Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME
1.-No uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 de bases de réxime local e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construccións, instalacións e obras.
2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.
1.-Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase a mesma ou non, sempre que a súa expedición lle corresponda ó Concello das Pontes.
2.- As construccións, instalacións e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións, en:
a)Movemento de terras.
b)Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
c)Obras de demolición.
d)Obras nos edificios, tanto as que modifiquen o seu interior como o seu exterior.
e)Aliñacións e rasantes.
f)Obras de fontanería e sumidoiros.
g)Obras nos cemiterios.
h)Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística.
ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, persoas xurídicas ou entidades do artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2.- No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quen solicite as correspondentes licencias ou realice as construccións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
3.- Os suxeitos pasivos que residan no extranxeiro durante máis de seis meses de cada ano natural, estarán obrigados a designar un representante con un domicilio no territorio español, para os efectos das relacións coa facenda pública.
ARTIGO 4º.- EXENCIÓNS
Exímese do pago deste imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia ou Provincia da Coruña, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeoportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto que se trate de obras de investimento novo como de conservación.
ARTIGO 5º.-BONIFICACIÓNS
Supostos de bonificación:
1.- As construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen dita declaración.
En todo caso, considéranse construccións, instalacións ou obras de especial interese ou utilidade as seguintes:
a) As instalacións, construccións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas e destinadas ao equipamento comunitario primeiro, sempre e cando non estea prevista a súa repercursión no prego de condicións que rexa para a contratación da obra.
O importe da bonificación será do 90 por cento da cota.
b) As obras, instalacións e construccións, realizados por asociacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a:
- Asistencia ou integración social.
- Desenvolvemento de actividades culturais de libre acceso e participación.
- Bens cualificados como histórico-artísticos ou icluídos no correspondente catálogo.
Para acceder a esta bonificación, será necesario achegar xunto á solicitude os estatutos da asociación debidamente rexistsrados, así como unha memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver no local.
A inactividade por un prazo superior a 6 meses ou o cambio de actividade nos locais dentro dos cinco anos seguintes ao outorgamento do beneficio darán lugar á perda da bonificación e liquidaranse as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.
O importe da bonificación será do 95 por cento da cota.
c) As obras, instalacións e construccións en centros ou locais que, logo de concluídos, supoñan a ocupación permanente de postos de traballo de nova creación. Os trabballadores contratados terán que ser persoas en situación de desemprego e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e empadroados no Concello das Pontes, mantendo esta situación todo o tempo do contratro laboral.
A porcentaxe da cota que se bonificará variará do xeito seguinte, de acordo cos postos de traballo permanentes que se creen:
Creación dun posto de traballo | 25 por cento da cota |
Creación de dous postos de traballo | 50 por cento da cota |
Creación de 3 postos de traballo ou máis | 95 por cento da cota |
En todo caso, a cota máxima bonificable será de forma xenérica de 1.000,00 euros por posto de traballo indefinido creado, agás as seguintes especificacións:
1)1.500,00 euros no caso de que a persoa contratada teña máis de 45 anos.
2)1.800,00 euros no caso de que a persoa contratada sexa unha muller. A mesma contía será aplicable no caso de que a persoa contratada teña algunha discapacidade cunha eiva igual ou superior ao 65 por cento.
3) 2.000,00 euros no caso de que a persoa contratada sexa unha muller vítima de violencia de xénero.
Para o outorgamento desta bonificación será necesario achegar unha declaración responsable sobre o número de persoas de nova ocupación que van traballar no local. Nos casos nos que a obra, instalación ou construción se realice sobre un local que xa viña funcionando, achegarase copia dos tres últimos TC2 formalizados bancariamente, co fin de cotexalos cos TC2 posteriores ao reinicio da actividade.
No prazo dun mes despois da conclusión da obra, deberase entregar copia do xustificante da alta no imposto de actividades económicas, copias dos contratos subscritos para cubrir os postos de traballo de nova creación visados polo INEM -acompañados da acreditación dos períodos de inscrición como demandante de emprego na Oficina Pública de Emprego- e copias dos correspondentes TA2 presentados ante a Seguridade Social. Se transcorre ese prazo sen que se achegue a documentación requirida, liquidaranse as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.
Durante os dous anos seguintes, haberanse de presentar cada seis meses copias dos TC2 do persoal que desenvolve a súa actividade no local formalizados bancariamente. Durante ese período de tempo, calquera cambio na ocupación de emprego que supoña, que de solicitarse nese momento o beneficio fiscal non fose concedido, dará lugar a que se liquiden as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.
d) Sen prexuízo dos supostos xerais sinalados nas letras a), b) e c) anteriores, corresponderalle ao Pleno a valoración e a declaración de outros supostos concretos de obras que merezan a declarción de obras de especial interese ou utilidade municipal -incluidos os supostos extraordinarios por fomentos de emprego habida conta o número de postos de traballos xenerados, ou o efecto dinamizador da obra ou instalación-.
Esta declaración será realizada polo Pleno da Corporación, correspondendo a este órgano a determinación da porcentaxe de bonificación aplicable, sen exceder do 95 por cento da cota, previa ponderación do interese ou utilidade municipal existente en cada caso concreto.
2.- Estarán bonificadas as construccións, instalacións e obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo, sempre e cando o dito aproveitamento supere en alomenos un 20 por cento o mínimo esixible pola lexislación vixente. Esta bonificación será polo importe resultante de aplicar un tipo de benficio do 95 por cento á parte de cota derivada do costo adicional -no seu caso- á bse impoñible deste imposto pola materialización dos ditos aproveitamentos da enerxía solar. Este costo adicional deberá ser acreditado documentalmente polo solicitante e informado favorablemente polos servizos técnicos municipais.
A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalcacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación pola administración competente.
3.- Gozarán dunha bonificación na cota as construccións, instalacións e obras que fovorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapcitados, sempre que as mesmas non deriven de obrigacións impostas polas normas urbanísticas ou de calquera outa natureza, e se dirxan á adaptación de vivendas cando a súa execución derive directamente da situación de discapacidade das persoas físicas que as habiten, e que favorezan as condicións de habitabilidade, tendo esta condición as que cumpran os requisitos que para esta materia estableza a lexislación específica, quedando todo isto suxeito ao preceptivo informe técnico.
En todo caso será de aplicación o presente suposto de bonificación a instalación de ascensores en aqueles edificios que carezan del, asi como a supresión de barriras arquitectónicas nos elementos común dos ditos edificios.
A porcentaxe de bonificación será do 90 por cento sobre o custo real das obras desta clase que directamente se dirixan a executar a devandita adaptación.
As bonificacións na cota do imposto, terán en todos os supostos, carácter rogado.
ARTIGO 6º.- BASE IMPOÑIBLE
1.-A base impoñible do imposto está constituida polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñíble o imposto sobre valor engadido e demais impostos análogos propios dos réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, de ser o caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
2.-Para a determinación do presuposto de execución material partirase do prezo unitario de metro cadrado ou ratio de investimento, segundo a tipoloxía da construcción, fixados no anexo desta ordenanza, non tendo en consideración o presuposto que figure no proxecto técnico presentado. Non obstante, e soamente para aquelas tipoloxías de construccións que dun xeito directo ou analóxico non figuren recollidas no anexo de estimacións, a determinación da base impoñible suxeita a gravame farase a partir do devandito proxecto técnico.
ARTIGO 7º.- COTA TRIBUTARIA
1.-A cota tributaria será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
2.-O tipo de gravame queda fixado no 2,8 por 100.
ARTIGO 8º.- DEDUCIÓN NA COTA TRIBUTARIA
1.-Os suxeitos pasivos poderán deducir da cota íntegra a totalidade do importe da taxa polo outorgamento de licencia urbanística correspondente á construcción, instalacións ou obra.
2.-A anterior deducción só poderá practicarse se o suxeito pasivo realiza o ingreso deste imposto e da taxa dentro do período voluntario. A tal efecto, para practica-la deducción, deberá presentar o xustificante de ter pagado a taxa polo outorgamento da licencia.
ARTIGO 9º.- RETRIBUCIÓN
O imposto retribuirase no momento de comenza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.
ARTIGO 10º.- XESTIÓN
1.- Cando sexa concedida a licenza preceptiva ou cando, non solicitándose, concedéndose ou denegándose dita licenza, sexa iniciada a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta.
A liquidación a que se refire este apartado practicarase utilizando como base impoñible a que resulte do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio Oficial correspondente. Noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais en función dos módulos establecidos no anexo de valoracións da presente ordenanza ou nos establecidos oficialmente polo Colexio de Arquitectos.
2.-Os servizos de urbanismo comunicarán ao servizo de xestión tributaria os actos de concesión de licenza para actividades suxeitas a tributación acompañando unha copia do orzamento presentado polos interesados no proxecto ao que se refire a licenza concedida.
3.-No caso de que non se executen as obras, construccións ou instalacións o interesado terá dereito á devolución do ingresado unha vez que formule renuncia expresa á licenza ou transcurra o tempo máximo previsto na mesma para a iniciación das obras e, consecuentemente caduque a licenza.
4.-Unha vez rematada a construcción, instalación ou obra e tendo en conta o custe real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
Cando se produza calquera circunstancia que modifique o custe real e efectivo das obras, construccións ou instalacións que servirón de base para a determinación da cota tributaria, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar, no prazo dun mes, declaración complementria e a ingresar simultáneamente o importe que resulte.
As devolucións, cando procedan, axustaránse ao procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.
ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En materia de infraccións e sancións serán aplicables os artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición derradeira
A presente Ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno do Concello e publicada integramente no boletin oficial, comenzará a rexer o mesmo día da súa publicación e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.
A presente Ordenanza fiscal que consta de 11 artigos e unha disposición derradeira, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión de data 28 de novembro de 2014.
Os anexos da presente ordenanza non se modifican.