos deste imposto, nos casos de transferencia, de cambio de enderezo que conste no permiso de circulación do vehículo, ou de baixa deste, deberá acreditar previamente o pagamento do imposto.
2. As Xefaturas Provinciais de Tráfico non tramitarán os expedientes se non se acredita previamente o pagamento do imposto,nos termos establecidos na lexislación vixente.
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA
As modificacións producidas pola Lei de presupostos xerais do Estado ou calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento do presente imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta ordenanza.
DISPOSICIÓN FINAL
A modificación da presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno do Concello na sesión do día 25/04/2024, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2025, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.