Oleiros - ORDENANZA FISCAL Nº 3, REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 18/06/2005 BOP Nº: 138
Aplicable dende: 18/06/2005

Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), este Concello establece a "Taxa por licencias urbanísticas", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, onde as citadas normas atenden ao disposto no artigo 57 do citado Texto Refundido.

Artigo 3º: SUXEITO PASIVO

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións, ou execútense as obras.

2.- En calquera caso, terán a condición de sustitutos do contribuínte, os constructores e contratistas das obras, por imperativo expreso do artigo 23.2 b) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), que virán obrigados o pagamento da Taxa e con eles entenderanse as actuacións municipais relativas á xestión e cobro do tributo.

Artigo 4º: RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 6º: COTA TRIBUTARIA

1.- De conformidade coas limitacións sinaladas polo artigo 24 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), establécense as tarifas da Taxa seguintes:

a) Demolición de construccións e movementos de terras: 67,52 EUROS (11.234 Ptas.)

b) Parcelacións e segregacións; por cada unidade parcelada:50 EUROS (8.319 Ptas.)

c) Tala de árbores: 65 EUROS (10.815 Ptas.)

d) Obras menores non necesitadas de proxecto técnico e que en ningún caso teñan un orzamento de execución material superior a 18.03036 EUROS (3.000.000 Ptas.):

- d.1. Con orzamento de ex. material de ata 300506 EUROS (500.000 ptas).:33,76 EUROS(5.617 Ptas.) .

-d.2.- Con orzamento de ex. material comprendido entre 300507 e 601012 EUROS(500.001 e 1.000.000 de pesetas):67,52 EUROS(11.234 Ptas).

-d.3- Con orzamento de ex. material comprendido entre 601013 e 12.02024 EUROS( 1.000.001 e 2.000.000 de pesetas): 101,29 EUROS (16.853 Ptas).

- d.4.-Con orzamento de ex. material comprendido entre 12.02025 e 18.03036 EUROS (2.000.001 e 3.000.000 de pesetas): 168,82 EUROS (28.089 Ptas).

e) Obras de construcción, rehabilitación, ampliación, modificación ou reforma de edificios e instalacións que estean cualificadas de obras maiores, ou en todo caso cando o seu orzamento de execución supere os 18.03036EUROS(3.000.000 de pesetas):

- e.1.-Por cada edificación unifamiliar: 202,58 EUROS (33.706 Ptas).

- e.2.-Por cada edificación plurifamiliar: 1012890 EUROS(169 ptas)./m2, obxecto da Taxa.

- e.3.-Por cada nave ou instalación industrial ou comercial ou outra edificación diferente as contidas nos subapartados anteriores (e.1.e e.2.): 0506413 EUROS(84 ptas)./m2, obxecto da Taxa.

f) Primeira ocupación de edificacións e instalacións, por cada vivenda ou local:

- f.1.-De edificacións unifamiliares e plurifamiliares:

f.1.1.-De superficie de ata 100 m2:.81,03 EUROS (13.482 Ptas).

f.1.2.-De sup. comprendida entre 101 e 150 m2: 101,29 EUROS (16.853 Ptas.)

f.1.3.-De sup. comprendida entre 151 e 250 m2: 135,05 EUROS (22.470 Ptas.)

f.1.4.-De superficie igual ou superior a 251 m2: 202,58 EUROS (33.706 Ptas.)

f.2.- De naves e instalacións industriais e comerciais ou de outras edificacións ou instalacións diferentes as contempradas no apartado anterior (f.1.):

-f.2.1. Os 200 primeiros m2:.202,58 EUROS (33.706 Ptas.)

- Por cada m2 adicional: 0337630 EUROS (56 Ptas.) /m2.

Unha vez iniciada a tramitación da solicitude non haberá dereito á devolución da cota liquidada, baixo ningún suposto, incluído o desestimento por parte do solicitante

Artigo 11º: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.