Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 13. -TAXA POLA UTILIZACIÓN DE PISCINAS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS E OUTROS SERVICIOS.
Artigo 1. Fundamento e réxime
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, establece a Taxa pola utilización de piscinas, instalacións deportivas e outros servicios análogos, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Texto refundido citado.
Exclúese a taxa pola entrada ó parque acuático de Cerceda, regulado nunca ordenanza específica.
Artigo 2. Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) O uso das piscinas municipais.
b) O uso das pistas polideportivas.
c) Outras instalacións análogas
d) A prestación dos servicios de que están dotadas as transcritas instalacións.
e) O uso de instalacións culturais.
Artigo 3. Devengo
A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a utilización, mediante a entrada ó recinto e previo pago da taxa. No caso de escolas deportivas dende o inicio da actividade. No caso de instalacións culturais será dende o primeir día de utilización, previo pago das taxas.
Artigo 4. Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas que soliciten ou resulten beneficiadas das actividades que constitúen o feito impoñible desta taxa.
Artigo 5. Base impoñible e liquidable
Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas ou fracción de utilización das piscinas, pistas e demais instalacións e a participación en escolas deportivas.
Artigo 6. Cota tributaria
As tarifas a aplicar serán as seguintes (en euros):
PISCINAS | ||
1. CERCEDA | ABONADOS | NON ABONADOS |
1.1 Cota diaria | ||
Menores de 18 anos | 0 | 1,30 |
Adultos | 0 | 2,60 |
1.2 Abono mensual | ||
Menores de 18 anos | 13,00 | |
Adultos | 15,50 | |
Nenos ANPAS de colexios | 1,75 | |
Familiar: | ||
a) Titular | 15,50 | |
b) Cónxuxe | 6,50 | |
c) Fillo menor de 18 anos | 3,50 | |
d) 2º fillo e sucesivos | 3,50 | |
e) maiores de 65 anos | 13,00 | |
1.3 Cursillos natación | ABONADOS | NON ABONADOS |
3 días/semana nenos | 9,00 | 17,50 |
3 días/semana adulto | 13,00 | 25,75 |
2 días/semana nenos | 6,50 | 13,00 |
2 días/semana adulto | 10,00 | 20,00 |
1 día/semana nenos | 5,00 | 10,00 |
1 día/semana adulto | 6,50 | 13,00 |
1.4 Natación Terapéutica | ABONADOS | NON ABONADOS |
3 días/semana | 20 | 38,50 |
2 días/semana | 14,50 | 29,00 |
1 día/semana | 10,00 | 20,00 |
1.5 Ximnasia de mantemento | 9,50 | 20,00 |
2. A SILVA | ABONADOS | NON ABONADOS |
2.1 Diario | ||
Ata 4 anos | 0 | 0 |
Entre 5 e 12 anos | 0 | 1 |
Mayor de 12 anos | 0 | 1,5 |
2.2 Abono 30 días | ||
Entre 5 e 12 anos | 18 | |
Maior de 12 anos | 30 | |
3. POLIDEPORTIVOS | ||
Tódo-los usuarios, por hora | 9,50 | |
4. ESCOLAS DEPORTIVAS | 55,00 | |
5. INSTALACIÓNS CULTURAIS | ||
6.1 Auditorio, | ||
Por cada hora ou fracción | 50 | |
Sábados, domingos e festivos, por cada hora ou fracción | 60 | |
Uso con fins lucrativos | 151/día | |
6.2 Sala de exposicións, | ||
Por cada ocupación | 16/día | |
6.3 Aulas culturais no Centro Cívico ou Bibliotecas, | ||
Por día | 16 | |
Por mes | 91 |
No caso das instalacións culturais:
- Ás asociacións veciñais, culturais, colexios e entidades de similar natureza domiciliadas no término municipal aplicaráselles o 50% das tarifas anteriores.
- O Concello, previa solicitude, poderá conceder unha bonificación de ata o 100% das taxas se se considera que a actividade a desenrolar é de interese xeral do municipio.
Artigo 7.- Normas de xestión.
7.1.-Terán a consideración de abonados das instalacións aqueles que o soliciten ó Concello en instancia dirixida ó Sr. Alcalde, facendo constar idade e domicilio, acompañando dúas fotografías tamaño carnet. A calidade de abonado será outorgada pola Alcaldía, unha vez comprobado que a solicitude reúne tóda-las condicións esixidas e que existe cupo suficiente para a capacidade das mesmas, extendéndose neste caso o correspondente carnet que será persoal e intransferible.
A efectos de verificación dos datos da instancia, será necesaria a exhibición do Libro de Familia.
7.2.-Os abonados deberán satisfacer as súas cotas dentro dos primeiros cinco días hábiles de cada mes, trimestre ou ano, segundo corresponda, mediante domiciliación bancaria.
7.3.- Escolas deportivas: Entenderase por curso completo destas Escolas o período comprendido entre o 1 de outubre e o 30 de xuño, excepto as que se impartan na piscina de Cerceda, que se extenderán dende o 15 de septembro ó 30 de xuño. Establécese un pago único para toda a tempada que farase efectivo mediante ingreso bancario, segundo modelo facilitado nas oficinas do Concello que se acompañará á solicitude que se cita no apartado 7.1.
O pago poderá fraccionarse en dúas metades a aqueles que o soliciten na formalización da matrícula, abonando nese momento o 50% e o resto o 1 e 30 de xaneiro seguintes.
No caso de que varios irmáns participen na mesma actividade, o segundo abonará o 50% da cota e a partir do terceiro, será gratuíto. Esta situación acreditarase adxuntando á solicitude fotocopia do Libro de Familia.
Cada participante formalizará a matrícula na especialidade que desexe entre o 1 e 30 de outubre no modelo que se facilitará nas oficinas do Concello. A cota de matriculación é indivisible e independente das respectivas cotas do cursillo.
7.4-Os usuarios das instalacións culturais abonarán as taxas correspondentes previamente ó uso das mesmas e, en caso de abono mensual, dentro dos cinco primeiros días do mes. mediante domiciliación bancaria.
Artigo 8.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
8.1.-De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
8.2.-Excepcionalmente concederase unha bonificación do 25% do custo dos cursos a persoas maiores de 65 anos.
8.3-Os usuarios en situación de exclusión social, entendéndose por tales os que teñan unha renda per cápita familiar inferior a 1.500 euros netos anuais, previo informe dos servicios sociais, poderán participar na utilización das instalacións e actividades deportivas e culturais de forma gratuíta.
Artigo 9.-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.