Arteixo - Ordenanza fiscal nº 4, reguladora do imposto sobre construccións, instalacions e obras

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/01/2022 BOP Nº: 19
Aplicable dende: 31/01/2022

Artigo 1. Fundamento e réxime.

1. No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2. Feito imponible.

1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a mesma, sempre que a súa expedición competa a este Concello.

2. Son actos suxeitos a previa licencia, sen prexuízo das demais autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ó caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:

a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

d) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

e) Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.

f) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.

g) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.

h) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.

i) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.

j) As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

k) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

l) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.

m) A instalación de invernadoiros.

n) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

o) Os cerramentos e valados de predios.

p) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.

q) Aliñacións e rasantes.

r) Obras de fontanería e sumidoiros.

s) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc..., de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.

t) Obras nos cemiterios.

u) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.

Artigo 3. Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se fagan as construccións, instalacións ou obras, sempre que sexan os donos das obras. Noutro caso, considerarase contribuínte ó que ostente a condición de dono da obra.

2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións e obras, se non fosen os propios contribuíntes.

Artigo 4. Exencións.

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Provincia de A Coruña, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos dependentes dos mesmos, tanto se trate de obras de investimento coma de conservación.

Artigo 5. Base imponible.

1. base impoñible do imposto está constituída polo coste real e efectivo da construcción, instalación u obra e se entende por tal, a estes efectos, o coste de execución material de aquela.

Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Añadido e demáis impostos análogos propios de rexímenes especiales, as tasas, precios públicos, e demáis prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o coste de execución material.

2. Para o cálculo da base impoñible a determinar na autoliquidación, non se terá en conta o presuposto presentado polos interesados, senón que será determinada polo Departamento de Urbanismo tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Manual de Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na sesión 13/2000 de 15 de decembro, para obras de nova planta, reforma, rehabilitación ou grande reparación, e o Anexo II (Base de Datos da Construcción de Galicia aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia) para as restantes construccións, instalacións ou obras.

3. Anualmente actualizaráse de xeito automático o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza, segundo sexa aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O mesmo resultará de aplicación ós módulos de valoración das obras menores contido no Anexo II (aprobación do Instituto Tecnolóxico de Galicia).

Artigo 6. Cota tributaria integra e líquida

1. A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible. O tipo de gravame queda fixado no 3,1 por cento.

2. A cota tributaria líquida será o resultado de practicar, no seu caso, sobre da cota tributaria íntegra, a bonificación prevista no artigo seguinte, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.

Artigo 7. Bonificacións

Apartado 1. Establécense as bonificacións establecidas no seguinte cadro:

A) Construccións, instalacións ou obras declarables de especial interés ou utilidade municipal

Porcentaxe de bonificación

a) Construccións, instalacións e obras declaradas de especial interés ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, que xustifiquen tal declaración

95%

b) Edificios histórico-artísticos catalogados como tales no Plano xeral de ordenación urbana

70%

Apartado 2. As bonificacións establecidas no apartado A) do número anterior serán de natureza regrada e terán carácter rogado, debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante este Concello, e rexistrala segundo o desposto no artigo 16 da Lei 39/2015. Esta solicitude presentaráse no momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licencia, e en calquer caso, antes da concesión da mencionada licencia. Deberá achegar tamén a pertinencia da declaración de especial interés ou utilidade municipal, aportando mermoria e orzamento desglosado das construccións, instalacións e obras para as que se solicita a declaración do seu especial interés ou utilidade municipal e xustificantes de estar ó corrente no pago de tributos coa facenda estatal, autonómica e local e coa seguridade social. Dita declaración deberá ser apreciada polo Pleno da Corporación, polo voto da maioría simple dos seus membros.

Se declara de especial interés ou utilidade municipal, aos efectos do disfrute da bonificación a que se refire o párrafo anterior, a título enunciativo non exhaustivo ou exclusivo, as construcción, instalacións ou obras que se detallan a continuación:

- Construcción, obra ou instalación de invernaderos, cando conleve algún tipo de estructura portante: bonificación do 95%.

Apartado 3.

1.- Dacordo co previsto no artigo 103.2. a) do TRLRHL, establécese unha bonificación a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración a xuízo do Pleno da Corporación por voto da maioría simple dos seus membros, previa solicitude do interesado.

2.- A bonificación por fomento de emprego será de carácter rogado, debendo presentar o suxeito pasivo a correspondente solicitude, e rexistrala segundo o disposto no artigo 16 da Lei 39/2015. Esta solicitude presentaráse no momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correpondente licencia, e en calquer caso, antes da concesión da mencionada licencia.

Concorren circunstancias de fomento de emprego cando a realización das construcións, instalacións ou obras dan lugar a implantación dunha nova actividade económica ou a nova construción ou ampliación das instalacións, e impliquen creación de emprego. O resultado da construción, instalación ou obra constituirá o centro de traballo no que se adoptan as medidas de fomento do emprego. O Pleno declarará, se procede, o especial interese ou utilidade municipal en base á memoria presentada polo solicitante e ao informe do departamento municipal con competencias en materia de Emprego, e concederá o beneficio fiscal, fixando a porcentaxe a aplicar e condicionado á comprobación posterior do cumprimento dos requisitos esixidos.

3. O solicitante, que en todo caso debe ser o dono da obra ou o titular da actividade económica, debe presentar xunto coa solicitude:

- Xustificante de estar ao corrente no pago coa facenda estatal, autonómica, e nas cotas correspondentes á Seguridade Social.

- Memoria xustificativa sobre a actividade económica de nova creación ou de ampliación de instalacións, na que conste número de novos postos de traballo creados, categoría profesional, modalidade e duración da contratación.

- Declaración responsable do cumprimento dos 3 requisitos que se describen a continuación:

1º) Creación de novos postos de traballo por parte do promotor ou titular do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos 12 meses anteriores á data de contratación, nin con calquer outra empresa pertencente ao mesmo grupo empresarial, segundo definición dada polo artigo 42 do Código de Comercio. As persoas contratadas poderán proceder do alumnado participante na modalidade de formación profesional dual que nos últimos doce meses anteriores á data de contratación tivese algunha vinculación ca empresa, ben como bolseiro ou mediante un contrato de formación e aprendizaxe.

2º) As contratacións deberán ser indefinidas e a xornada completa.

3º) Que, ao menos 1/3 dos novos contratos sexa con traballadores en situación de desemprego inscritos no SPEG e empadroados en Arteixo. Cando resulte un número de contratos non enteiro, redondearáse ao enteiro superior.

Acreditado o cumprimento destes requisitos, a porcentaxe de bonificación determinaráse en función do número de novos postos de traballo creados , dacordo co seguinte cadro:

NºPOSTOS DE TRABALLO DE NOVA CREACION

%BONIFICACION

DE 1 A 10

50%

DE 11 A 20

75%

DE 21 A 35

80%

DE 36 A 50

85%

MÁIS DE 50

95%

4.- Aos efectos deste beneficio fiscal:

a.- Considéranse actividades económicas obxecto desta bonificación, as actividades industriais ou comerciais previstas nas correspondentes Seccións do IAE.

b.- Enténdese que se implanta unha nova actividade económica cando se procede a ordenación por conta propia de medios de produción e/ou recursos humanos, sendo a súa finalidade a de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos. Non se considera nova actividade económica cando se exercera anteriormente baixo outra titularidade. A actividade exerceuse anteriormente baixo outra titularidade, entre outros, nos supostos de fusión, escisión ou aportación de ramas de actividade, así coma nos casos de constitución de sociedades para o desenvolvemento de actividades exercidas a título individual por un ou varios socios que ostenten o control das mesmas.

Tampouco se considerarán supostos de nova actividade económica: .

1 Cando a alta corresponda a unha transformación da forma xurídica da titularidade da actividade. .

2 Cando a alta responda a un cambio de epígrafe por imperativo legal ou para subsanar unha errónea cualificación anterior.

.3 Cando a alta se refira a un novo local dunha actividade que previamente se desenvolvía polo mesmo titular. .

4 Cando a alta estivera precedida dunha baixa de actividade e suxeito pasivo, nun período de 5 anos.

c.- Enténdese que hai unha nova construción ou ampliación de instalacións cando conste a autorización municipal que proceda para a súa realización.

d.-Enténdese que existe creación de emprego cando se constate un incremento de persoal como consecuencia do inicio da actividade ou da ampliación das instalacións. En sentido contrario, non existe creación de emprego cando non hai incremento neto de persoal no conxunto dos centros de traballo radicados no municipio de Arteixo

5.- Comprobación posterior do cumprimento dos requisitos: O Concello deberá comprobar, no exercicio seguinte ao inicio da actividade e, en todo caso, antes do período de prescrición do dereito a liquidar, o cumprimento efectivo das condicións de goce do beneficio e, de ser o caso, regularizará a situación tributaria.

Para a correcta comprobación do cumprimento dos requisitos o interesado deberá achegar a seguinte documentación

.- Certificados de estar ao corrente coa Facenda estatal, autonómica e coa Seguridade Social.

.- Identificación da comunicación previa de inicio de actividade ou solicitude do título habilitante para o exercicio da mesma no Concello de Arteixo.

.- Informe de vida laboral das contas de cotización dende o inicio ou ampliación da actividade.

.- Relación dos traballadores contratados con expresión do seu nome e apelidos, NIF, nº de afiliación á seguridade social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.

.- Relacións nominais de traballadores -RNT- e recibos de liquidación das cotizacións -RLC-

.- Copia dos contratos de traballo dos empregos contratados.

.- No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o periodo de proba.

.- Certificación de períodos de inscrición da oficina do Servizo Galego de Colocación no que estivera inscrita

- Informe de vida laboral relativo os doce meses anteriores á data da contratación

6. En todo caso, a bonificación concederáse baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse a xustificación de cumprimento dos requisitos,quedará sen efecto a bonificación que se conceda, procedendo á regularización tributaria.

7.-As construcións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a licenza municipal -sempre e cando sexa preceptiva-, ou presentado a declaración responsable ou comunicación previa, no seu caso, non poderán acollerse aos beneficios fiscais previstos neste artigo.

Apartado 4. O importe conxunto de todas as bonificacións non poderá superar o 95% da cota íntegra do imposto.

Artigo 8. Retribución

O imposto retribuirase no momento de comenza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 9. Normas de xestión

1. O imposto esixirase en réxime de autoliquidación, estando obrigados os suxeitos pasivos a practicar dita autoliquidación no impreso habilitado ó efecto pola Administración municipal, e a abonala, en calquera entidade colaboradora autorizada, previamente á retirada da licencia concedida e, en todo caso, dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento en que se inicie a construcción, instalación ou obra, incluso cando non se tivera solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor de aqueles.

2. O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construcción, instalación ou obra. Á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa a estas construccións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas así coma do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible estimada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións que sexan aplicables, de acordo co establecido na normativa reguladora ó respecto.

3. Cando se modifique o proxecto da construcción, instalación ou obra e tivera un incremento no orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferencia entre o orzamento inicial e o modificado, segundo os Anexo I ou II desta Ordenanza, con suxeición ós prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.

4. Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.

Artigo 10. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e de sancións, será aplicabel, segundo dispón o artigo 11 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a regulación contida nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e polas disposicións que as desenvolvan.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 30 de novembro de 1989.

Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de data 22 de outubro de 1991, 22 de agosto de 1996, 26 de setembro de 2002, 28 de outubro de 2004 e 28 de setembro de 2006 e 4 de setembro de 2008, e28 de maio de 2009 e 9 de abril de 2019.

A presente modificación, Pleno de , entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.

ANEXOS

ANEXO I

ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

2.1. DEFINICIÓNS

Mb.-Módulo Básico.

Cg.-Coeficiente xeográfico.

Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.

S.-Superficie total construída, en m2

Si.-Superficie construída por uso de acordo co destino predominante da mesma.

Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.

Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.

PM b.-Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

PEM.-Presuposto de Execución Material do proxecto.

2.2. VALORES DE APLICACIÓN.

2.2.1. Módulo básico: Mb.

Establece un prezo en euros por cada m2 de edificación en función dos datos coñecidos tanto de carácter oficial, Precio Básico Nacional, Módulos Ponderados, índices de prezos ó consumo e do custo da vivenda, actualizacións catastrais, cadro de prezos oficiais de organismos públicos (IGVS), licitacións e adxudicacións de obras oficiais,como de carácter xeral procedentes do mercado da construcción e do mercado inmobiliario.

O seu valor será fixado e actualizado periodicamente por acordo da Xunta de Goberno.

2.2.2. Coeficiente Xeográfico: Cg.

Establécese un coeficiente corrector por situación xeográfica de acordo ó reparto das áreas xeográficas establecidas no Decreto 345/1998 publicado no Diario Oficial de Galicia de 4 de Decembro de 1998, que modifica a inserción dos municipios da Comunidade Autónoma nas áreas vixentes ata esa data (circular colexial número 107/98).

Coeficiente Xeográfico para a Área 1: Cg = 1

Coeficiente Xeográfico para a Área 2: Cg = 0,9

Municipios integrados na área 1: Arteixo.

2.2.3. Superficie construida por uso: Si

Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal como se especifica no apartado 1.1.1.

2.2.4. Coeficiente tipoloxías: Ct.

Ct.-Tipo edificatorio

1. En edificacións de nova planta e adicións.

1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sotos a partir do 3º .

1,10 Agrupación en fila ou ringleira. Sotos 1º e 2º .

1,00 Edificio en mazá pechada. Edificación aberta vivenda colectiva.

2. En obras de reforma e rehabilitación.

1,20 Rehabilitación total incluíndo o desmontaxe de fachadas.

1,00 Adecuación interior de plantas baixas e entreplantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.

0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura existente.

0,50 Reformas de elementos estructurais.

0,35 Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpintería e cerramentos (aplicada á superficie de fachada).

0,30 Reformas de pouca entidade que no afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).

0,02 Demolicións e derribos

(aplicada á superficie total das plantas que se derruban).*
* Coeficiente de uso Cu = 1

Coeficientes de usos: Cu

1. Edificación

Cu.-Usos da edificación.

1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.

1,50 Hospitais. Laboratorios. Igrexas.

1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.

1,30 Clubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.

1,20 Casas da Cultura. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3ª idade.

Apartahoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.

1,10 Vivenda. Hoteis de 2*. Residencias universitarias. Moteis.

1,00 Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis de 1*.

Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Estacións de Autobuses.

Salas de exposicións. Piscinas cubertas.

0,90 Bares. Mercados.

0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servicios campings.

0,65 Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais, industria escaparate.

0,50 Piscinas descubertas. Cemiterios.

0,40 Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio.

0,35 Trasteiros. Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Porches e terrazas abertas.

0,30 Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).

0,15 Acondicionamento de naves con obras mínimas

0,10 Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings. **

0,05 Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores.

Acondicionamento de terreos**

** Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1

2.3. OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PM b.

O valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custo de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cubre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.

O custo da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construída para cada uso, de acordo cás seguintes fórmulas:

2.3.1. Módulo de construcción:

O módulo de construcción Mc obtense pola seguinte fórmula:

Mc = Mb x Cg x Ct x Cu

Sendo:

Mc = Módulo de construcción.

Mb = Módulo básico.

Cg = Coeficiente xeográfico.

Ct = Coeficiente de tipoloxía.

Cu = Coeficiente de uso.

Nos casos nos que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplicar a media entre os que máis se asemellen.

2.3.2. Presuposto de execución material segundo módulos básicos: PM b

O Presuposto de execución material segundo módulos básicos, PMb, obtense pola seguinte fórmula:

PM b = S S (Mci x Si)

Sendo:

PM b = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

Mci = Módulo de construcción de acordo co destino predominante da superficie.

Si = Superficie construída por cada uso parcial de acordo co destino predominante da mesma.

ANEXO II

1. PECHAMENTO DE FINCAS

Basamento cego de bloque cara vista ou revestido (H. de 0,90 m. máx. 1,30m)

35,30 €/m

Basamento cego de pedra, mampostería

Cachote/mampostería

100,05 €/m

Taco de Santiago o sillares

148,50 €/m

Perpiaño

105,35 €/m

Basamento cego de formigón

74,15 €/m

Celosía

Metálica

108,40 €/m

Prefabricada

21,30 €/m

De pedra serrada

56,70 €/m

De rede plastificada

22,45 €/m

Cerramento de postes e rede

Con zapata

38,00 €/m

Con zapata e un bloque

41,55 €/m

Sen zapata

25,35 €/m

Muro de bloque con colindantes (até 2,50 m.)

57,10 €/m

Postes e arame exclusivamente

15,50 €/m

Muros de contención de formigón armado (espesor até 30 cm.)

206,75 €/m2

2- DEMOLICIÓNS

Demolición de tabiquería interior

5,90 €/m2

Demolición taboado forxado de madeira

15,85 €/m2

Desmontaxe de cuberta tella, pizarra ou fibrocemento

7,20 €/m2

Desmontaxe de entramado de cuberta

18,00 €/m2

Picado de azulexados ou aplacados

8,10 €/m2

Demolición de pavimento baldosa, cerámico ou madeira

7,51 €/m2

Picado de enfoscados verticais ou horizontais

10,02 €/m2

Levantado mobilario cociña

20,15 €/m2

Levantado sanitarios baño/aseo

43,75 €/baño

Desmontaxe instalación eléctrica, fontanería ou saneamento/vivenda

143,30 €

3- CUBERTAS

Cubrición con tella

19,20 €/m2

Cubrición con pizarra

25,85 €/m2

Cubrición con fibrocemento

18,15 €/m2

Cubrición con fibrocemento e tella

37,35 €/m2

Cubrición con materiais metálicos

24,75 €/m2

Substitución de viguetas de formigón

16,80 €/m2

Baixante de PVC ou outros

29,85 €/m2

Canalón de PVC ou outros

32,65 €/m2

Ventá tipo velux para cubertas

285,40 €/m2

4.- REMATES DE FACHADA

Pintura impermeable en fachadas a duas mans

15,90 €/m2

Recebado e pintado en paramentos exteriores ou interiores

33,30 €/m2

Revocadura con morteiro monocapa

20,50 €/m2

Chapado das fachadas con material pétreo

91,90 €/m2

Chapados das fachadas con aplacado de pizarra

26,10 €/m2

Rexuntado con morteiro de cemento de fábrica de mampostería

24,55 €/m2

Limpeza de fachadas con area ou auga a presión

15,90 €/m2

Verteaugas de pedra

142,15 €/m

Xamba ou lintel de pedra

75,80 €/m

Enfoscados verticais ou horizontais

17,40 €/m2

5.- CARPINTERÍA EXTERIOR (INCLUSO ACRISTALAMENTO)

Pintura e/ou restauración de carpintería exterior

17,05 €/m2

Substitución ou colocación de carpintería de madeira

178,42 €/m2

Substitución ou colocación de carpintería de aluminio ou PVC

195,85 €/m2

Portal de aluminio ou PVC

960,40 ud

Apertura de ocos para colocación de ventás

77,00 €/m2

6.- REMATES INTERIORES

Porta de entrada a vivenda de madeira maciza e/ou seguridade

653,50 €/ud

Porta de paso aglomerado rechazado

177,15 €/ud

Varanda de madeira

106,35 €/m

Varanda escaleira/balcón aceiro

178,60 €/m

Pavimento cerámico ou sintético

34,85 €/m2

Pavimento de madeira

54,90 €/m2

Azulexar o azulexo cerámico

26,75 €/m2

División interior de ladrillo totalmente acabada polas dúas caras

42,90 €/m2

Falso teito de escaiola lisa

12,35 €/m2

Fábrica de bloque cara vista cor ou branco

43,20 €/m2

Persiana PVC

115,30 €/m2

Toldo de tea con brazos abatibles

589,75 €/m2

7.- OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIÓNS HIXIÉNICO-SANITARIAS E DE HABITABILIDADE

Instalación saneamento

Baño completo

130,75 €/ud

Cociña completa

152,00 €/ud

Instalación de fontanería

Baño completo

321,80 €/ud

Cociña completa

316,55 €/ud

Substitución de baño calidade media

(Pezas, chan e azulexado)

De 2,00 a 2,50 m2

1.998,80 €/ud

De 2,50 a 4,00 m2

2.728,30 €/ud

De 4,00 a 6,00 m2

3.301,65 €/ud

Maior de 6,00 m2

3.937,10 €/ud

Mellora e/ou substitución inst. eléctr. Vivenda calidade media

2.887,50 €/ud

Arqueta de rexistro

137,85 €/ud

Tubo de formigón

5,20 €/m

Fosa séptica (para 5 persoas)

533,15 €/ud

Quentador de auga, por cada 100 litros

390,45 €

Depósito de auga, por cada metro cúbico de capacidade

317,75 €

8.- VARIOS - URBANIZACIÓN - XARDINERÍA

Roza e limpeza de terreo

Medios manuais

6,10 €/m2

Medios mecánicos

0,50 €/m2

Corta e descoutado de árbores (porte medio)

51,70 €/ud

Recheo, extendido e compactado de terras medios mecánicos

4,10 €/m3

Escavación e provisión de terra medios mecánicos

0,80 €/m3

Transporte de terras a vertedoiro (até 10 km)

1,90 €/m3

Soleira de formigón e encachado de pedra(até 20 cm. de espesor)

22,90 €/m2

Formación de beirarrúas con baldosas de formigón e bardo

30,20 €/m2

Impermeabilización

Lámina de PVC

14,35 €/m2

Lámina bituminosa

8,85 €/m2

Emulsión bituminosa

5,15 €/m2

· No suposto de que unha construcción, instalación ou obra non atope un encadre directo nas anteriores tipificadas, aplicaráselle o prezo medio que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo ou na base de datos da construcción de Galiza aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galiza.