Ribeira - TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, ENTULLOS, VALOS, PUNTAIS, ASNELOS, ESTADAS E OUTROS MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 27/12/2007 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/2008

ARTIGO 6.- Tarifas.

1.- As tarifas ás que se refire o artigo anterior serán as seguintes:
¿ Ocupación da vía pública con entullos, terras, areas, materiais de construcción, mercadorías, etc., por m2 e mes: 3,60 euros.
¿ Ocupación da vía pública con valos, estadas ou calquera outras instalacións adecuadas, por m2 ou fracción e mes: 2,88 euros.
¿ Ocupación da vía pública con puntais, asnelos e outros elementos de apeo, por cada elemento e mes 7,50 euros.
¿ Grúas, por m2 ou fracción que ocupe a base da grúa fóra do valo, ao mes: 35,00 euros.
2.- Normas de aplicación das tarifas:
a) As tarifas sinaladas corresponden ás rúas de 1ª categoría. Para as rúas de 2ª categoría reduciranse nun 10% e para as de 3ª categoría reduciranse nun 20% sobre as establecidas para a 1ª categoría.
b) Cando as obras se interrumpesen durante un tempo superior a dous meses, sen causa xustificada, as contías resultantes pola aplicación da Tarifa a) sufrirán un recargo do 100 por 100 a partir do 3º mes, e, en caso de que unha vez rematadas as obras continúen os aproveitamentos, as contías serán recargadas nun 200 por 100.
c) A tarifa por ocupación con vagonetas para a recollida ou depósito de entullos e materiais de construcción liquidarase polos dereitos fixados para as rúas de 1ª categoría.