Miño - ORDENANZA FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL

Publicación provisional: 03/09/2004 BOP Nº: 204
Publicación definitiva: 25/10/2004 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 26/11/2013

Artigo 1.- Fundamento legal

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106, da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o TEXto Refundido da Lei Reguladora Das Facendas Locais, o Concello de Miño establece a taxa pola prestación do servicio da escola infantil municipal que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio da estola infantil municipal.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as personas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito imponible desta taza.

Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei Xeral Tributaria, os seus pais, titores, ou calquera outro representante legal.

Artigo 4.-Responsables

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.- Estimación das rendas, tarifas, descontos e exencións.

5.1. Este baremo adáptase ó publicado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Resolución do 7 de agosto de 2013 da Dirección Xeral de Familia e Inclusión pola que se actualizan os prezos públicos establecidos no Decreto 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantis dependentes de dita Consellería (DOG número 153, de 12 de agosto de 2013), que rexerán mentres que non existan modificacións posteriores e que serán os seguintes:

· IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Multiples).

· -Prezo base/ mes por asistencia (8 horas / día): 163,52 euros / mes.

· O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 20,44 euros/ mes.

· O precio polo servicio de comedor: 71,54 euros mensuais.

5.2 O Decreto 49/2012 sinala únicamente os prezos por asistencia en horario completo, os ratios por horario reducido obtéñense con aplicacións porcentuais.

5.3 Establecese un servicio de horas soltas para os non usuarios do servicio, con bonos de 12 e 6 horas cun precio de 6,13 euros/hora.

5.4 Os prezos non incluídos na orde tamén se revisarán anualmente.

Artigo 6.- Base impoñible e cota tributaria

6.1 A base impoñible virá determinada polo indicador público de renda de efectos multiples mensual. Para os efectos, a renda mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

i. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

ii. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

iii. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.

b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.

c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce

Artigo 6.2.- A cota tributaria calcularase coas seguintes tarifas máximas:

-Contribucións mensuais por horas de uso, horas complementarias, matrícula anual e horas soltas.

TARIFA EN FUNCIÓN DO SMI

XORNADA DE MAÑA (8:00-13:00)

XORNADA DE MAÑA (8:00-14:00)

XORNADA DE TARDE (14:00-20:00)

XORNADA COMPLETA

(ata 8 horas)

SERVICIO DE COMEDOR

MATRICULA

Inferior ó 30% do IPREM

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

30,66 €

Do 30% ó 50% do IPREM

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16,86 €

30,66 €

Do 50% ó 75% do IPREM

23,61 €

26,98 €

26,98 €

33,73 €

16,86 €

61,32 €

Do 75% ó 100% do IPREM

47,22 €

53,96 €

53,96 €

67,45 €

25,55 €

61,32 €

Do 100% ó 125% do IPREM

75,83 €

86,67 €

86,67 €

108,33 €

35,77 €

91,98 €

Do 125% ó 150% do IPREM

90,14 €

103,02 €

103,02 €

128,77 €

51,10 €

91,98 €

Do 150% ó 200% do IPREM

99,44 €

113,65 €

113,65 €

142,06 €

61,32 €

91,98 €

Superior ó 200% do IPREM

114,46 €

130,82 €

130,82 €

163,52 €

71,54 €

91,98 €

SERVICIO DE HORAS SOLTAS

Bono de 12 horas:

73,58 €

Bono de 6 horas:

36,79 €

-Contribucións mensuais polos servicios complementarios de almorzo e merenda:

TARIFA EN FUNCIÓN DO SMI

SERVICIO DE ALMORZO

SERVICIO DE MERENDA

Inferior ó 30% do SMI

0,26 euros

0,51 euros

Do 30% ó 50% do SMI

0,26 euros

0,51 euros

Do 50% ó 75% do SMI

0,51 euros

1,02 euros

Do 75% ó 100% do SMI

0,51euros

1,02 euro

Do 100% ó 150% do SMI

0,51 euros

1,02 euro

Superior ó 150%

0,5 1euros

1,02 euro

6.3 Beneficios fiscais:

a) Nenos pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento.

b) Nenos pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento.

c) Cando asistan a este centro variso irmáns, desconto dun 20 por cento cada neno/a atendido/a.No caso de que estos irmáns nacesen nun parto múltiple, o desconto será dun 30 por cento por cada neno/a.

Estos descontos serán acumulables en caso de concorrer estas circunstancias na mesma praza.

Cando o neno/a atendido ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponde pagar por dito mes terá un desconto dun 50 por cento.

Artigo 7.- Retribución e periodo impositivo

A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servicio. O periodo impositivo coincide co ano natural, rateado por meses.

Artigo 8.- Liquidación, recadación e xestión

8.1 A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberán aboala os interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financieiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posiblüdade de domicialos recibos.

Cundo se trate de liquidacións polos servicios de horas soltas cuia cuantificación se poida efectaur antes de presta-lo servicio realizarase o ingreso antes da prestación do mermo na Tesourerfa municipál ou nas entidades financieiras que se sinalen na liquidación.

8.2 Non se abonará a tarifa que corresponda ó mes en que o centro permaneza pechado por razóns de vacacións de verán. Se por calquer motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a queince días consecutivos, non se abonará a tarifa que corresponda a este periodo.

8.3 A non asistencia do usuario ó centro durante un periodo determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Cando por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual dendde o primeiro día do segundo mes natural seguinte á data de ausencia do centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a incorporación do neno ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente a dito mes reducirase nun 50 por cento.

A solicitude de suspensión da cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o SR. Alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días ó da notificación da resolución denegatoria.

Artigo 9.- Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolva.

Disposición final

A presente ordenenza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde asúa derogación ou modificación expresa.