Cerceda - TAXA POLA UTILIZACIÓN DE PISCINAS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS
Artigo 1. Concepto
De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa pola utilización de piscinas e das instalacións deportivas.
Artigo 2. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a. O uso da piscina municipal
b. O Uso do ximnasio municipal
c. O uso das pistas polideportivas
d. Outras instalacións análogas
e. A prestación dos servizos de que están dotadas as transcritas instalacións
Artigo 3. Obriga de contribuir
A obrigación de contribuír nacerá desde que se acceda á instalación.
Artigo 4. Suxeito pasivo
Están obrigadas ao pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que solicitaren a utilización das instalacións obxecto de regulamento.
Artigo 5. Cota tributaria
As tarifas para aplicar serán as seguintes:
5.1 Piscina climatizada
5.1.1 Entrada xeral:
Por día:
Menor de 18 anos:.................... 1,50€
Adultos: ................................... 3,00€
Abono individual:
Menores de 18 anos: ................10,00 €/mes
Adultos: ....................................16,00 €/mes
Abono familiar:
Titular: .........................................15,50 €/mes
Cónxuxe: ........................................6,50 €/mes
Cada fillo menor de 18 anos: .. 3,50 €/mes
5.1.2 Entrada de mañán:
Abono individual de pola mañán de luns a venres:
Menores de 18 anos: ..................10,00 €/mes
Adultos: ¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿12,00 €/mes
Abono familiar de pola mañán de luns a venres:
Titular: ...........................................12,00 €/mes
Cónxuxe: ......................................... 5,00 €/mes
Cada fillo menor de 18 anos: ............ 2,00 €/mes
5.2. Ximnasio
5.2.1 Entrada Xeral:
Entrada individual: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. 2,00 €
Abono mensual:
Menores de 18 anos:....................10,00€/mes
Maiores de 18 anos: ....................18,00€/mes
Abono familiar:
Titular:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..18,00 €/mes
Cónxuxe:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.6,50 €/mes
Cada fillo menor de 18 anos:...¿..3,50 €/mes
5.2.2 Entrada de mañán:
Abono individual de pola mañán de luns a venres:
Adultos:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..14,00 €/mes
Abono familiar de pola mañán de luns a venres:
Titular:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.14,00 €/mes
Cónxuxe:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿5,00 €/mes
5.3. Abono conxunto ximnasio e piscina:
5.3.1 Entrada xeral:
Entrada individual:..................................4,00 €
Abono mensual:
Menores de 18 anos.....................15,00 €/mes
Maiores de 18 anos......................22,50 €/mes
Abono familiar:
Titular...........................................22,50 €/mes
Cónxuxe:.........................................6,50 €/mes
Cada fillo menor de 18 anos: ...........3,50 €/mes
5.3.2 Entrada de pola mañán:
Abono individual de pola mañán de luns a venres:
Adultos: ...................................14,00 €/mes
Abono familiar de pola mañán de luns a venres:
Titular: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.18,50 €/mes
Cónxuxe: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..5,00 €/mes
5.4. Polideportivas e pista multideporte
5.4.1 Polideportiva municipal de Cerceda:
Por hora:
Sen luz:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿9,50€
Con luz:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿12,00€
5.4.2 Outras Polideportivas municipais:
Por hora:
Sen luz:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.6,00€
Con luz: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. 8,00€
5.5. Campos de fútbol
5.5.1 Campo sintético fútbol 11:
Sen luz artificial:
1 hora: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.60,00 euros
2 horas: ¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿90,00 euros
Con luz artificial:
1 hora: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿..80,00 euros
2 horas: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿..110,00 euros
5.5.2 Campo de fútbol 7:
Sen luz artificial:
1 hora: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...30,00 euros
2 horas: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.45,00 euros
Con luz artificial:
1 hora: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿35,00 euros
2 horas: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..55,00 euros
5.6. Cursos de natación
Persoas abonadas (prezo por mes)
1 día adultos:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿5,00 €
1 día nenos:¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿3,50 €
2 días adultos:¿¿¿¿¿¿¿¿....¿10,00€
2 días natación terapeútica:¿¿¿..¿14,50€
2 días nenos:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.....6,50€
3 días adultos:¿¿¿¿¿¿¿¿...¿..13,00€
3 días natación terapeútica: ¿¿¿.... 20,00€
3 días nenos: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿ 10,00€
Persoas non abonadas (prezo por mes):
1 día adultos:¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿10,00 €
1 día nenos:¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿...7,50 €
2 días adultos: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿20,00€
2 días natación terapeútica:¿¿¿¿..29,00€
2 días nenos: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..13,00€
3 días adultos: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿...26,00€
3 días natación terapeútica:¿¿¿.¿.38,50€
3 días nenos: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..18,00€
6. Normas de xestión
6.1. Persoas abonadas:
Terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, que se poderá recoller nas propias instalacións municipais.
Acompañando á instancia xuntarase a domiciliación bancaria debidamente cuberta.
En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.
Mensualmente, aprobarase o ingreso da cota mensual correspondente, que deberá realizarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes.
A baixa nas actividades deberá ser solicitada polos interesados por escrito na propia instalación e causará efectos no mes seguinte.
A dita baixa será de oficio para aqueles participantes que adeuden dúas mensualidades consecutivas ou tres alternativas sen perxuizo do cobro dos recibos por vía executiva.
No caso de baixa na utilización da piscina, se se produce unha nova alta con posterioridade, pasará a ocupar o último posto da lista de garda, se ha houber.
6.2. Entradas individuais e resto de Instalacións deportivas:
O solicitante deberá comunicar ó Concello, con antelación suficiente, os días e as horas que desexen empregar as instalacións. Comunicada a dispoñibilidade, o solicitante deberá ingresar o importe da taxa mediante autoliquidación, ingresando o seu importe en calquera das entidades bancarias colaboradoras deste Concello e sempre antes de inicia-la ocupación.
En ningún caso, se abrirán as instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso perante a persoa responsable.
No caso de que a utilización dos campos de fútbol supere as dúas horas, comezará o cómputo de novo como unha nova utilización.
Cando o Concello organice directamente algunha actividade de carácter especial, sexa ou non
deportiva, poderá establecer unha cota de entrada.
Para acceder ao ximnasio municipal os/as menores de 16 anos, deberán acreditar a prescripción facultativa que así o recomende.
Artigo 7. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
No caso de necesidade socioeconómica detectada ou manifesta e acreditada por informe social do departamento correspondente, poderán ter unha bonificación de ata o 100% da cota.
Artigo 8. Infraccións e sancións tributarias
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.