Oleiros - Ordenanza Fiscal nº 3, reguladora da Taxa por licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas.
Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), este Concello establece a ¿Taxa por licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, onde as citadas normas atenden ao disposto no artigo 57 do citado Texto Refundido.
Artigo 2º: FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refiere o artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordeación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e que se realicen no térmo Municipal, axústanse as normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei e no Plan Xeral de Ordenación Urbana deste Concello, ben se trate de actuacións suxeitas a réxime de autorización ou licenza, a declaración responsable ou a autorización previa, segundo o establecido na Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou ejercicio de actividades e servizos, aprobada definitivamente en sesión plenaria de 30 de setembro do 2010.
Artigo 3º: SUXEITO PASIVO
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións, ou execútense as obras.
2.- En calquera caso, terán a condición de sustitutos do contribuínte, os constructores e contratistas das obras, por imperativo expreso do artigo 23.2 b) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), que virán obrigados o pagamento da Taxa e con eles entenderanse as actuacións municipais relativas á xestión e cobro do tributo.
Artigo 5º: BASE IMPOÑIBLE
Constitúe a base impoñible da Taxa:
a) Nas demolicións de construccións, movementos de terra, parcelacións, segregacións e cimbra de árbores, o número de servizos prestados.
b) Nas obras menores non necesitadas de proxecto técnico e que en ningún caso teñan un orzamento de execución material superior a 30.000 €; o orzamento de execución material das obras.
c) Nas obras de construcción, rehabilitación, ampliación, modificación ou reforma de edificios e instalacións que estean cualificadas de obras maiores, ou en todo caso cando o seu orzamento de execución supere os 30.000 €:
c.1) No caso de edificacións unifamiliares, o número de servizos prestados
c.2) No caso de edificacións plurifamiliares, naves ou instalacións industriais ou comerciais ou outras edificacións diferentes ás contidas no apartado c.1); a superficie construída, rehabilitada, ampliada, modificada ou reformada.
d) Nas declaracións responsables para a primeira ocupación de edificacións unifamiliares e plurifamiliares; instalacións industriais e comerciais ou doutras instalacións diferentes a aquelas, a superficie.
Artigo 4º: RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 6º: COTA TRIBUTARIA
1.- De conformidade coas limitacións sinaladas polo artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (RD lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), establécense as tarifas da taxa seguintes:
a) Demolición de construcións e movementos de terras: 89,04 €
b) Parcelacións e segregacións; por cada unidade parcelada: 65,93 €
c) Cimbra de árbores: 85,72 €
d) Obras menores non necesitadas de proxecto técnico e que en ningún caso teñan un orzamento de execución material superior a 30.000 €:
d.1. con orzamento de ex. material de ata 3005`06 €: 44,50 €
d.2.- con orzamento de ex. material comprendido entre 3005`07 e 601`12 €: 89,04 €
d.3- con orzamento de ex. material comprendido entre 6010`13 e 12.020¿24 €: 133,55 €
d.4.-con orzamento de ex. material comprendido entre 12.020¿25 e 30.000 €: 222,58 €
e) Obras de construcción, rehabilitación, ampliación, modificación ou reforma de edificios e instalacións que estean cualificadas de obras maiores, ou en todo caso cando o seu orzamento de execución supere os 30.000 €:
e.1.-por cada edificación unifamiliar: 267,10 €
e.2.-por cada edificación plurifamiliar: 1¿34 €/m², obxecto da taxa
e.3.-por cada nave ou instalación industrial ou comercial ou outra edificación diferente ás contidas nos subapartados anteriores (e.1.e e.2.): 0¿66 €/m2, obxecto da taxa.
f) Declaración responsable para a ocupación de edificacións e instalacións, por cada vivenda ou local:
f.1.-de edificacións unifamiliares e plurifamiliares:
f.1.1.-de superficie de ata 100 m2: 106,85 €
f.1.2.-de sup. comprendida entre 101 e 150 m2: 133,55 €
f.1.3.-de sup. comprendida entre 151 e 250 m2: 178,07 €
f.1.4.-de superficie igual ou superior a 251 m2: 267,10 €
f.2.- de naves e instalacións industriais e comerciais ou doutras edificacións ou instalacións diferentes ás contempladas no apartado anterior (f.1.):
f.2.1. Os 200 primeiros m2: 267,10 €
Por cada m² adicional: 0`46 €/m2.
Artigo 7º: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Artículo 8º: DEVENGO
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade, na data de presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, comunicación previa ou declaración responsable se o suxeito pasivo formulase expresamente algunha destas.
2.- Cando as obras se iniciaran ou executaran sen obter a oportuna licencia ou sin presentar a comunicación previa ou a declaración responsable, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión e ou non autorizable ou conforme, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a sua demolición se non foran autorizables.
3.- A obrigación de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada, ou pola concesión de ésta condicionada a modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante, unha vez concedida a licenza.
4.- No suposto de arquivo da solicitude tramitado ao amparo do artigo 14, nos termos dos parrágrafos 6, 7 e 8 da Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos, o suxeito pasivo terá dereito á devolución dun 80% do importe das taxas previamente ingresadas.
Artigo 9º: DECLARACIÓN
1.- As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obra, declaración responsable ou comunicación previa presentarán previamente no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, declaración ou comunicación, acompañando en caso de licenza, certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, coa especificación detallada na natureza da obra e lugar de emprazamento, na que conste o importe estimado da obra, medicións e destino do edificio. No suposto de declaración responsable ou comunicación previa acompañarán a documentación establecida pola Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
2.- Cando se trate de licenza, declaración responsable ou comunicación previa para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación de proxecto suscrito polo técnico competente, á solicitude acompañarase un Orzamento das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a emplear e, en xeral, das características da obra ou acto, cos datos que permitan comprobar o custo daquelas.
3.- Se despois de formulada a solicitude de licencia, presentada a declaración responsable ou comunicación previa, modifícase ou amplíase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, acompañando o orzamento ou o reformado, e no seu caso planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 10º: AUTOLIQUIDACIÓN E INGRESO
a) O peticionario acompañará á solicitude de licenza, á declaración responsable ou comunicación previa, xustificante de autoliquidar a Taxa e ingresar o importe resultante na Oficina de Xestión Tributaria e Recadación ou Entidades Colaboradoras, tendo a liquidación tributaria así practicada o carácter de provisional e estando suxeita a posterior comprobación administrativa.
b) Unha vez rematadas as obras, a Administración Municipal poderá comprobar o custo real e efectivo das mesmas, e á vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación que proceda, con deducción do importe ingresado por autoliquidación ou liquidación de carácter provisional ou se procederá á devolución dos importes indebidamente ingresados.
c) Toda as liquidacións que se practiquen serán notificadas ao suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais, utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 11º: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e nas demáis disposicións que a desenrrolan.
De conformidade co disposto no artigo 17 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, ponse en xeral coñecemento que os citados acordos quedan definitivamente aprobados, conforme ao artigo de referencia.
Disposición Final
A presente Ordenanza modifica a aprobada polo Pleno de data 9-11-89 (Modificacións Plenarias de 24-01-1.991, 13-11-1.992,1-12-1.993, 25-10-1996, 14-12-2001, 14-03-2005, 27-10-2005 e 25-9-2008) e entrará en vigor, unha vez publicado o texto íntegro das modificacións no B.O.P., permanecendo vixente ata que se acorde a sua modificación ou derrogación expresa.
DILIXENCIA constatar que:
A redacción orixinal desta Ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en Sesión de data 9 de novembro de 1.989, publicándose no B.O.P. Nº 4 bis de data 5 de xaneiro de 1.990, o seu texto íntegro.
Por Pleno de data 24-1-1.991 modificouse o artigo 6º, publicándose o seu texto íntegro no B.O.P. Nº 108 de 13 de maio de 1.991.
Por Pleno data 13 de novembro de 1.992 modificáronse os artigos 5º e 6º,dos que o seu texto íntegro foi publicado no B.O.P. Nº 70 de 27 marzo de 1.993.
Por Pleno de data 1 de decembro de 1.993 modificáronse os artigos 2ºe 6º, dos que o seu texto íntegro foi publicado no B.O.P. Nº 47 de data 28 de febreiro de 1.994.
Por Pleno de data 25 de outubro de 1.996 modificáronse os artigos 5º, 6º e 10º,dos que o seus textos íntegros foron publicados no B.O.P 300 de 31 de decembro de 1.996.
Por Pleno de data 14 de decembro do 2001 modificouse o artigo 6º -Cota tributaria, publicándose o seu texto no B.O.P. nº 54 de 6 de marzo do 2002.
Por Pleno de data 14 de marzo do 2005 modificaronse os artigos 1º, 3º, 4º, 6º e 11º, publicandose os textos íntegros dos artigos no B.O.P. Nº 138 de 18 de xuño de 2005.
Por Pleno de data 27 de outubro do 2005 modificouse o artigo 6º, publicandose o texto íntegro do artigo no B.O.P. Nº 296 de 28 de decembro de 2005.
Por Pleno de data 25 de setembro do 2008 modificouse o artigo 6º, publicandose o texto íntegro do artigo no B.O.P. Nº 285 de 12 de decembro de 2008.