Arteixo - Ordenanza fiscal nº 4, reguladora do imposto sobre construccións, instalacions e obras
Artigo 1.-Fundamento e réxime.
1. No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a mesma, sempre que a súa expedición competa a este Concello.
2. Son actos suxeitos a previa licencia, sen prexuízo das demais autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ó caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
e) Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
f) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
g) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.
h) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
i) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
j) As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
k) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
l) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
m) A instalación de invernadoiros.
n) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
o) Os cerramentos e valados de predios.
p) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
q) Aliñacións e rasantes.
r) Obras de fontanería e sumidoiros.
s) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc., de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.
t) Obras nos cemiterios.
u) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se fagan as construccións, instalacións ou obras, sempre que sexan os donos das obras. Noutro caso, considerarase contribuínte ó que ostente a condición de dono da obra.
2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións e obras, se non fosen os propios contribuíntes.
Artigo 4.-Exencións.
Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Provincia de A Coruña ou o Consorcio das Mariñas, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos dependentes dos mesmos, tanto se trate de obras de investimento coma de conservación.
Artigo 5.-Base imponible.
1. A base impoñible do imposto está constituída polo coste real e efectivo da construcción, instalación u obra e se entende por tal, a estes efectos, o coste de execución material de aquela.
Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Añadido e demáis impostos análogos propios de rexímenes especiales, as tasas, precios públicos, e demáis prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o coste de execución material.
2. Para o cálculo da base impoñible a determinar na autoliquidación, non se terá en conta o presuposto presentado polos interesados, senón que será determinada polo Departamento de Urbanismo tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Manual de Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na sesión 13/2000 de 15 de decembro, para obras de nova planta, reforma, rehabilitación ou grande reparación, e o Anexo II (Base de Datos da Construcción de Galicia aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia) para as restantes construccións, instalacións ou obras.
3. Anualmente actualizaráse de xeito automático o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza, segundo sexa aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O mesmo resultará de aplicación ós módulos de valoración das obras menores contido no Anexo II (aprobación do Instituto Tecnolóxico de Galicia).
Artigo 6.-Cota tributaria integra e líquida.
1. A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible. O tipo de gravame queda fixado no 3,1 por cento.
2. A cota tributaria líquida será o resultado de practicar, no seu caso, sobre da cota tributaria íntegra, a bonificación prevista no artigo seguinte, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.
Artigo 7.-Bonificacións.
Apartado 1.-Establécense as bonificacións establecidas no seguinte cadro:
A) Construcións, instalacións ou obras declarables de especial interés ou utilidade municipal |
Porcentaxe de bonificación |
a) Construccións, instalacións e obras declaradas de especial interés ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, que xustifiquen tal declaración |
95% |
b) Edificios histórico-artísticos catalogados como tales no Plano xeral de ordenación urbana |
70% |
Apartado 2.-As bonificacións establecidas no apartado A) do número anterior serán de natureza regrada e terán carácter rogado, debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante este Concello, e rexistrala segundo o desposto no artigo 16 da Lei 39/2015. Esta solicitude presentaráse no momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licencia, e en calquer caso, antes da concesión da mencionada licencia. Deberá achegar tamén a pertinencia da declaración de especial interés ou utilidade municipal, aportando orzamento desglosado das construccións, instalacións e obras para as que se solicita a declaración do seu especial interés ou utilidade municipal e xustificantes de estar ó corrente no pago de tributos con esta administración. Dita declaración deberá ser apreciada polo Pleno da Corporación, polo voto da maioría simple dos seus membros.
Se declaran de especial interés ou utilidad municipal, aos efectos do disfrute da bonificación a que se refire o párrafo anterior, a título enunciativo non exhaustivo ou exclusivo, as construccións, instalacións ou obras que se detallan a continuación:
- Construcción, obra ou instalación de invernaderos, cando conleve algún tipo de estructura portante: Bonificación do 95%.
Apartado 3.
1.-Dacordo co previsto no artigo 103.2. a) do TRLRHL, o Pleno da Corporación poderá conceder unha bonificación de ata o 95 por 100 sobre a cota tributaria en favor das construccións, instalacións ou obras destinadas á realización de actividades industriais ou comerciais, cando as mesmas sexan declaradas en cada caso concreto de especial interés ou utilidade municipal polo devandito órgano, por concorrer circunstancias que poñan de manifesto a creación de emprego, debéndose cumprir os seguintes requisitos:
1.º) Creación de novos postos de traballo por parte do promotor ou titular do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos cinco anos, nin con calquer outra empresa pertencente ao mesmo grupo empresarial, segundo definición dada polo artigo 42 do Código de Comercio.
2.º) Que o 25% dos novos contratos ha de ser de carácter indefinido. Cando resulte un número de contratos indefinidos non enteiro, redondearáse ao enteiro superior.
3.º) Que, ao menos 1/3 dos novos contratos sexa con traballadores en situación de desemprego inscritos na Oficina de Emprego asignada a este municipio de Arteixo. Cando resulte un número de contratos non enteiro, redondearáse ao enteiro superior.
Acreditado o cumprimento destes requisitos, a porcentaxe de bonificación determinarase en función do número de novos postos de traballo creados, de acordo co seguinte cadro:
POSTOS DE TRABALLO DE NOVA CREACIÓN |
%BONIFICACIÓN |
DE 1 A 10 |
50% |
DE 11 A 20 |
75% |
DE 21 A 35 |
80% |
DE 36 A 50 |
85% |
MÁIS DE 50 |
95% |
2.-A bonificación regulada no apartado anterior será de carácter rogado, debendo presentar o suxeito pasivo a correspondente solicitude, e rexistrala segundo o disposto no artigo 16 da Lei 39/2015. Esta solicitude presentaráse no momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correpondente licencia, e en calquer caso, antes da concesión da mencionada licencia.
Coa solicitude de bonificación fiscal se adxuntará declaración xurada por parte do promotor ou titulado mercantil das obras, do cumprimento dos tres requisitos que se describen no apartado 1 anterior, e declaración xurada do número de postos de traballo de nova creación, traballadores que van a ser contratados cando se rematen as obras e/ou cando se inicie a actividade. Aportará orzamento desglosado das construccións, instalacións e obras para as que se solicita declración de especial interés ou utilidade municipal por concorrer circunstancias que poñan de manifesto a creación de emprego. Dita declaración deberá ser apreciada polo Pleno da Corporación, polo voto da maioría simple dos seus membros.
En todo caso, a bonificación concederáse baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse a xustificación de cumprimento dos requisitos exixidos, no prazo de seis meses desde o remate das obras e/ou inicio da actividade, quederá sen efecto a bonificación que se conceda.
3.-As construcións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a licenza municipal -sempre e cando sexa preceptiva-, ou presentado a declaración responsable ou comunicación previa, no seu caso, non poderán acollerse aos beneficios fiscais previstos neste artigo.
Apartado 4.-O importe conxunto de todas as bonificacións non poderá superar o 95% da cota íntegra do imposto.
Artigo 8.-Retribución.
O imposto retribuirase no momento de comenza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 9.-Normas de xestión.
1. O imposto esixirase en réxime de autoliquidación, estando obrigados os suxeitos pasivos a practicar dita autoliquidación no impreso habilitado ó efecto pola Administración municipal, e a abonala, en calquera entidade colaboradora autorizada, previamente á retirada da licencia concedida e, en todo caso, dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento en que se inicie a construcción, instalación ou obra, incluso cando non se tivera solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor de aqueles.
2. O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construcción, instalación ou obra. Á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa a estas construccións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas así coma do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible estimada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións que sexan aplicables, de acordo co establecido na normativa reguladora ó respecto.
3. Cando se modifique o proxecto da construcción, instalación ou obra e tivera un incremento no orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferencia entre o orzamento inicial e o modificado, segundo os Anexo I ou II desta Ordenanza, con suxeición ós prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
4. Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
Artigo 10.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e de sancións, será aplicabel, segundo dispón o artigo 11 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a regulación contida nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polas disposicións que as desenvolvan.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 30 de novembro de 1989.
Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de data 22 de outubro de 1991, 22 de agosto de 1996, 26 de setembro de 2002, 28 de outubro de 2004 e 28 de setembro de 2006 e 4 de setembro de 2008, e 28 de maio de 2009.
A última modificación, Pleno de 9 de abril de 2019, entrará en vigor e comenzaráse a aplicar a partir do día 1 de xaneiro de 2020, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.
A presente modificación, Pleno de 30 de abril de 2019, entra en vigor e comenzaráse a aplicar a partir do día seguinte á súa publicación no BOP permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.
ANEXO I
ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.
2.1. DEFINICIÓNS.
Mb.-Módulo Básico.
Cg.-Coeficiente xeográfico.
Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.
S.-Superficie total construída, en m2
Si.-Superficie construída por uso de acordo co destino predominante da mesma.
Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.
Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.
PM b.-Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.
PEM.-Presuposto de Execución Material do proxecto.
2.2. VALORES DE APLICACIÓN.
2.2.1. Módulo básico: Mb.
Establece un prezo en euros por cada m2 de edificación en función dos datos coñecidos tanto de carácter oficial, Precio Básico Nacional, Módulos Ponderados, índices de prezos ó consumo e do custo da vivenda, actualizacións catastrais, cadro de prezos oficiais de organismos públicos (IGVS), licitacións e adxudicacións de obras oficiais,como de carácter xeral procedentes do mercado da construcción e do mercado inmobiliario.
O seu valor será fixado e actualizado periodicamente por acordo da Xunta de Goberno.
2.2.2. Coeficiente Xeográfico: Cg.
Establécese un coeficiente corrector por situación xeográfica de acordo ó reparto das áreas xeográficas establecidas no Decreto 345/1998 publicado no Diario Oficial de Galicia de 4 de Decembro de 1998, que modifica a inserción dos municipios da Comunidade Autónoma nas áreas vixentes ata esa data (circular colexial número 107/98).
Coeficiente Xeográfico para a Área 1: Cg = 1
Coeficiente Xeográfico para a Área 2: Cg = 0,9
Municipios integrados na área 1: Arteixo.
2.2.3. Superficie construída por uso: si.
Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal como se especifica no apartado 1.1.1.
2.2.4. Coeficiente tipoloxías: Ct.
Ct.-Tipo edificatorio
1. En edificacións de nova planta e adicións.
1,20. Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sotos a partir do 3.º .
1,10. Agrupación en fila ou ringleira. Sotos 1.º e 2.º.
1,00. Edificio en mazá pechada. Edificación aberta vivenda colectiva.
2. En obras de reforma e rehabilitación.
1,20. Rehabilitación total incluíndo o desmontaxe de fachadas.
1,00. Adecuación interior de plantas baixas e entreplantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
0,65. Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura existente.
0,50. Reformas de elementos estructurais.
0,35. Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpintería e cerramentos (aplicada á superficie de fachada).
0,30. Reformas de pouca entidade que no afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).
0,02. Demolicións e derribos (aplicada á superficie total das plantas que se derruban).*
* Coeficiente de uso Cu = 1
Coeficientes de usos: Cu
1. Edificación.
Cu.-Usos da edificación.
1,60. Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.
1,50. Hospitais. Laboratorios. Igrexas.
1,40. Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.
1,30. Clubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.
1,20. Casas da Cultura. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3.ª idade.
Apartahoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.
1,10. Vivenda. Hoteis de 2*. Residencias universitarias. Moteis.
1,00. Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis de 1*.
Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Estacións de Autobuses.
Salas de exposicións. Piscinas cubertas.
0,90. Bares. Mercados.
0,80. Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows.
Servicios campings.
0,65. Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais, industria escaparate.
0,50. Piscinas descubertas. Cemiterios.
0,40. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio.
0,35. Trasteiros. Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Porches e terrazas abertas.
0,30. Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves.
Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).
0,15. Acondicionamento de naves con obras mínimas
0,10. Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings. **
0,05. Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores.
Acondicionamento de terreos**
** Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1
2.3. OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PM b.
O valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custo de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cubre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.
O custo da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construída para cada uso, de acordo cás seguintes fórmulas:
2.3.1. Módulo de construcción:
O módulo de construcción Mc obtense pola seguinte fórmula:
Mc = Mb x Cg x Ct x Cu
Sendo:
Mc = Módulo de construcción.
Mb = Módulo básico.
Cg = Coeficiente xeográfico.
Ct = Coeficiente de tipoloxía.
Cu = Coeficiente de uso.
Nos casos nos que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplicar a media entre os que máis se asemellen.
2.3.2. Presuposto de execución material segundo módulos básicos: PM b
O Presuposto de execución material segundo módulos básicos, PMb, obtense pola seguinte fórmula:
PM b = S S (Mci x Si)
Sendo:
PM b = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.
Mci = Módulo de construcción de acordo co destino predominante da superficie.
Si = Superficie construída por cada uso parcial de acordo co destino predominante da mesma.
ANEXO II
1. PECHAMENTO DE FINCAS.
Basamento cego de bloque cara vista ou revestido (H. de 0,90 m. máx. 1,30m) |
|
35,30 €/m |
Basamento cego de pedra, mampostería |
Cachote/mampostería |
100,05 €/m |
|
Taco de Santiago o sillares |
148,50 €/m |
|
Perpiaño |
105,35 €/m |
Basamento cego de formigón |
|
74,15 €/m |
Celosía |
Metálica |
108,40 €/m |
|
Prefabricada |
21,30 €/m |
|
De pedra serrada |
56,70 €/m |
|
De rede plastificada |
22,45 €/m |
Cerramento de postes e rede |
Con zapata |
38,00 €/m |
|
Con zapata e un bloque |
41,55 €/m |
|
Sen zapata |
25,35 €/m |
Muro de bloque con colindantes (até 2,50 m.) |
|
57,10 €/m |
Postes e arame exclusivamente |
|
15,50 €/m |
Muros de contención de formigón armado (espesor até 30 cm.) |
|
206,75 €/m2 |
2.-DEMOLICIÓNS.
Demolición de tabiquería interior |
5,90 €/m2 |
Demolición taboado forxado de madeira |
15,85 €/m2 |
Desmontaxe de cuberta tella, pizarra ou fibrocemento |
7,20 €/m2 |
Desmontaxe de entramado de cuberta |
18,00 €/m2 |
Picado de azulexados ou aplacados |
8,10 €/m2 |
Demolición de pavimento baldosa, cerámico ou madeira |
7,51 €/m2 |
Picado de enfoscados verticais ou horizontais |
10,02 €/m2 |
Levantado mobilario cociña |
20,15 €/m2 |
Levantado sanitarios baño/aseo |
43,75 €/baño |
Desmontaxe instalación eléctrica, fontanería ou saneamento/vivenda |
143,30 € |
3.-CUBERTAS.
Cubrición con tella |
19,20 €/m2 |
Cubrición con pizarra |
25,85 €/m2 |
Cubrición con fibrocemento |
18,15 €/m2 |
Cubrición con fibrocemento e tella |
37,35 €/m2 |
Cubrición con materiais metálicos |
24,75 €/m2 |
Substitución de viguetas de formigón |
16,80 €/m2 |
Baixante de PVC ou outros |
29,85 €/m2 |
Canalón de PVC ou outros |
32,65 €/m2 |
Ventá tipo velux para cubertas |
285,40 €/m2 |
4.-REMATES DE FACHADA.
Pintura impermeable en fachadas a duas mans |
15,90 €/m2 |
Recebado e pintado en paramentos exteriores ou interiores |
33,30 €/m2 |
Revocadura con morteiro monocapa |
20,50 €/m2 |
Chapado das fachadas con material pétreo |
91,90 €/m2 |
Chapados das fachadas con aplacado de pizarra |
26,10 €/m2 |
Rexuntado con morteiro de cemento de fábrica de mampostería |
24,55 €/m2 |
Limpeza de fachadas con area ou auga a presión |
15,90 €/m2 |
Verteaugas de pedra |
142,15 €/m |
Xamba ou lintel de pedra |
75,80 €/m |
Enfoscados verticais ou horizontais |
17,40 €/m2 |
5.-CARPINTERÍA EXTERIOR (INCLUSO ACRISTALAMENTO).
Pintura e/ou restauración de carpintería exterior |
17,05 €/m2 |
Substitución ou colocación de carpintería de madeira |
178,42 €/m2 |
Substitución ou colocación de carpintería de aluminio ou PVC |
195,85 €/m2 |
Portal de aluminio ou PVC |
960,40 ud |
Apertura de ocos para colocación de ventás |
77,00 €/m2 |
6.-REMATES INTERIORES.
Porta de entrada a vivenda de madeira maciza e/ou seguridade |
653,50 €/ud |
Porta de paso aglomerado rechazado |
177,15 €/ud |
Varanda de madeira |
106,35 €/m |
Varanda escaleira/balcón aceiro |
178,60 €/m |
Pavimento cerámico ou sintético |
34,85 €/m2 |
Pavimento de madeira |
54,90 €/m2 |
Azulexar o azulexo cerámico |
26,75 €/m2 |
División interior de ladrillo totalmente acabada polas dúas caras |
42,90 €/m2 |
Falso teito de escaiola lisa |
12,35 €/m2 |
Fábrica de bloque cara vista cor ou branco |
43,20 €/m2 |
Persiana PVC |
115,30 €/m2 |
Toldo de tea con brazos abatibles |
589,75 €/m2 |
7.-OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIÓNS HIXIÉNICO-SANITARIAS E DE HABITABILIDADE.
Instalación saneamento |
Baño completo |
130,75 €/ud |
|
Cociña completa |
152,00 €/ud |
Instalación de fontanería |
Baño completo |
321,80 €/ud |
|
Cociña completa |
316,55 €/ud |
Substitución de baño calidade media (Pezas, chan e azulexado) |
De 2,00 a 2,50 m2 |
1.998,80 €/ud |
|
De 2,50 a 4,00 m2 |
2.728,30 €/ud |
|
De 4,00 a 6,00 m2 |
3.301,65 €/ud |
|
Maior de 6,00 m2 |
3.937,10 €/ud |
Mellora e/ou substitución inst. eléctr. Vivenda calidade media |
|
2.887,50 €/ud |
Arqueta de rexistro |
|
137,85 €/ud |
Tubo de formigón |
|
5,20 €/m |
Fosa séptica (para 5 persoas) |
|
533,15 €/ud |
Quentador de auga, por cada 100 litros |
|
390,45 € |
Depósito de auga, por cada metro cúbico de capacidade |
|
317,75 € |
8.-VARIOS - URBANIZACIÓN - XARDINERÍA.
Roza e limpeza de terreo |
Medios manuais |
6,10 €/m2 |
|
Medios mecánicos |
0,50 €/m2 |
Corta e descoutado de árbores (porte medio) |
|
51,70 €/ud |
Recheo, extendido e compactado de terras medios mecánicos |
|
4,10 €/m3 |
Escavación e provisión de terra medios mecánicos |
|
0,80 €/m3 |
Transporte de terras a vertedoiro (até 10 km) |
|
1,90 €/m3 |
Soleira de formigón e encachado de pedra(até 20 cm. de espesor) |
|
22,90 €/m2 |
Formación de beirarrúas con baldosas de formigón e bardo |
|
30,20 €/m2 |
Impermeabilización |
Lámina de PVC |
14,35 €/m2 |
|
Lámina bituminosa |
8,85 €/m2 |
|
Emulsión bituminosa |
5,15 €/m2 |
No suposto de que unha construcción, instalación ou obra non atope un encadre directo nas anteriores tipificadas, aplicaráselle o prezo medio que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo ou na base de datos da construcción de Galiza aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galiza.