Arteixo - Ordenanza fiscal nº 4, reguladora do imposto sobre construccións, instalacions e obras
Artigo 1. Fundamento e réxime.
7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no
artigo 59.2 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o
Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do R.D. lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora
das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na
presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2. Feito imponible
1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a mesma, sempre que a súa expedición competa a este Concello.
2. Son actos suxeitos a previa licencia, sen prexuízo das demais autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ó caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
e) Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
f) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
g) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.
h) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
i) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
j) As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
k) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
l) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
m) A instalación de invernadoiros.
n) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
o) Os cerramentos e valados de predios.
p) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
q) Aliñacións e rasantes.
r) Obras de fontanería e sumidoiros.
s) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc..., de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.
t) Obras nos cemiterios.
u) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.
Artigo 3. Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de
contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire
o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, propietarios
dos inmobles sobre os que se fagan as construcións, instalacións ou obras,
sempre que sexan os donos das obras. Noutro caso, considerarase contribuínte ao
que ostente a condición de dono da obra.
Artigo 4. Exencións.
Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Provincia de A Coruña ou o Consorcio das Mariñas, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos dependentes dos mesmos, tanto se trate de obras de investimento coma de conservación.
Artigo 5. Base imponible.
1. A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, que coincide co presuposto de execución material e do que quedan excluídos, polo tanto, os gastos xerais, o beneficio industrial, os honorarios de redacción de proxecto e o Imposto sobre o Valor Engadido.
2. Para o cálculo da base impoñible a determinar na autoliquidación, non se terá en conta o presuposto presentado polos interesados, senón que será determinada polo Departamento de Urbanismo tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Manual de Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na sesión 13/2000 de 15 de decembro, para obras de nova planta, reforma, rehabilitación ou grande reparación, e o Anexo II (Base de Datos da Construcción de Galicia aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia) para as restantes construccións, instalacións ou obras.
3. Anualmente actualizarase de xeito automático o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza, segundo sexa aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O mesmo resultará de aplicación ós módulos de valoración das obras menores contidos no Anexo II (aprobación do Instituto Tecnolóxico de Galicia).
Artigo 6. Cota tributaria integra e líquida
1. A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible. O tipo de gravame queda fixado no 3,1 por cento.
2. A cota tributaria líquida será o resultado de practicar, no seu caso, sobre da cota tributaria íntegra, a bonificación prevista no artigo seguinte, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.
Artigo 7. Bonificacións
A) Construccións, instalacións ou obras declarables de especial interés ou utilidade municipal | Porcentaxe de bonificación |
a) Construccións, instalacións e obras declaradas de especial interés ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, que xustifiquen tal declaración | 95% |
b) Edificios histórico-artísticos catalogados como tales no Plano xeral de ordenación urbana | 70% |
B) Construccións, instalacións ou obras nas que se aproveite a enerxía solar | Porcentaxe de bonificacion |
a) Construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar | 90 % |
Artigo 8. Retribución
O imposto retribuirase no momento de comenza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 9. Normas de xestión
1. O imposto esixirase en réxime de autoliquidación, estando obrigados os suxeitos pasivos a practicar dita autoliquidación no impreso habilitado ó efecto pola Administración municipal, e a abonala, en calquera entidade colaboradora autorizada, previamente á retirada da licencia concedida e, en todo caso, dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento en que se inicie a construcción, instalación ou obra, incluso cando non se tivera solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor de aqueles.
2. O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construcción, instalación ou obra. Á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa a estas construccións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas así coma do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible estimada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións que sexan aplicables, de acordo co establecido na normativa reguladora ó respecto.
3. Cando se modifique o proxecto da construcción, instalación ou obra e tivera un incremento no orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferencia entre o orzamento inicial e o modificado, segundo os Anexo I ou II desta Ordenanza, con suxeición ós prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
4. Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
Artigo 10. Infraccións e sancións
Disposición final
ANEXO I
ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.
2.1. DEFINICIÓNS
Mb.-Módulo Básico.
Cg.-Coeficiente xeográfico.
Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.
S.-Superficie total construída, en m2
Si.-Superficie construída por uso de acordo co destino predominante da mesma.
Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.
Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.
PM b.-Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.
PEM.-Presuposto de Execución Material do proxecto.
2.2. VALORES DE APLICACIÓN.
2.2.1. Módulo básico: Mb.
Establece un prezo en euros por cada m2 de edificación en función dos datos coñecidos tanto de carácter oficial, Precio Básico Nacional, Módulos Ponderados, índices de prezos ó consumo e do custo da vivenda, actualizacións catastrais, cadro de prezos oficiais de organismos públicos (IGVS), licitacións e adxudicacións de obras oficiais,como de carácter xeral procedentes do mercado da construcción e do mercado inmobiliario.
O seu valor será fixado e actualizado periodicamente por acordo da Xunta de Goberno.
2.2.2. Coeficiente Xeográfico: Cg.
Establécese un coeficiente corrector por situación xeográfica de acordo ó reparto das áreas xeográficas establecidas no Decreto 345/1998 publicado no Diario Oficial de Galicia de
Coeficiente Xeográfico para a Área 1: Cg = 1
Coeficiente Xeográfico para a Área 2: Cg = 0,9
Municipios integrados na área 1: Arteixo.
2.2.3. Superficie construida por uso: Si
Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal como se especifica no apartado 1.1.1.
2.2.4. Coeficiente tipoloxías: Ct.
Ct.-Tipo edificatorio
1. En edificacións de nova planta e adicións.
Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sotos a partir do 3º .
Agrupación en fila ou ringleira. Sotos 1º e 2º .
Edificio en mazá pechada. Edificación aberta vivenda colectiva.
2. En obras de reforma e rehabilitación.
Rehabilitación total incluíndo o desmontaxe de fachadas.
Adecuación interior de plantas baixas e entreplantas. Rehabilitación integral
do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura
existente.
Reformas de elementos estructurais.
Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpintería e cerramentos
(aplicada á superficie de fachada).
Reformas de pouca entidade que no afecten a elementos estructurais nin a
instalacións (acabados interiores).
Demolicións e derribos
(aplicada á superficie total das plantas que se derruban).*
* Coeficiente de uso Cu = 1
1.2.5. Coeficientes de usos: Cu
1. Edificación
Cu.-Usos da edificación.
1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.
Hospitais. Laboratorios. Igrexas.
Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios
penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.
Clubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de
festas. Discotecas. Colexios con Residencia.
Casas da Cultura. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3ª idade.
Apartahoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.
Vivenda. Hoteis de 2*. Residencias universitarias. Moteis.
Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis de 1*.
Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Estacións de Autobuses.
Salas de exposicións. Piscinas cubertas.
0,90 Bares. Mercados.
0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows.
Servicios campings.
0,65 Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais,
industria escaparate.
Piscinas descubertas. Cemiterios.
Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio.
Trasteiros. Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Porches e
terrazas abertas.
Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves.
Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).
Acondicionamento de naves con obras mínimas
Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings. **
Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores.
Acondicionamento de terreos**
** Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1
2.3. OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PM b.
O valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custo de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cubre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.
O custo da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construída para cada uso, de acordo cás seguintes fórmulas:
2.3.1. Módulo de construcción:
O módulo de construcción Mc obtense pola seguinte fórmula:
Mc = Mb x Cg x Ct x Cu
Sendo:
Mc = Módulo de construcción.
Mb = Módulo básico.
Cg = Coeficiente xeográfico.
Ct = Coeficiente de tipoloxía.
Cu = Coeficiente de uso.
Nos casos nos que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplicar a media entre os que máis se asemellen.
2.3.2. Presuposto de execución material segundo módulos básicos: PM b
O Presuposto de execución material segundo módulos básicos, PMb, obtense pola seguinte fórmula:
PM b = S S (Mci x Si)
Sendo:
PM b = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.
Mci = Módulo de construcción de acordo co destino predominante da superficie.
Si = Superficie construída por cada uso parcial de acordo co destino predominante da
mesma.
ANEXO II
2- DEMOLICIÓNS | |
Demolición de tabiquería interior | 5,90 €/m2 |
Demolición taboado forxado de madeira | 15,85 €/m2 |
Desmontaxe de cuberta tella, pizarra ou fibrocemento | 7,20 €/m2 |
Desmontaxe de entramado de cuberta | 18,00 €/m2 |
Picado de azulexados ou aplacados | 8,10 €/m2 |
Demolición de pavimento baldosa, cerámico ou madeira | 7,51 €/m2 |
Picado de enfoscados verticais ou horizontais | 10,02 €/m2 |
Levantado mobilario cociña | 20,15 €/m2 |
Levantado sanitarios baño/aseo | 43,75 €/baño |
Desmontaxe instalación eléctrica, fontanería ou saneamento/vivenda | 143,30 € |
3- CUBERTAS | |
Cubrición con tella | 19,20 €/m2 |
Cubrición con pizarra | 25,85 €/m2 |
Cubrición con fibrocemento | 18,15 €/m2 |
Cubrición con fibrocemento e tella | 37,35 €/m2 |
Cubrición con materiais metálicos | 24,75 €/m2 |
Substitución de viguetas de formigón | 16,80 €/m2 |
Baixante de PVC ou outros | 29,85 €/m2 |
Canalón de PVC ou outros | 32,65 €/m2 |
Ventá tipo velux para cubertas | 285,40 €/m2 |
4.- REMATES DE FACHADA | |
Pintura impermeable en fachadas a duas mans | 15,90 €/m2 |
Recebado e pintado en paramentos exteriores ou interiores | 33,30 €/m2 |
Revocadura con morteiro monocapa | 20,50 €/m2 |
Chapado das fachadas con material pétreo | 91,90 €/m2 |
Chapados das fachadas con aplacado de pizarra | 26,10 €/m2 |
Rexuntado con morteiro de cemento de fábrica de mampostería | 24,55 €/m2 |
Limpeza de fachadas con area ou auga a presión | 15,90 €/m2 |
Verteaugas de pedra | 142,15 €/m |
Xamba ou lintel de pedra | 75,80 €/m |
Enfoscados verticais ou horizontais | 17,40 €/m2 |
5.- CARPINTERÍA EXTERIOR (INCLUSO ACRISTALAMENTO) | |
Pintura e/ou restauración de carpintería exterior | 17,05 €/m2 |
Substitución ou colocación de carpintería de madeira | 178,42 €/m2 |
Substitución ou colocación de carpintería de aluminio ou PVC | 195,85 €/m2 |
Portal de aluminio ou PVC | 960,40 ud |
Apertura de ocos para colocación de ventás | 77,00 €/m2 |
6.- REMATES INTERIORES | |
Porta de entrada a vivenda de madeira maciza e/ou seguridade | 653,50 €/ud |
Porta de paso aglomerado rechazado | 177,15 €/ud |
Varanda de madeira | 106,35 €/m |
Varanda escaleira/balcón aceiro | 178,60 €/m |
Pavimento cerámico ou sintético | 34,85 €/m2 |
Pavimento de madeira | 54,90 €/m2 |
Azulexar o azulexo cerámico | 26,75 €/m2 |
División interior de ladrillo totalmente acabada polas dúas caras | 42,90 €/m2 |
Falso teito de escaiola lisa | 12,35 €/m2 |
Fábrica de bloque cara vista cor ou branco | 43,20 €/m2 |
Persiana PVC | 115,30 €/m2 |
Toldo de tea con brazos abatibles | 589,75 €/m2 |
7.- OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIÓNS HIXIÉNICO-SANITARIAS E DE HABITABILIDADE | ||
Instalación saneamento | Baño completo | 130,75 €/ud |
Cociña completa | 152,00 €/ud | |
Instalación de fontanería | Baño completo | 321,80 €/ud |
Cociña completa | 316,55 €/ud | |
Substitución de baño calidade media (Pezas, chan e azulexado) | De 2,00 a 2,50 m2 | 1.998,80 €/ud |
De 2,50 a 4,00 m2 | 2.728,30 €/ud | |
De 4,00 a 6,00 m2 | 3.301,65 €/ud | |
Maior de 6,00 m2 | 3.937,10 €/ud | |
Mellora e/ou substitución inst. eléctr. Vivenda calidade media | 2.887,50 €/ud | |
Arqueta de rexistro | 137,85 €/ud | |
Tubo de formigón | 5,20 €/m | |
Fosa séptica (para 5 persoas) | 533,15 €/ud | |
Quentador de auga, por cada 100 litros | 390,45 € | |
Depósito de auga, por cada metro cúbico de capacidade | 317,75 € | |
8.- VARIOS - URBANIZACIÓN - XARDINERÍA | ||
Roza e limpeza de terreo | Medios manuais | 6,10 €/m2 |
Medios mecánicos | 0,50 €/m2 | |
Corta e descoutado de árbores (porte medio) | 51,70 €/ud | |
Recheo, extendido e compactado de terras medios mecánicos | 4,10 €/m3 | |
Escavación e provisión de terra medios mecánicos | 0,80 €/m3 | |
Transporte de terras a vertedoiro (até 10 km) | 1,90 €/m3 | |
Soleira de formigón e encachado de pedra(até 20 cm. de espesor) | 22,90 €/m2 | |
Formación de beirarrúas con baldosas de formigón e bardo | 30,20 €/m2 | |
Impermeabilización | Lámina de PVC | 14,35 €/m2 |
Lámina bituminosa | 8,85 €/m2 | |
Emulsión bituminosa | 5,15 €/m2 |