Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 13. -TAXA POLA UTILIZACIÓN DE PISCINAS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS E OUTROS SERVICIOS.

Publicación provisional: 15/07/2006 BOP Nº: 162
Publicación definitiva: 06/10/2006 BOP Nº: 231
Aplicable dende: 15/02/2008

Artigo 1. Fundamento e réxime

De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa pola utilización de piscinas e das instalacións deportivas.

Artigo 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) O uso das piscinas municipais.
b) O uso das pistas polideportivas.
c) Outras instalacións análogas
d) A prestación dos servicios de que están dotadas as transcritas instalacións.

Artigo 3. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións deportivas e as entidades, organismos, asociacións, federacións, clubes, etc., en nome dos cales se solicita autorización para utilizar as instalacións.

Artigo 4. Contía.

As tarifas a aplicar serán as seguintes:
4.1 PISCINAS
4.1.1. Cerceda
Por día:
Menor de 18 anos: 1,50 euros
Adultos: 3,00 euros
Abonos:
Menores de 18 anos: 13,00 euros/mes
Adultos: 16,00 euros/mes
Abono familiar:
Titular: 15,50 euros/mes
Cónxuxe: 6,50 euros/mes
Cada fillo menor de 18 anos: 3,50 euros/mes
4.1.2. A Silva
Por día:
12 anos ou menos: 1,00 euros
Máis de 12 anos: 1,50 euros
Abono para 30 días:
12 anos ou menos: 18,00 euros
Máis de 12 anos: 30,00 euros
4.2. XIMNASIO
Entrada individual: 2,00 euros
Abono mensual:
Menores de 18 anos: 10,00 euros/mes
Maiores de 18 anos: 20,00 euros/mes
Abono conxunto ximnasio e piscina: 30,00 euros
4.3. CURSOS NATACIÓN
4.3.1. Abonados (precio por mes)
2 días adultos: 10,00 euros
2 días natación terapeútica: 14,50 euros
2 días nenos: 6,50 euros
3 días adultos: 13,00 euros
3 días natación terapeútica: 20,00 euros
3 días nenos: 10,00 euros
4.3.2. Non abonados (precio por mes):
2 días adultos: 20,00 euros
2 días natación terapeútica: 29,00 euros
2 días nenos: 13,00 euros
3 días adultos: 26,00 euros
3 días natación terapeútica: 38,50 euros
3 días nenos: 18,00 euros
4.4. POLIDEPORTIVO E PISTA MULTIDEPORTE
Por hora, sen luz: 9,50 euros
Por hora, con luz: 12,00 euros
4.5. CAMPOS DE FÚTBOL
4.5.1. Campo sintético fútbol 11:
Sen luz artificial:
1 hora: 60,00 euros
2 horas: 90,00 euros
Con luz artificial:
1 hora: 80,00 euros
2 horas: 110,00 euros
4.5.2. Campo de fútbol 7:
Sen luz artificial:
1 hora: 30,00 euros
2 horas: 45,00 euros
Con luz artificial:
1 hora: 35,00 euros
2 horas: 55,00 euros
4.5.3. No caso de que a utilización dos campos de fútbol supere as dúas horas, comenzará o cómputo de novo, como unha nova utilización.
4.6. Cando o Concello organice directamente algunha actividade de carácter especial, sexa ou non deportiva, poderá establecer unha cota de taquilla.

Artigo 5. Solicitudes de uso.

1. As persoas, clubes, entidades, federacións, etc., que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, polo menos, tres días de antelación, ante o Concello, expresando os días e horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimen oportunas.
2. As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo Sr. alcalde-presidente ou pola persoa na que él delegue. No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal, o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se proceda á apertura de ditas instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso ante a persoa responsable.
3. No caso dos abonados, terán esta consideración aqueles que o soliciten ó Concello en instancia normalizada dirixida ó Sr. Alcalde, instancia que se poderá recoller, ademáis de na casa consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso, se admitirán pagos en efectivo nas instalacións municipais.
4. Mensualmente, unha vez comprobado pola intervención municipal o ingreso da cota mensual correspondente, que deberá realizarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes, expedirase un carnet persoal e intransferible, que terán o seu dispor nas instalacións deportivas.

Artigo 6.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

1.-De conformidade co disposto no artigo 9 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
2.-Os usuarios en situación de exclusión social, entendéndose por tales os que teñan unha renda per cápita familiar inferior a 1.500 euros netos anuais, previo informe dos servicios sociais, poderán participar na utilización das instalacións e actividades deportivas de forma gratuíta.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a aplicarse a partir do día seguinte ó da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.