Ribeira - Ordenanza fiscal núm. 12, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, entullos, valos, puntais, asnelos, estadas e outros materiais de construcción
ARTIGO 1.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 abril , reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, entullos, valos, puntais, asnelos,estadas e outros materiais, especificados nas Tarifas contidas no artigo 6 seguinte, que se rexerá pola presente Ordenanza, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004.
ARTIGO 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa regulada nesta Ordenaza a utilización privativa e aproveitamento especial dos terreos de uso público con mercadorias, materiais de construcción, entullos, valos, puntais, asnelos, e outras instalacións análogas.
ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.
Serán suxeitos pasivos na taxa regulada nesta ordenaza as persoas físicas e xurídicas, e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, no favor de quen se outorguen as licencias ou quen se beneficie do aproveitamento se procedese da oportuna autorización.
ARTIGO 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria
2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo
ARTIGO 5.- Cota tributaria.
1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no artigo seguinte.
2.- A os efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo seguinte, as vías públicas deste Concello clasifícanse dacordo coas categorías previstas no artigo 19.3 da Ordenanza Fiscal Municipal.
ARTIGO 6.- Tarifas.
ARTIGO 7.- Devengo
Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuir:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de obte-la correspondente licencia municipal.
b) Tratándose de aproveitamentos xa existentes, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.
ARTIGO 8.- Declaración
1.- As cantidades esixibles conforme ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreducibles polos períodos de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia.
3.- Unha vez autorizada a ocupación, se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, entenderase prorrogado ata que se presente a declaración de baixa polos interesados.
4.- A presentación da baixa surtirá efectos dende o día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado nos epígrafes da tarifa. A non presentación de baixa determinará a obrigación de continuar aboando a taxa.
5.- De conformidade co previsto no artigo 24.5 do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se producisen desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias ou os beneficiarios do aproveitamento virán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales desperfectos ou repararán pola súa conta os danos causados, sendo en todo caso independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.
ARTIGO 9.- Liquidación e ingreso
1.- O pago da taxa realizarase mensualmente por ingreso directo na Tesourería Municipal, unha vez notificada a correspondente liquidación segundo o art. 102.1 e 102.2 da Lei Xeral Tributaria, nos prazos establecidos polo Regulamento Xeral de Recadación.
2.- As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza, esixiranse polo procedemento de apremio.
ARTIGO 10.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo a calificación de infraccions tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.