Miño - ORDENANZA FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL
Artigo 1.- Fundamento legal
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106, da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o TEXto Refundido da Lei Reguladora Das Facendas Locais, o Concello de Miño establece a taxa pola prestación do servicio da escola infantil municipal que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio da estola infantil municipal.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as personas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito imponible desta taza.
Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei Xeral Tributaria, os seus pais, titores, ou calquera outro representante legal.
Artigo 4.-Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.
Artigo 5.- Estimación das rendas, tarifas, descontos e exencións.
Este baremo adáptase ó publicado pola Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a través do Decreto 70/2002, de 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes de dita Consellería (DOG número 52, de 13 de marzo de 2002), que rexerán mentres que non existan modificacións posteriores e que serán os seguintes:
-SMI ( salario mínimo interprofesional) para o ano 2004: 460,5 euros / mes fixado polo Real Decreto 1793/2003, de 26 de decembro.
-Prezo base/ mes por asistencia ( 8 horas / día): 110 euros / mes.
-O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 13,75 euros/ mes.
-O precio polo servicio de comedor: 33 euros mensuais.
-O Decreto 70/2002 sinala unicamente os prezos por asistencia en horario completo, os ratios por horario reducido obtéñense con aplicacións porcentuais.
Establecese un servicio de horas soltas para os non usuarios do servicio, con bonos de 12 e 6 horas cun precio de 6 euros/hora.
Os prezos non incluídos na orde tamén se revisarán anualmente.
Artigo 6.- Base impoñible e cota tributaria
6.1 A base impoñible virá determinada pola renda per cápita mensual, entendendo por tal o resultado de dividir polo número de personas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.
Enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalía superior ó 33 por cento. No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrmentarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Para os efectos, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral mais a parte especial da base impoñible, previas á aplicación do mínimo personal e familiar do imposto sobre a renda das personas físicas. Para as personas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que fai referencia obteranse como resultado de aplicarlles ós datos existents na Administración os criterios de lexislación sobre a renda das personas fisicas.
Artigo 6.2.- A cota tributaria calcularase coas seguintes tarifas máximas:
-Contribucións mensuais por horas de uso, horas complementarias, matrícula anual e horas soltas.
TARIFA EN FUNCIÓN DO SMI | REDUCCIÓNS | XORNADA DE MAÑA (8:00-13:00) | XORNADA DE MAÑA (8:00-14:00) | XORNADA DE TARDE (14:00-20:00) | XORNADA COMPLETA (ata 8 horas) | SERVICIO DE COMEDOR | HORARIO AMPLIADO (por hora) | MATRICULA |
Inferior ó 30% do SMI | 100% | 0 euros | 0 euros | 0 euros | 0 euros | 0 euros | 0 euros | 30 euros |
Do 30% ó 50% do SMI | 100% | 0 euros | 0 euros | 0 euros | 0 euros | 16,5 euros | 6,87 euros | 30 euros |
Do 50% ó 75% do SMI | 70% | 23,10 euros | 26,40 euros | 26,40 euros | 33 euros | 16,5 euros | 6,87 euros | 60 euros |
Do 75% ó 100% do SMI | 40% | 46,20 euros | 52,80 euros | 32.80 euros | 66 euros | 16,5 euros | 6,87 euros | 60 euros |
Do 100% ó 15% do SMI | 10% | 70 euros | 80 euros | 80 euros | 99 euros | 33 euros | 13,75 euros | 90 euros |
Superior ó 150% do SMI | 0% | 77 euros | 88 euros | 88 euros | 110 euros | 33 euros | 13,95 euros | 90 euros |
SERVICIO DE HORAS SOLTAS
Bono de 12 horas: 72 euros
Bono de 6 horas: 36 euros
-Contribucións mensuais polos servicios complementarios de almorzo e merenda:
TARIFA EN FUNCIÓN DO SMI | SERVICIO DE ALMORZO | SERVICIO DE MERENDA |
Inferior ó 30% do SMI | 0,25 euros | 0,50 euros |
Do 30% ó 50% do SMI | 0,25 euros | 0,50 euros |
Do 50% ó 75% do SMI | 0,5 euros | 1 euros |
Do 75% ó 100% do SMI | 0,5 euros | 1 euro |
Do 100% ó 150% do SMI | 0,5 euros | 1 euro |
Superior ó 150% | 0,5 euros | 1 euro |
6.3 Beneficios fiscais:
a)Nenos pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento.
b)Nenos pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento.
c)Cando asistan a este centro variso irmáns, desconto dun 20 por cento cada neno/a atendido/a.No caso de que estos irmáns nacesen nun parto múltiple, o desconto será dun 30 por cento por cada neno/a.
Estos descontos serán acumulables en caso de concorrer estas circunstancias na mesma praza.
Cando o neno/a atendido ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponde agar por dito mes terá un desconto dun 50 por cento.
Artigo 7.- Retribución e periodo impositivo
A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servicio. O periodo impositivo coincide co ano natural, rateado por meses.
Artigo 8.- Liquidación, recadación e xestión
8.1 A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberán aboala os interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financieiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posiblüdade de domicialos recibos.
Cundo se trate de liquidacións polos servicios de horas soltas cuia cuantificación se poida efectaur antes de presta-lo servicio realizarase o ingreso antes da prestación do mermo na Tesourerfa municipál ou nas entidades financieiras que se sinalen na liquidación.
8.2 Non se abonará a tarifa que corresponda ó mes en que o centro permaneza pechado por razóns de vacacións de verán. Se por calquer motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a queince días consecutivos, non se abonará a tarifa que corresponda a este periodo.
8.3 A non asistencia do usuario ó centro durante un periodo determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.
Cando por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual dendde o primeiro día do segundo mes natural seguinte á data de ausencia do centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a incorporación do neno ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente a dito mes reducirase nun 50 por cento.
A solicitude de suspensión da cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o SR. Alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.
Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días ó da notificación da resolución denegatoria.
Artigo 9.- Infraccións e sancións
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolva.
Disposición final
A presente ordenenza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde asúa derogación ou modificación expresa.