Arteixo - Imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 27/12/2004 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1. Fundamento e réxime.

1. No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei
7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no
artigo 59.2 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o
Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do R.D. lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora
das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na
presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2. Feito imponible

1.       Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a mesma, sempre que a súa expedición competa a este Concello.

2.       Son actos suxeitos a previa licencia, sen prexuízo das demais autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ó caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:

a)      Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

b)      Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

c)       Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

d)      Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

e)      Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.

f)        Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.

g)      Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.

h)      A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.

i)        As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.

j)        As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

k)      As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

l)        A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.

m)    A instalación de invernadoiros.

n)      A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

o)      Os cerramentos e valados de predios.

p)      As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.

q)      Aliñacións e rasantes.

r)        Obras de fontanería e sumidoiros.

s)       Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc..., de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.

t)        Obras nos cemiterios.

u)      Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia  urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.

Artigo 3. Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se fagan as construcións, instalacións ou obras, sempre que sexan os donos das obras. Noutro caso, considerarase contribuínte ao que ostente a condición de dono da obra.

Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións e obras, se non fosen os propios contribuíntes.

Artigo 4. Exencións.

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Provincia de A Coruña ou o Consorcio das Mariñas, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos dependentes dos mesmos, tanto se trate de obras de investimento coma de conservación.

Artigo 5. Base imponible.

1.       A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, que coincide co presuposto de execución material e do que quedan excluídos, polo tanto, os gastos xerais, o beneficio industrial, os honorarios de redacción de proxecto e o Imposto sobre o Valor Engadido.

2.       Para o cálculo da base impoñible a determinar na autoliquidación, non se terá en conta o presuposto presentado polos interesados, senón que será determinada polo Departamento de Urbanismo tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Manual de Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na sesión 13/2000 de 15 de decembro, para obras de nova planta, reforma, rehabilitación ou grande reparación, e o Anexo II (Base de Datos da Construcción de Galicia aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia) para as restantes construccións, instalacións ou obras.

3.       Anualmente actualizarase de xeito automático o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza, segundo sexa aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O mesmo resultará de aplicación ós módulos de valoración das obras menores contidos no Anexo II (aprobación do Instituto Tecnolóxico de Galicia).

Artigo 6. Cota tributaria integra e líquida

1.       A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible. O tipo de gravame queda fixado no 3,1 por cento.

2.       A cota tributaria líquida será o resultado de practicar, no seu caso, sobre da cota tributaria íntegra, a bonificación prevista no artigo seguinte, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.

Artigo 7. Bonificacións

1.       Establécense as bonificacións establecidas no seguinte cadro:

Construccións, instalacións ou obras declarables de especial interés ou utilidade municipal

Porcentaxe de bonificación

a) Construccións, instalacións e obras declaradas de especial interés ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, que xustifiquen tal declaración

95%

b) Edificios histórico-artísticos catalogados como tales no Plano xeral de ordenación urbana

70%

2.       As bonificacións establecidas neste artigo serán de natureza regrada e terán carácter rogado, debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante este Concello, no mesmo momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licencia. Asemade deberá achegar tamén a pertinencia da declaración de especial interés ou utilidade municipal, aportando orzamento desglosado das construccións, instalacións e obras para as que se solicita a declaracións do seu especial interés ou utilidade municipal e xustificantes de estar ó corrente no pago do Imposto sobre Actividades Económicas. Dita declaración deberá ser apreciada polo Pleno da Corporación, polo voto da maioría simple dos seus membros.

Artigo 8. Retribución

O imposto retribuirase no momento de comenza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.

 

Artigo 9. Normas de xestión

1.       O imposto esixirase en réxime de autoliquidación, estando obrigados os suxeitos pasivos a practicar dita autoliquidación no impreso habilitado ó efecto pola Administración municipal, e a abonala, en calquera entidade colaboradora autorizada, previamente á retirada da licencia concedida e, en todo caso, dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento en que se inicie a construcción, instalación ou obra, incluso cando non se tivera solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor de aqueles.

2.       O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construcción, instalación ou obra. Á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa a estas construccións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas así coma do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible estimada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións que sexan aplicables, de acordo co establecido na normativa reguladora ó respecto.

3.       Cando se modifique o proxecto da construcción, instalación ou obra e tivera un incremento no orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferencia entre o orzamento inicial e o modificado, segundo os Anexo I ou II desta Ordenanza, con suxeición ós prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.

4.       Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.

Artigo 10. Infraccións e sancións

1.      En materia de infraccións e de sancións, será aplicabel, segundo dispón o artigo 11 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a regulación contida nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e polas disposicións que a desenvolvan.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 30 de novembro de 1989.

Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de data 22 de outubro de 1991, 22 de agosto de 1996, 26 de setembro de 2002 e 28 de outubro de 2004.

A presente modificación, comprensiva do anexo II, foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 28 de seetembro de 2006.

Entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2007, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derogación expresas.

 

ANEXO I

ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

2.1. DEFINICIÓNS

Mb.-Módulo Básico.

Cg.-Coeficiente xeográfico.

Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.

S.-Superficie total construída, en m2

Si.-Superficie construída por uso de acordo co destino predominante da mesma.

Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.

Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.

PM b.-Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

PEM.-Presuposto de Execución Material do proxecto.

 

2.2. VALORES DE APLICACIÓN.

2.2.1. Módulo básico: Mb.

Establece un prezo en euros por cada m2 de edificación en función dos datos coñecidos tanto de carácter oficial, Precio Básico Nacional, Módulos Ponderados, índices de prezos ó consumo e do custo da vivenda, actualizacións catastrais, cadro de prezos oficiais de organismos públicos (IGVS), licitacións e adxudicacións de obras oficiais,como de carácter xeral procedentes do mercado da construcción e do mercado inmobiliario.

O seu valor será fixado e actualizado periodicamente por acordo da Xunta de Goberno.

2.2.2. Coeficiente Xeográfico: Cg.

Establécese un coeficiente corrector por situación xeográfica de acordo ó reparto das áreas xeográficas establecidas no Decreto 345/1998 publicado no Diario Oficial de Galicia de 4 de Decembro de 1998, que modifica a inserción dos municipios da Comunidade Autónoma nas áreas vixentes ata esa data (circular colexial número 107/98).

Coeficiente Xeográfico para a Área 1: Cg = 1

Coeficiente Xeográfico para a Área 2: Cg = 0,9

Municipios integrados na área 1: Arteixo.

2.2.3. Superficie construida por uso: Si

Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal como se especifica no apartado 1.1.1.

2.2.4. Coeficiente tipoloxías: Ct.

   Ct.-Tipo edificatorio

1.       En edificacións de nova planta e adicións.

Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sotos a partir do 3º .

Agrupación en fila ou ringleira. Sotos 1º e 2º .

Edificio en mazá pechada. Edificación aberta vivenda colectiva.

2.       En obras de reforma e rehabilitación.

Rehabilitación total incluíndo o desmontaxe de fachadas.

Adecuación interior de plantas baixas e entreplantas. Rehabilitación integral

        do edificio conservando exclusivamente as fachadas.

0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura

        existente.

Reformas de elementos estructurais.

            Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpintería e cerramentos

                   (aplicada á superficie de fachada).

Reformas de pouca entidade que no afecten a elementos estructurais nin a

         instalacións (acabados interiores).

          Demolicións e derribos

                  (aplicada á superficie total das plantas que se  derruban).*
                      
* Coeficiente de uso Cu = 1

1.2.5.        Coeficientes de usos: Cu

 

              1. Edificación

      Cu.-Usos da edificación.

1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.

Hospitais. Laboratorios. Igrexas.

Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios

        penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.

Clubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de

         festas. Discotecas. Colexios con Residencia.

Casas da Cultura. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3ª idade.

        Apartahoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.

Vivenda. Hoteis de 2*. Residencias universitarias. Moteis.

Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis de 1*.

        Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Estacións de Autobuses.

        Salas de exposicións. Piscinas cubertas.

0,90 Bares. Mercados.

0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows.

         Servicios campings.

0,65 Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais,

        industria escaparate.

Piscinas descubertas. Cemiterios.

Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio.

Trasteiros. Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Porches e

         terrazas abertas.

Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves.

        Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).

Acondicionamento de naves con obras mínimas

Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings. **

Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores.

        Acondicionamento de terreos**

** Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1

2.3. OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PM b.

O valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custo de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cubre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.

O custo da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construída para cada uso, de acordo cás seguintes fórmulas:

2.3.1. Módulo de construcción:

O módulo de construcción Mc obtense pola seguinte fórmula:

Mc = Mb x Cg x Ct x Cu

      Sendo:

Mc = Módulo de construcción.

Mb = Módulo básico.

Cg = Coeficiente xeográfico.

Ct = Coeficiente de tipoloxía.

Cu = Coeficiente de uso.

Nos casos nos que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplicar a media entre os que máis se asemellen.

2.3.2. Presuposto de execución material segundo módulos básicos: PM b

O Presuposto de execución material segundo módulos básicos, PMb, obtense pola seguinte fórmula:

             PM b = S S (Mci x Si)

Sendo:

PM b = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

   Mci = Módulo de construcción de acordo co destino predominante da superficie.

     Si = Superficie construída por cada uso parcial de acordo co destino predominante da   

             mesma.

ANEXO II

1.-PECHAMENTO DE FINCAS

 

Basamento cego de bloque cara vista ou revestido (H. máx. 1,00 m)   34,27 euros/m
Basamento cego de pedra, mampostería Cachote 97,55 euros/m
  Taco de Santiago 142,86 euros/m
  Perpiaño 101,10 euros/m
Basamento cego de formigón   71,40 euros/m
Celosía Metálica 104,20 euros/m
  Prefabricada 20,30 euros/m
  De pedra serrada 54,50 euros/m
  De rede plastificada 21,60 euros/m
Cerramento de postes e rede Con zapata 36,40 euros/m
  Con zapata e un bloque 39,90 euros/m
  Sen zapata 22,30 euros/m
Muro de bloque con colindantes (até 2,50 m)   54,80 euros/m
Postes e arame exclusivamente   7,75 euros/m
Muros de contención de hormigón armado (espesor até 30 cm)   198,40 euros/m2

 

2.-DEMOLICIÓNS

 

Demolición de tabiquería interior 5,60 euros/m2
Demolición entablado forxado de madeira 15,24 euros/m2
Desmontaxe de cuberta tella, pizarra ou fibrocemento 6,70 euros/m2
Desmontaxe de entramado de cuberta 17,20 euros/m2
Picado de alicatados ou aplacados 7,19euros/m2
Demolición de pavimento baldosa, cerámico ou madeira 7,20 euros/m2
Picado de enfoscados verticais ou horizontais 9,60 euros/m2
Levantado mobilirio cociña 19,20 euros/m2
Levantado sanitarios baño/aseo 41,97 euros
Desmontaxe instalación eléctrica, fontanería ou saneamento/vivenda 137,50 euros

 

3.-CUBERTAS

 

Cubrición con tella 18,40 euros/m2
Cubrición con pizarra 24,80 euros/m2
Cubrición con fibrocemento 17,20 euros/m2
Cubrición con fibrocemento e tella 35,60 euros/m2
Cubrición con materiais metálicos 23,70 euros/m2
Substitución de viguetas de formigón 16,10 euros/m2
Baixante de PVC ou outros 28,67 euros/m2
Canalón de PVC ou outros 31,38 euros/m2

 

4.-REMATES DE FACHADA

 

Pintura impermeable en fachadas 8,50 euros/m2
Enfoscado e pintado en paramentos exteriores 16,70 euros/m2
Revocadura con morteiro monocapa 18,67 euros/m2
Chapado das fachadas con material pétreo 87,90 euros/m2
Chapados das fachadas con aplacado de pizarra 23,90 euros/m2
Rexuntado con morteiro de cemento de fábrica de mampostería 22,40 euros/m2
Limpeza de fachadas con area ou auga a presión 15,60 euros/m2
Verteaugas de pedra nacional 138,70 euros/m
Jamba ou dintel de pedra nacional sen molduras 66,50 euros/m

 

5.-CARPINTERÍA EXTERIOR (INCLUSO ACRISTALAMENTO)

 

Pintura e/ou restauración de carpintería exterior 16,30 euros/m2
Substitución ou colocación de carpintería de madeira 170,12 euros/m2
Substitución ou colocación de carpintería de aluminio ou PVC 186,08 euros/m2
Portal de aluminio ou PVC 920,30 ud
Apertura de ocos para colocación de ventás 76,70 euros/m2

 

6.-REMATES INTERIORES

 

Porta de entrada a vivenda de madeira maciza e/ou seguridade 624,60 euros/ud
Porta de paso aglomerado rechapado 170,37 euros/ud
Varanda de madeira 101,90 euros/m
Varanda escaleira/balcón aceiro 171,73 euros/m
Pavimento cerámico ou sintético 33,30 euros/m2
Pavimento de madeira 52,50 euros/m2
Alicatado azulexo cerámico 25,70 euros/m2
División interior de ladrillo totalmente acabada polas dúas caras 41,10 euros/m2
Falso teito de escaiola lisa 11,79 euros/m2
Fábrica de bloque cara vista color ou branco 41,33 euros/m2
Persiana PVC 110,85 euros/m2
Toldo de tea con brazos abatibles 564,45 euros/m2

 

7.-OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIÓNS HIXIÉNICO-SANITARIAS E DE HABITABILIDADE

 

Instalación saneamento Baño completo 124,50 euros/ud
  Cociña completa 144,23 euros/ud
Instalación de fontanería Baño completo 305,60 euros/ud
  Cociña completa 301,55 euros/ud
Subsitución de baño calidade media
(pezas, chan e alicatado)
De 2,00 a 2,50 m2 1.904,20 euros
  De 2,50 a 4,00 m2 2.598,70 euros
  De 4,00 a 6,00 m2 3.144,80 euros
  Mayor de 6,00 m2 3.750,30 euros
Mellora e/ou substitución inst. eléctr. Vivenda calidade media   2.759,50 euros
Arqueta de rexistro   131,20 euros/ud
Tubo de hormigón   4,75 euros/m
Fosa séptica (para 5 persoas)   523,50 euros/ud
Quentador de auga, por cada 100 litros   371,80 euros
Depósito de auga, por cada metro cúbico de capacidade   302,50 euros

 

8.-VARIOS - URBANIZACIÓN - XARDINERÍA

 

Roza e limpeza de terreo Medios manuais 5,80 euros/m2
  Medios mecánicos 0,45 euros/m2
Corta e descoutado de árbores (porte medio)   47,90 euros/ud
Recheo, extendido e compactado de terras medios mecánicos   3,86 euros/m3
Excavación e provisión de terra medios mecánicos   0,75 euros/m3
Transporte de terras a vertedeiro (até 10 km)   1,80 euros/m3
Soleira de hormigón e encachado de pedra (até 20 cm. De espesor)   21,60 euros/m2
Formación de beirarrúas con baldosas de hormigón e bordo   28,80 euros/m2
Impermeabilización Lámina de PVC 13,69 euros/m2
  Lámina bituminosa 8,41 euros/m2
  Emulsión bituminosa 4,89 euros/m2

 

* No suposto de que unha construcción, instalación ou obra non atope un encadre directo nas anteriores tipificadas, aplicaráselle o prezo medio que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo ou na base de datos da construcción de Galiza aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galiza.