Cerceda - TAXA POLA UTILIZACIÓN DE PISCINAS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS

Publicación provisional: 15/07/2006 BOP Nº: 162
Publicación definitiva: 06/10/2006 BOP Nº: 231
Aplicable dende: 21/06/2012

Artigo 1. Concepto.

De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do texto refundido da Lei de facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa pola utilización de piscinas e das instalacións deportivas.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

O uso da piscina municipal

O Uso do ximnasio municipal

O uso das pistas polideportivas

Outras instalacións análogas

A prestación dos servizos de que están dotadas as transcritas instalacións

Artigo 3. Obriga de contribuír.

A obrigación de contribuír nacerá desde que se acceda á instalación.

Artigo 4. Suxeito pasivo.

Están obrigadas ao pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que solicitaren a utilización das instalacións obxecto de regulamento.

Artigo 5. Cota tributaria.

As tarifas para aplicar serán as seguintes:

5.1. Piscina climatizada

5.1.1. Entrada xeral:

Por día:

Menor de 18 anos: 1,50 €

Adultos: 3,00 €

Abono individual:

Menores de 18 anos: 10,00 €/mes

Adultos: 16,00 €/mes

Abono familiar:

Titular: 15,50 €/mes

Cónxuxe: 6,50 €/mes

Cada fillo menor de 18 anos: 3,50 €/mes

5.1.2. Entrada de mañán:

Abono individual de pola mañán de luns a venres:

Menores de 18 anos: 10,00 €/mes

Adultos: 12,00 €/mes

Abono familiar de pola mañán de luns a venres:

Titular: 12,00 €/mes

Cónxuxe: 5,00 €/mes

Cada fillo menor de 18 anos: 2,00 €/mes

5.2. Ximnasio.

5.2.1. Entrada xeral:

Entrada individual: 2,00 €

Abono mensual:

Menores de 18 anos: 10,00 €/mes

Maiores de 18 anos: 18,00 €/mes

Abono familiar:

Titular: 18,00 €/mes

Cónxuxe: 6,50 €/mes

Cada fillo menor de 18 anos: 3,50 €/mes

5.2.2. Entrada de mañán:

Abono individual de pola mañán de luns a venres:

Adultos: 14,00 €/mes

Abono familiar de pola mañán de luns a venres:

Titular: 14,00 €/mes

Cónxuxe: 5,00 €/mes

5.3. Abono conxunto ximnasio e piscina:

5.3.1 Entrada xeral:

Entrada individual: 4,00 €

Abono mensual:

Menores de 18 anos 15,00 €/mes

Maiores de 18 anos 22,50 €/mes

Abono familiar:

Titular 22,50 €/mes

Cónxuxe: 6,50 €/mes

Cada fillo menor de 18 anos: 3,50 €/mes

5.3.2. Entrada de pola mañán:

Abono individual de pola mañán de luns a venres:

Adultos: 14,00 €/mes

Abono familiar de pola mañán de luns a venres:

Titular: 18,50 €/mes

Cónxuxe: 5,00 €/mes

5.4. Polideportivas e pista multideporte.

5.4.1. Polideportiva municipal de Cerceda:

Por hora:

Sen luz: 9,50 €

Con luz: 12,00 €

5.4.2. Outras polideportivas municipais:

Por hora:

Sen luz: 6,00 €

Con luz: 8,00 €

5.5. Campos de fútbol.

5.5.1. Campo sintético fútbol 11:

Sen luz artificial:

1 hora: 60,00 €

2 horas: 90,00 €

Con luz artificial:

1 hora: 80,00 €

2 horas: 110,00 €

5.5.2. Campo de fútbol 7:

Sen luz artificial:

1 hora: 30,00 €

2 horas: 45,00 €

Con luz artificial:

1 hora: 35,00 €

2 horas: 55,00 €

5.6. Cursos de natación.

Persoas abonadas (prezo por mes)

2 días adultos: 10,00 €

2 días natación terapeútica: 14,50 €

2 días nenos: 6,50 €

3 días adultos: 13,00 €

3 días natación terapeútica: 20,00 €

3 días nenos: 10,00 €

Persoas non abonadas (prezo por mes)

2 días adultos: 20,00 €

2 días natación terapeútica: 29,00 €

2 días nenos: 13,00 €

3 días adultos: 26,00 €

3 días natación terapeútica: 38,50 €

3 días nenos: 18,00 €

Artigo 6. Normas de xestión.

6.1. Piscina climatizada municipal:

No caso das persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello eninstancia normalizada dirixida ao alcalde, que se poderá recoller nas propias instalacións municipais.

Acompañando á instancia xuntarase a domiciliación bancaria debidamente cuberta.

En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.

Mensualmente, despois de que a Intervención municipal aprobe o ingreso da cota mensual correspondente, que deberá realizarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes.

Aos usuarios/as, expediraselle un carné persoal e intransferible que terán ao seu dispor nas instalacións deportivas.

A baixa nas actividades deberá ser solicitada polos interesados por escrito na propia instalación e causará efectos no mes seguinte.

A dita baixa será de oficio para aqueles participantes que adeuden dúas mensualidades consecutivas ou tres alternativas sen perxuizo do cobro dos recibos por vía executiva.

No caso de baixa na utilización da piscina, se produce unha nova alta con posterioridade, pasará a ocupar o último posto da lista de garda, se ha houber.

6.2. Resto de Instalacións deportivas:

Para acceder ao ximnasio municipal os/as menores de 16 anos, deberán acreditar a prescripción facultativa que así o recomende.

As persoas físicas ou xurídicas que desexan utilizar as instalacións deportivas municipais deberán solicitalo polo rexistro municipal ou a través do correo electrónico, con, cando menos, tres días de antelación.

Na dita solicitude deberá constar os días e horas que desexan utilizar e demais circunstancias que estimaren oportunas.

As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo alcalde-presidente ou pola persoa en que delegue.

No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se abrirán as instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso perante a persoa responsable.

No caso de que a utilización dos campos de fútbol supere as dúas horas, comezará o cómputo de novo como unha nova utilización.

Cando o Concello organice directamente algunha actividade de carácter especial, sexa ou non deportiva, poderá establecer unha cota de entrada.

Artigo 7. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

No caso de necesidade socioeconómica detectada ou manifesta e acreditada por informe social do departamento correspondente, poderán ter unha bonificación de ata o 100% da cota.

Artigo 8. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.