Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E DE LECER.
Fundamento legal.
Artigo 1º .
Consonte co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 20 da mesma Lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD Lexislativo 2/2004 ,este Concello establece a taxa pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.
Feito impoñíbel.
Artigo 2º .
1. Está constituído pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.
2. Aos efectos da aplicación da taxa, a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.
3. A baixa nunha actividade hase solicitar no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.
Suxeito pasivo.
Artigo 3º .
Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer:
1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2
2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.
Responsábeis.
Artigo 4º .
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
Cota tributaria.
Artigo 5º .
1. SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E RECREATIVOS
1.1. Escolas deportivas no Pavillón Deportivo Municipal:
1.1.1 Tarifas.
Establécese unha matrícula por alumno/a de Escola de 8 euros para os empadroados/as en Ares, e de 15 euros para os non empadroados. Asimesmo as taxas por escola e mes son as que seguen:
| Concepto | Categorías | Total |
| Escola deportiva no Pavillón (1,5 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 6 euros |
| Adultos | 9 euros | |
| Escola deportiva no Pavillón (2 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 8 euros |
| Adultos | 13 euros | |
| Escola deportiva no Pavillón (3 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 10 euros |
| Adultos | 15 euros |
1.2. Escolas deportivas fóra do Pavillón:
1.2.1. Tarifas.
Establécese unha matrícula por alumno/a de Escola de 8 euros para os empadroados/as en Ares, e de 15 euros para os non empadroados. Asimesmo as taxas por escola e mes son as que seguen:
| Concepto | Categorías | Total |
| Resto de escolas deportivas (2 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 8 euros |
| Adultos | 12 euros |
1.3. Escolas culturais:
1.3.1. Taxas.
Establécense unha matrícula por alumno/a de Escola de 8 euros para os empadroados/as en Ares, en de 15 euros para os non empadroados. Asímesmo as taxas por escola e mes son as que seguen:
| Concepto | Categorías | Total |
| Escola Cultural (1,5 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 6 euros |
| Adultos | 9 euros | |
| Escola Cultural (2 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 8 euros |
| Adultos | 13 euros | |
| Escola Cultural (3 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 10 euros |
| Adultos | 15 euros | |
| Escola Cultural (4 h cada semana, durante 1 mes) | Menores | 12 euros |
| Adultos | 17 euros |
1.4. Cursos puntuais e actividades deportivas e culturais:
| Concepto | Total menores | Total adultos |
| Curso ou actividade de menos de 10 h. | 5 euros | 10 euros |
| Curso ou actividade de entre 10 e 20 h. | 9 euros | 14 euros |
| Curso ou actividade de entre 20 e 30 h. | 12 euros | 17 euros |
| Curso ou actividade de máis de 30 h. | 15 euros | 20 euros |
3. Inscricións
Artigo 6º
No momento de efectuar a inscrición en calquera Escola Municipal ou actividade, deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa ou o pago por portelo mensualmente. Igualmente poderase autorizar o pago das taxas nalgún local destinado ó efecto previa autorización da Concellaría de Cultura e Deportes do Concello.
O abono familiar é unha modalidade de pagamento destinada a incentivar a participación dos membros da unidade familiar nas escolas deportivas municipais. Para elo establécense os seguintes reduccións:
| Número de inscripcións | Desconto nas matrículas | Desconto na escola. |
| 3 ou máis (unidade familiar) | 50% en todas | 50% na escola de menor importe. |
| Familia numerosa. | 50% en todas | 50% nas escolas. |
| Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación por parte de Asuntos Sociais) ou casos particulares previo estudio. | 100% en todas | 100% en todas |
Concertos fiscais
Artigo 7º .
Poderanse levar a cabo actividades conveniadas con Sociedades, Clubs ou Asociacións. As condicións de financiamento das Escolas incluídas nos Convenios que se establezan coas Sociedades, Clubs ou Asociacións, determinarase ao comezo de cada curso escolar.
Artigo 8º .
Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.
Obriga de pagamento.
Artigo 9º .
As débedas por estas taxas poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.
Infraccións e sancións
Artigo 10º .
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.
Dereito supletorio.
Artigo 11º .
Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.
Disposición final.
A presente Ordenanza, que consta de 11 artigos, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derogación.