Ribeira - B.2.2 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN, ENTULLOS, VALOS, PUNTAIS, ASNELOS, ESTADAS E OUTROS MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN

Publicación provisional: 03/11/2022 BOP Nº: 208
Publicación definitiva: 27/12/2022 BOP Nº: 244
Aplicable dende: 27/12/2022

ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 abril , reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, entullos, valos, puntais, asnelos,estadas e outros materiais, especificados nas tarifas contidas no artigo 6 seguinte, que se rexerá pola presente Ordenanza, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004.

ARTIGO 2.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa regulada nesta Ordenanza a utilización privativa e aproveitamento especial dos terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, entullos, valos, puntais, asnelos, e outras instalacións análogas.

ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.

Serán suxeitos pasivos na taxa regulada nesta Ordenanza as persoas físicas e xurídicas, e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, no favor de quen se outorguen as licenzas ou quen se beneficie do aproveitamento se procedese da oportuna autorización.

ARTIGO 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.

ARTIGO 5.- Cota tributaria.

1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no artigo seguinte.

2.- A os efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo seguinte, as vías públicas deste

Concello clasifícanse da cordo coas categorías previstas no artigo 19.3 da Ordenanza Fiscal Municipal.

ARTIGO 6.- Tarifas.

1.- As tarifas ás que se refire o artigo anterior serán as seguintes:

¿ Ocupación da vía pública con entullos, terras, areas, materiais de construción, mercadorías, etc., por m2 e mes: 4,0904 €.

¿ Ocupación da vía pública con valos, estadas ou calquera outras instalacións adecuadas, por m2 ou fracción e mes: 3,2724 €.

¿ Grúas, por m2 ou fracción que ocupe a base da grúa fóra do valo, ao mes: 39,7677 €.

2.- Normas de aplicación das tarifas:

Cando as obras se interrompesen durante un tempo superior a dous meses, sen causa xustificada, as contías resultantes pola aplicación da Tarifa a) sufrirán un recargo do 100 por 100 a partir do 3º mes, e, en caso de que unha vez rematadas as obras continúen os aproveitamentos, as contías serán recargadas nun 200 por 100.

ARTIGO 7.- Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de obte-la correspondente licenza municipal.

b) Tratándose de aproveitamentos xa existentes, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.

ARTIGO 8.- Declaración.

1.- As cantidades esixibles conforme ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreducibles polos períodos de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.

2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza.

3.- Unha vez autorizada a ocupación, se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, entenderase prorrogado ata que se presente a declaración de baixa polos interesados.

4.- A presentación da baixa surtirá efectos dende o día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado nos epígrafes da tarifa. A non presentación de baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

5.- De conformidade co previsto no artigo 24.5 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se producisen desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licenzas ou os beneficiarios do aproveitamento virán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrución e reparación de tales desperfectos ou repararán pola súa conta os danos causados, sendo en todo caso independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.

ARTIGO 9.- Liquidación e ingreso.

1.- O pago da taxa realizarase mensualmente por ingreso directo na Tesourería Municipal, unha vez notificada a correspondente liquidación segundo o art. 102.1 e 102.2 da Lei Xeral Tributaria, nos prazos establecidos polo Regulamento Xeral de Recadación.

2.- As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza, esixiranse polo procedemento de prema.

ARTIGO 10.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL.

Esta Ordenanza foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada en data 30 de outubro de 2017, e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.