Oleiros - ORDENANZA FISCAL Nº 3, REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/12/2008 BOP Nº: 285
Aplicable dende: 13/12/2008

Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), este Concello establece a "Taxa por licencias urbanísticas", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, onde as citadas normas atenden ao disposto no artigo 57 do citado Texto Refundido.

Artigo 3º: SUXEITO PASIVO

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións, ou execútense as obras.

2.- En calquera caso, terán a condición de sustitutos do contribuínte, os constructores e contratistas das obras, por imperativo expreso do artigo 23.2 b) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), que virán obrigados o pagamento da Taxa e con eles entenderanse as actuacións municipais relativas á xestión e cobro do tributo.

Artigo 4º: RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 6º: COTA TRIBUTARIA

1.- De conformidade coas limitacións sinaladas polo artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (RD lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), establécense as tarifas da taxa seguintes:
a) Demolición de construcións e movementos de terras: 71,29 €
b) Parcelacións e segregacións; por cada unidade parcelada:52,79 €
c) Cimbra de árbores: 68,63 €
d) Obras menores non necesitadas de proxecto técnico e que en ningún caso teñan un orzamento de execución material superior a 18.030¿36 €:
- d.1. con orzamento de ex. material de ata 3005¿06 €: 35,64 €
-d.2.- con orzamento de ex. material comprendido entre 3005¿07 e 6010¿12 €: 71,29 €
-d.3- con orzamento de ex. material comprendido entre 6010¿13 e 12.020¿24 €: 106,93 €
-d.4.-con orzamento de ex. material comprendido entre 12.020¿25 e 18.030¿36 €: 178,23 €
e) Obras de construción, rehabilitación, ampliación, modificación ou reforma de edificios e instalacións que estean cualificadas de obras maiores, ou en todo caso cando o seu orzamento de execución supere os 18.030¿36 €:
- e.1.-por cada edificación unifamiliar: 213,87 €
- e.2.-por cada edificación plurifamiliar: 1¿07 €/m², obxecto da taxa
- e.3.-por cada nave ou instalación industrial ou comercial ou outra edificación diferente ás contidas nos subapartados anteriores (e.1.e e.2.): 0¿53 €/m², obxecto da taxa
f) Primeira ocupación de edificacións e instalacións, por cada vivenda ou local:
- f.1.-de edificacións unifamiliares e plurifamiliares:
f.1.1.-de superficie de ata 100 m²: 85,55 €
f.1.2.-de sup. comprendida entre 101 e 150 m²: 106,93 €
f.1.3.-de sup. comprendida entre 151 e 250 m²: 142,58 €
f.1.4.-de superficie igual ou superior a 251 m²: 213,87 €
- f.2.- de naves e instalacións industriais e comerciais ou doutras edificacións ou instalacións diferentes ás contempladas no apartado anterior (f.1.):
-f.2.1. Os 200 primeiros m²: 213,87 €
- Por cada m² adicional: 0¿36 €/m²
Unha vez iniciada a tramitación da solicitude non haberá dereito á devolución da cota liquidada, baixo ningún suposto, incluído a desestimación por parte do solicitante.

Artigo 11º: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.