Ribeira - TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, ENTULLOS, VALOS, PUNTAIS, ASNELOS, ESTADAS E OUTROS MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN.
ARTIGO 6.- Tarifas.
1.- As tarifas ás que se refire o artigo anterior serán as seguintes:
- Ocupación da vía pública con entullos, terras, areas, materiais de construcción, mercadorías, etc., por m2 e mes: 1,597340euros.
- Ocupación da vía pública con valos, estadas ou calquera outras instalacións adecuadas, durante os seis primeiros meses dende a concesión da licencia de obra, por m2 ou fracción e mes: 0,887411 euros.
- Os mesmos aproveitamentos do apartado B anterior, despois dos seis primeiros meses, por m2 ou fracción e mes: 2,271775 euros.
- Ocupación da vía pública con puntais, asnelos e outros elementos de apeo, por cada elemento e mes 4,472555 euros.
- Grúas, por m2 ou fracción que ocupe a base da grúa fóra do valo,durante os primeriros 6 meses, ó mes: 21,013912 euros.
- Grúas, por m2 ou fracción que ocupe a base da grúa fóra do valo, despois dos primeiros 6 meses, ó mes: 31,449878 euros.
2.- Normas de aplicación das tarifas:
a) As tarifas sinaladas corresponden ás rúas de 1ª categoría. Para as rúas de 2ª categoría reduciranse nun 10% e para as de 3ª categoría reduciranse nun 20% sobre as establecidas para a 1ª categoría.
b) Cando as obras se interrumpesen durante un tempo superior a dous meses, sen causa xustificada, as contías resultantes pola aplicación da Tarifa a) sufrirán un recargo do 100 por
c) A tarifa por ocupación con vagonetas para a recollida ou depósito de entullos e materiais de construcción liquidarase polos dereitos fixados para as rúas de 1ª categoría.