Pontes de García Rodríguez As - IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 14/02/2003 BOP Nº: 37
Publicación definitiva: 31/03/2003 BOP Nº: 74
Aplicable dende: 02/09/2005

ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME

1.-No uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 de bases de réxime local e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construccións, instalacións e obras.

2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.

1.-Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase a mesma ou non, sempre que a súa expedición lle corresponda ó Concello das Pontes.

2.- As construccións, instalacións e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións, en:

a) Movemento de terras.

b) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

c) Obras de demolición.

d) Obras nos edificios, tanto as que modifiquen o seu interior como o seu exterior.

e) Aliñacións e rasantes.

f) Obras de fontanería e sumidoiros.

g) Obras nos cemiterios.

h) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística.

ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS.

1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, persoas xurídicas ou entidades do artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2.- No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quen solicite as correspondentes licencias ou realice as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

3.- Os suxeitos pasivos que residan no extranxeiro durante máis de seis meses de cada ano natural, estarán obrigados a designar un representante con un domicilio no territorio español, para os efectos das relacións coa facenda pública.

ARTIGO 4º.- EXENCIÓNS

Exímese do pago deste imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia ou Provincia da Coruña, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeoportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto que se trate de obras de investimento novo como de conservación.

ARTIGO 5º.- BONIFICACIÓNS

1º.-BONIFICACIÓN POR CONCORRER CIRCUNSTANCIAS DE ESPECIAL INTERESE OU UTILIDADE MUNICIPAL

1.1 Establécese unha bonificación do 95 por cen da cota tributaria do imposto ás obras, instalacións e construccións, realizadas por asociacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a:

-Asistencia ou integración social.

-Desenvolvemento de actividades culturais, deportivas ou actividades de entidades veciñais de libre acceso e participación.

-Bens cualificados como histórico-artísticos ou incluídos no correspondente catálogo.

Para acceder a esta bonificación será necesario acompaña-la solicitude cos estatutos da asociación debidamente rexistrados, así como unha memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver no local. A dita actividade deberá manterse no tempo por un período nunca inferior a 4 anos.

1.2 De acordo co previsto no artigo 103.2 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, o Pleno da Corporación poderá conceder unha bonificación de ata o 95 por cen sobre a cota tributaria en favor das construccións, instalacións ou obras destinadas á realización de actividades industriais -entendendo como tales a pequena e mediana empresa- ou comerciais, cando estas sexan declaradas en cada caso concreto de especial interese ou utilidade municipal polo devandito órgano, por concorrer circunstancias que sirvan para a creación ou modernización de locais comerciais, cos seguintes requisitos:

a) Que se trate de obras de creación de pequena e mediana empresa, comercio ou reforma, rehabilitación ou reparación de comercios abertos con máis de cinco anos de antigüidade.

b) Que as obras sexan executadas por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido nas Pontes con polo menos un ano de antigüidade.

Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación será do 75 por cen da cota tributaria do Imposto.

A bonificación regulada neste apartado será de carácter rogado, debendo presenta-lo suxeito pasivo contribuínte a correspondente solicitude, coa que se achegarán os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso.

As construccións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a preceptiva licencia municipal non poderán acollerse ós beneficios fiscais previstos neste apartado.

1.3 Estarán bonificadas nun 95 por cen da cota tributaria do imposto, as obras, instalacións e construccións realizadas polas Cooperativas e Sociedades Laborais.

Para acceder a esta bonificación será necesario xuntar á solicitude da copia compulsada da escritura de constitución, a inscrición no Rexistro Mercantil e a cualificación de empresa como laboral no caso das Sociedades Laborais; e copia compulsada da escritura e da inscrición no Rexistro Galego de Cooperativas, no caso de Cooperativas.

1.4 Para os casos establecidos nos apartados 1.1 e 1.3 anteriores, a inactividade por un prazo supeiror a 6 meses ou o cambio de actividade nos locais dentro dos catro anos seguintes ó outorgamento do beneficio darán lugar á perda da bonificación e liquidaranse as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de demora correspondentes.

2º.- Gozarán dunha bonificación do 50 por cen as construccións, intalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial. Deberá solicitarse xunto coa petición de licencia municipal.

Unha vez recibida a solicitude e a documentación xustificativa, o Interventor Municipal emitirá un informe sobre a procedencia ou non da concesión da bonificación. Á vista de tal informe, corresponderalle ó Pleno da Corporación a declaración de especial interese ou utilidade municipal e a fixación, no seu caso, da porcentaxe de bonificación concedida.

A comisión de calquera infración urbanística na execución da construcción, instalación ou obra suporá a perda inmediata da bonificación concedida.

3º.- Estas bonificacións serán de aplicación cando se trate de inicio de obras nunca no suposto de posibles ampliacións que se poidan levar a cabo.

ARTIGO 6º.- BASE IMPOÑIBLE

1.-A base impoñible do imposto está constituida polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.

Non forman parte da base impoñíble o imposto sobre valor engadido e demais impostos análogos propios dos réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, de ser o caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

2.-Para a determinación do presuposto de execución material partirase do prezo unitario de metro cadrado ou ratio de investimento, segundo a tipoloxía da construcción, fixados no anexo desta ordenanza, non tendo en consideración o presuposto que figure no proxecto técnico presentado. Non obstante, e soamente para aquelas tipoloxías de construccións que dun xeito directo ou analóxico non figuren recollidas no anexo de estimacións, a determinación da base impoñible suxeita a gravame farase a partir do devandito proxecto técnico.

ARTIGO 7º.- COTA TRIBUTARIA

1.-A cota tributaria será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

2.-O tipo de gravame queda fixado no 2,8 por 100.

ARTIGO 8º.- DEDUCIÓN NA COTA TRIBUTARIA

1.-Os suxeitos pasivos poderán deducir da cota íntegra a totalidade do importe da taxa polo outorgamento de licencia urbanística correspondente á construcción, instalacións ou obra.

2.-A anterior deducción só poderá practicarse se o suxeito pasivo realiza o ingreso deste imposto e da taxa dentro do período voluntario. A tal efecto, para practica-la deducción, deberá presentar o xustificante de ter pagado a taxa polo outorgamento da licencia.

ARTIGO 9º.- RETRIBUCIÓN

O imposto retribuirase no momento de comenza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.

ARTIGO 10º.- XESTIÓN

1.- Cando sexa concedida a licenza preceptiva ou cando, non solicitándose, concedéndose ou denegándose dita licenza preceptiva, sexa iniciada a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta para o que o interesado deberá presentar autoliquidación según o modelo determinado polo Concello e simultáneamente procederá a ingresar nos fondos municipais a cota que resulte. Dita declaración será presentadada no prazo dun mes a contar dende a data de concesión da licenza.

A liquidación a que se refire este apartado practicarase utilizando como base impoñible a que resulte do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio Oficial correspondente. Noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais en función dos módulos establecidos no anexo de valoracións da presente ordenanza ou nos establecidos oficialmente polo Colexio de Arquitectos.

2.-Os servizos de urbanismo comunicarán ao servizo de xestión tributaria os actos de concesión de licenza para actividades suxeitas a tributación acompañando unha copia do orzamento presentado polos interesados no proxecto ao que se refire a licenza concedida.

3.-No caso de que non se executen as obras, construccións ou instalacións o interesado terá dereito á devolución do ingresado unha vez que formule renuncia expresa á licenza ou transcurra o tempo máximo previsto na mesma para a iniciación das obras e, consecuentemente caduque a licenza.

4.-Unha vez rematada a construcción, instalación ou obra e tendo en conta o custe real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Cando se produza calquera circunstancia que modifique o custe real e efectivo das obras, construccións ou instalacións que servirón de base para a determinación da cota tributaria, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar, no prazo dun mes, declaración complementria e a ingresar simultáneamente o importe que resulte.

As devolucións, cando procedan, axustaránse ao procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.

ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En materia de infraccións e sancións serán aplicables os artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

O anexo I permanece invariable.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente Ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación na data 5 de xullo de 2005, comenzará a rexer o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.