Oleiros - Ordenanza fiscal nº 3, reguladora da taxa por licenzas urbanísticas
Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA
Artigo 2º: FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 3º: SUXEITO PASIVO
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións, ou execútense as obras.
2.- En calquera caso, terán a condición de sustitutos do contribuínte, os constructores e contratistas das obras, por imperativo expreso do artigo 23.2 b) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), que virán obrigados o pagamento da Taxa e con eles entenderanse as actuacións municipais relativas á xestión e cobro do tributo.
Artigo 4º: RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º: BASE IMPOÑIBLE
Artigo 6º: COTA TRIBUTARIA
Artigo 7º: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Artigo 8º: DEVENGO
1.- Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2.- Cando as obras se iniciaran ou executaran sen obter a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión e ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a sua demolición se non foran autorizables
3.- A obrigación de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada, ou pola concesión de ésta condicionada a modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante, unha vez concedida a licencia.
4.-No suposto de arquivo da solicitude tramitado ao amparo do artigo 6, parágrafo 3 da ordenanza reguladora do procedemento para solicitar licenzas de edificación e uso do solo, o solicitante terá dereito á devolución dun 80% do importe das taxas previamente ingresadas
Artigo 9º: DECLARACIÓN
1.- As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obra, presentarán previamente no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude acompañando certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, coa especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se conste o importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.
2.- Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación de proxecto suscrito polo técnico competente, á solicitude acompañarase un Orzamento das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a emplear e, en xeral, das características da obra ou acto, cos datos que permitan comprobar o custo daquelas.
3.- Si despois de formulada a solicitude de licencia, modíficase ou amplíase o proxecto, deberá ponerse en coñecemento da Administración Municipal, acompañando o orzamento ou o reformado, e, no seu caso planos e memorias da modificación ou ampliación
Artigo 10º: AUTOLIQUIDACIÓN E INGRESO
a) O peticionario acompañará á solicitude de licencia xustificante de autoliquidar a Taxa e ingresado o importe resultante na Oficina de Xestión Tributaria e Recadación ou Entidades Colaboradoras, tendo a liquidación tributaria así practicada, o carácter de provisional e estando suxeita a posterior comprobación administrativa.
b) Unha vez rematadas as obras, a Administración Municipal poderá comprobar o custo real e efectivo das mesmas, e á vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación que proceda, con deducción do importe ingresado por autoliquidación ou liquidación de carácter provisional ou se procederá á devolución dos importes indebidamente ingresados.
c) Toda as liquidacións que se practiquen serán notificadas ao suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais, utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 11º: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
Disposición Final
A presente Ordenanza modifica a aprobada polo Pleno de data 9-11-89 (Modificacións Plenarias de 24-01-1.991, 13-11-1.992,1-12-1.993, 25-10-1996, 14-12-2001, 14-03-2005, 27-10-2005 e 25-9-2008) e entrará en vigor, unha vez publicado o texto íntegro das modificacións no B.O.P., permanecendo vixente ata que se acorde a sua modificación ou derrogación expresa.
DILIXENCIA constatar que:
A redacción orixinal desta Ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en Sesión de data 9 de novembro de 1.989, publicándose no B.O.P. Nº 4 bis de data 5 de xaneiro de 1.990, o seu texto íntegro.
Por Pleno de data 24-1-1.991 modificouse o artigo 6º, publicándose o seu texto íntegro no B.O.P. Nº 108 de 13 de maio de 1.991.
Por Pleno data 13 de novembro de 1.992 modificáronse os artigos 5º e 6º,dos que o seu texto íntegro foi publicado no B.O.P. Nº 70 de 27 marzo de 1.993.
Por Pleno de data 1 de decembro de 1.993 modificáronse os artigos 2ºe 6º, dos que o seu texto íntegro foi publicado no B.O.P. Nº 47 de data 28 de febreiro de 1.994.
Por Pleno de data 25 de outubro de 1.996 modificáronse os artigos 5º, 6º e 10º,dos que o seus textos íntegros foron publicados no B.O.P 300 de 31 de decembro de 1.996.
Por Pleno de data 14 de decembro do 2001 modificouse o artigo 6º -Cota tributaria, publicándose o seu texto no B.O.P. nº 54 de 6 de marzo do 2002.
Por Pleno de data 14 de marzo do 2005 modificaronse os artigos 1º, 3º, 4º, 6º e 11º, publicandose os textos íntegros dos artigos no B.O.P. Nº 138 de 18 de xuño de 2005.
Por Pleno de data 27 de outubro do 2005 modificouse o artigo 6º, publicandose o texto íntegro do artigo no B.O.P. Nº 296 de 28 de decembro de 2005.
Por Pleno de data 25 de setembro do 2008 modificouse o artigo 6º, publicandose o texto íntegro do artigo no B.O.P. Nº 285 de 12 de decembro de 2008.