Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 14/02/2003 BOP Nº: 37
Publicación definitiva: 31/03/2003 BOP Nº: 74
Aplicable dende: 16/09/2016

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E RÉXIME

1.-No uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 de bases de réxime local e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construccións, instalacións e obras.

2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable, ou no seu caso a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, presentárase ou non dita comunicación ou declaración ou obtivérase ou non a dita licenza, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.

As contrucións, instalacións ou obras ás que se refire o apartado anterior poderán consistir en:

a) Obras de construción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.

d) Aliñacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e sumidoiros.

f) Obras en cemiterios.

g) Calquera outra construción, instalción ou obra que requira licenza de obras, urbanística ou comunicación previa.

h) Movementos de terras.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas, persoas xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.

2. Ten a consideración de suxeito pasivo substituto dos contribuíntes quen solicite a correspondente licenza ou presente a correspondente comunicación previa, ou realice a construción, instalación ou obra, se non fora o propio contribuínte.

ARTIGO 4. EXENCIÓNS

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou Provincia da Coruña, que estando suxeitas ao mesmo, sexan directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, ainda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de investimento novo como de conservación.

ARTIGO 5. BONIFICACIÓNS

Supostos de bonificación:

1. As construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen dita declaración.

En todo caso, considéranse construccións, instalacións ou obras de especial interese ou utilidade as seguintes:

a) As instalacións, construccións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas e destinadas ao equipamento comunitario primeiro, sempre e cando non estea prevista a súa repercursión no prego de condicións que rexa para a contratación da obra.

O importe da bonificación será do 90 por cento da cota.

b) As obras, instalacións e construccións, realizados por asociacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a:

- Asistencia ou integración social.

- Desenvolvemento de actividades culturais de libre acceso e participación.

- Bens cualificados como histórico-artísticos ou icluídos no correspondente catálogo.

Para acceder a esta bonificación, será necesario achegar xunto á solicitude os estatutos da asociación debidamente rexistsrados, así como unha memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver no local.

A inactividade por un prazo superior a 6 meses ou o cambio de actividade nos locais dentro dos cinco anos seguintes ao outorgamento do beneficio darán lugar á perda da bonificación e liquidaranse as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.

O importe da bonificación será do 95 por cento da cota.

c) As obras, instalacións e construccións en centros ou locais que, logo de concluídos, supoñan a ocupación permanente de postos de traballo de nova creación. Os trabballadores contratados terán que ser persoas en situación de desemprego e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e empadroados no Concello das Pontes, mantendo esta situación todo o tempo do contratro laboral.

A porcentaxe da cota que se bonificará variará do xeito seguinte, de acordo cos postos de traballo permanentes que se creen:

Creación dun posto de traballo

25 por cento da cota

Creación de dous postos de traballo

50 por cento da cota

Creación de 3 postos de traballo ou máis

95 por cento da cota

En todo caso, a cota máxima bonificable será de forma xenérica de 1.000,00 euros por posto de traballo indefinido creado, agás as seguintes especificacións:

1) 1.500,00 euros no caso de que a persoa contratada teña máis de 45 anos.

2) 1.800,00 euros no caso de que a persoa contratada sexa unha muller. A mesma contía será aplicable no caso de que a persoa contratada teña algunha discapacidade cunha eiva igual ou superior ao 65 por cento.

3) 2.000,00 euros no caso de que a persoa contratada sexa unha muller vítima de violencia de xénero.

Para o outorgamento desta bonificación será necesario achegar unha declaración responsable sobre o número de persoas de nova ocupación que van traballar no local. Nos casos nos que a obra, instalación ou construción se realice sobre un local que xa viña funcionando, achegarase copia dos tres últimos TC2 formalizados bancariamente, co fin de cotexalos cos TC2 posteriores ao reinicio da actividade.

No prazo dun mes despois da conclusión da obra, deberase entregar copia do xustificante da alta no imposto de actividades económicas, copias dos contratos subscritos para cubrir os postos de traballo de nova creación visados polo INEM -acompañados da acreditación dos períodos de inscrición como demandante de emprego na Oficina Pública de Emprego- e copias dos correspondentes TA2 presentados ante a Seguridade Social. Se transcorre ese prazo sen que se achegue a documentación requirida, liquidaranse as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.

Durante os dous anos seguintes, haberanse de presentar cada seis meses copias dos TC2 do persoal que desenvolve a súa actividade no local formalizados bancariamente. Durante ese período de tempo, calquera cambio na ocupación de emprego que supoña, que de solicitarse nese momento o beneficio fiscal non fose concedido, dará lugar a que se liquiden as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.

d) Sen prexuízo dos supostos xerais sinalados nas letras a), b) e c) anteriores, corresponderalle ao Pleno a valoración e a declaración de outros supostos concretos de obras que merezan a declarción de obras de especial interese ou utilidade municipal -incluidos os supostos extraordinarios por fomentos de emprego habida conta o número de postos de traballos xenerados, ou o efecto dinamizador da obra ou instalación-.

Esta declaración será realizada polo Pleno da Corporación, correspondendo a este órgano a determinación da porcentaxe de bonificación aplicable, sen exceder do 95 por cento da cota, previa ponderación do interese ou utilidade municipal existente en cada caso concreto.

2. Estarán bonificadas as construccións, instalacións e obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo, sempre e cando o dito aproveitamento supere en alomenos un 20 por cento o mínimo esixible pola lexislación vixente. Esta bonificación será polo importe resultante de aplicar un tipo de benficio do 95 por cento á parte de cota derivada do costo adicional -no seu caso- á bse impoñible deste imposto pola materialización dos ditos aproveitamentos da enerxía solar. Este costo adicional deberá ser acreditado documentalmente polo solicitante e informado favorablemente polos servizos técnicos municipais.

A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalcacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación pola administración competente.

3. Gozarán dunha bonificación na cota as construccións, instalacións e obras que fovorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapcitados, sempre que as mesmas non deriven de obrigacións impostas polas normas urbanísticas ou de calquera outa natureza, e se dirxan á adaptación de vivendas cando a súa execución derive directamente da situación de discapacidade das persoas físicas que as habiten, e que favorezan as condicións de habitabilidade, tendo esta condición as que cumpran os requisitos que para esta materia estableza a lexislación específica, quedando todo isto suxeito ao preceptivo informe técnico.

En todo caso será de aplicación o presente suposto de bonificación a instalación de ascensores en aqueles edificios que carezan del, asi como a supresión de barriras arquitectónicas nos elementos común dos ditos edificios.

A porcentaxe de bonificación será do 90 por cento sobre o custo real das obras desta clase que directamente se dirixan a executar a devandita adaptación.

As bonificacións na cota do imposto, terán en todos os supostos, carácter rogado.

ARTIGO 6. BASE IMPOÑIBLE, COTA E REMUNERACIÓN

1. A base impoñible do imposto está constituida polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.

Non forman parte da base impoñíble o imposto sobre valor engadido e demais impostos análogos propios dos réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, de ser o caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

2. Para a determinación do presuposto de execución material partirase do prezo unitario de metro cadrado ou ratio de investimento, segundo a tipoloxía da construcción, fixados no anexo desta ordenanza, non tendo en consideración o presuposto que figure no proxecto técnico presentado. Non obstante, e soamente para aquelas tipoloxías de construccións que dun xeito directo ou analóxico non figuren recollidas no anexo de estimacións, a determinación da base impoñible suxeita a gravame farase a partir do devandito proxecto técnico.

3. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

4. O tipo de gravame será do 2,8 por cento.

5. Producirase a retribución do imposto:

- No caso das licenzas, no momento de comenzar a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.

- No caso das comunicacións previas de obras no momento da súa presentación e aínda que a Administración non se pronuncie sobre esta no plazo establecido na normativa en vigor.

ARTIGO 7. DEDUCIÓN NA COTA TRIBUTARIA

1.-Os suxeitos pasivos poderán deducir da cota íntegra a totalidade do importe da taxa polo outorgamento de licenza urbanística correspondente á construcción, instalacións ou obra.

2.-A anterior deducción só poderá practicarse se o suxeito pasivo realiza o ingreso deste imposto e da taxa dentro do período voluntario. A tal efecto, para practicar a deducción, deberá presentar o xustificante de ter pagado a taxa polo outorgamento da licenza.

ARTIGO 8. XESTIÓN

1. Cando se conceda a licenza preceptiva, ou se presente a comunicación previa ou, non solicitándose, concedéndose ou denegándose dita licenza, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta ou un ingreso provisional no momento da presentación da comunicación previa.

As liquidacións a que se refire este apartado practicarase utilizando como base impoñible a que resulte do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio Oficial correspondente. Noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais en función dos módulos establecidos no anexo de valoracións da presente ordenanza ou nos establecidos oficialmente polo Colexio de Arquitectos.

2. Os servizos de urbanismo comunicarán ao servizo de xestión tributaria os actos de concesión de licenza para actividades e as comunicacións previas suxeitas a tributación acompañando unha copia do orzamento presentado polos interesados no proxecto ao que se refire a licenza concedida.

3. No caso de que non se executen as obras, construccións ou instalacións o interesado terá dereito á devolución do ingresado unha vez que formule renuncia expresa á licenza ou transcurra o tempo máximo previsto na mesma para a iniciación das obras e, consecuentemente caduque a licenza, co limite máximo do prazo de prescrición previsto na normativa básica.

4. Unha vez rematada a construcción, instalación ou obra e tendo en conta o custe real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Cando se produza calquera circunstancia que modifique o custe real e efectivo das obras, construccións ou instalacións que servirón de base para a determinación da cota tributaria, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar, no prazo dun mes, declaración complementaria e a ingresar simultáneamente o importe que resulte.

5. No caso de que a correspondente licenza de obras ou urbanística sexa denegada, os suxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas. Se a comunicación previa de obras é informada desfavorablemente polos servizos técnicos municipais por resultar inexecutable a obra ao contradicir a normativa urbanística en vigor, tamén os suxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas.

ARTIGO 9. INSPECCIÓN E RECADACIÓN

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno do Concello e publicada integramente no BOP, entrará en vigor o día da súa publicación permanecendo vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

A modificación da Ordenanza fiscal que consta de 10 artigos e unha disposición final, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 6 de xullo de 2016.

Os anexos da presente ordenanza non se modifican.