Miño - ORDENANZA FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL

Publicación provisional: 03/09/2004 BOP Nº: 204
Publicación definitiva: 25/10/2004 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 19/01/2021

Artigo 1.-Fundamento legal.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106, da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Miño establece a taxa pola prestación do servizo da escola infantil municipal que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo da estola infantil munici

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servizo que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Tendo en conta que os usuarios do servizo gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei Xeral Tributaria, os seus pais, titores, ou calquera outro representante legal.

Artigo 4.-Responsables.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.º.-Estimación das rendas, tarifas, descontos e exencións.

5.1. Este baremo adáptase ao publicado pola Axencia Galega de Servizos Sociais a través da Resolución do 10 de maio de 2017 pola que se actualizan os prezos das escolas infantís dependentes desta axencia (DOG número 97, do 23 de maio de 2017), que rexerán mentres que non existan modificacións posteriores e que serán os seguintes:

 IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).

 Prezo base/ mes por asistencia (8 horas/día): 169,26 €/mes.

 O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 21,16 €/mes.

 O prezo polo servizo de comedor: 74,05 € mensuais.

5.2. O Decreto 49/2012 sinala unicamente os prezos por asistencia en horario completo, os ratios por horario reducido obtéñense con aplicacións porcentuais.

5.3. Establécese un servizo de horas soltas para os non usuarios do servizo, con bonos de 12 e 6 horas cun prezo de 6,35 €/hora.

5.4. Os prezos non incluídos na orde tamén se revisarán anualmente.

Artigo 6.-Base impoñible e cota tributaria.

6.1.-A base impoñible virá determinada polo indicador público de renda de efectos múltiples mensual. Para os efectos, a renda mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

I. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

II. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

III. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.

b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.

c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.

6.2.-A cota tributaria calcularase coas seguintes tarifas máximas:

- Contribucións mensuais por horas de uso, horas complementarias, matrícula anual e horas soltas.

TARIFA EN FUNCIÓN DO IPREM

XORNADA DE MAÑA

(8:00-13:00)

XORNADA DE MAÑA

(8:00-14:00)

XORNADA DE TARDE

(14:00-20:00)

XORNADA COMPLETA

(ata 8 horas)

SERVICIO DE COMEDOR

MATRÍCULA

Inferior ó 30% do IPREM

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

31,74 €

Do 30% ó 50% do IPREM

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17,45 €

31,74 €

Do 50% ó 75% do IPREM

24,44 €

27,93 €

27,93 €

34,91 €

17,45 €

63,47 €

Do 75% ó 100% do IPREM

48,88 €

55,85 €

55,85 €

69,82 €

26,45 €

63,47 €

Do 100% ó 125% do IPREM

78,49 €

89,71 €

89,71 €

112,13 €

37,02 €

95,21 €

Do 125% ó 150% do IPREM

93,30 €

106,64 €

106,64 €

133,29 €

52,89 €

95,21 €

Do 150% ó 200% do IPREM

102,93 €

117,64 €

117,64 €

147,05 €

63,47 €

95,21 €

Superior ó 200% do IPREM

118,48 €

135,41 €

135,41 €

169,26 €

74,05 €

95,21 €

SERVICIO DE HORAS SOLTAS

Bono de 12 horas:

76,16 €

Bono de 6 horas:

38,08 €

- Contribucións mensuais polos servizos complementarios de almorzo e merenda:

TARIFA EN FUNCIÓN DO IPREM

SERVIZO DE ALMORZO

SERVIZO DE MERENDA

Inferior ó 30% do IPREM

0,27 €

0,53 €

Do 30% ó 50% do IPREM

0,27 €

0,53 €

Do 50% ó 75% do IPREM

0,53 €

1,06 €

Do 75% ó 100% do IPREM

0,53 €

1,06 €

Do 100% ó 150% do IPREM

0,53 €

1,06 €

Superior ó 150% do IPREM

0,53 €

1,06 €

6.3. Beneficios fiscais:

a) Aos/ás nenos/as pertencentes a familias monoparentais se lles aplicará unha bonificación dun 20 por cento.

b) Ao/á segundo/a fillo/a e sucesivos/as da unidade familiar se lles aplicará unha bonificación dun 100 por cento.

c) As familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda se lles aplicará, así mesmo, unha bonificación dun 100 por cento.

Cando o/a neno/a atendido/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponde pagar por dito mes terá un desconto dun 50 por cento.

Artigo 7.-Retribución e período impositivo.

A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servizo. O período impositivo coincide co ano natural, rateado por meses.

Artigo 8.-Liquidación, recadación e xestión.

8.1. A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberán aboala os interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servizo. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posibilidade de domicilialos recibos.

Cando se trate de liquidacións polos servizos de horas soltas cuxa cuantificación se poida efectuar antes de presta-lo servizo realizarase o ingreso antes da prestación do mesmo na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que se sinalen na liquidación.

8.2. Non se abonará a tarifa que corresponda ó mes en que o centro permaneza pechado por razóns de vacacións de verán. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se abonará a tarifa que corresponda a este período.

8.3. A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón redución ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Cando por causa debidamente xustificada, o/a neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual dende o primeiro día do mes natural seguinte á data de ausencia do centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a incorporación do neno ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente a dito mes reducirase nun 50 por cento.

A solicitude de suspensión da cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o Sr. alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días ó da notificación da resolución denegatoria.

Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.