Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E DE LECER.
Fundamento legal.
Artigo 1º .
Consonte co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 20 da mesma Lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD Lexislativo 2/2004 ,este Concello establece a taxa pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.
Feito impoñíbel.
Artigo 2º .
1. Está constituído pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.
2. Aos efectos da aplicación da taxa, a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.
3. A baixa nunha actividade hase solicitar no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.
Suxeito pasivo.
Artigo 3º .
Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer:
1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2
2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.
Responsábeis.
Artigo 4º .
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
Cota tributaria.
Artigo 5º .
1.1. Escolas deportivas no Pavillón Deportivo Municipal: 1.1.1 Tarifas.
Establécese unha matrícula por alumno/a de Escola de 9,20 euros para os empadroados/as en Ares, e de 17,23 euros para os non empadroados. Asimesmo as taxas por escola e mes son as que seguen:
- Escola deportiva no Pabellón (1,5 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 8,54 euros. Adultos 12,83 euros.
- Escola deportiva no Pabellón (2 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 11,39 euros. Adultos 18,77 euros.
- Escola deportiva no Pabellón (3 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 14,24 euros. Adultos 21,36 euros.
- Resto de Escola deportivas (2 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 11,39 euros. Adultos 17,09 euros.
- Escola Cultural (1,5 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 8,54. Adultos 12,83 euros.
- Escola Cultural (2 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 11,39 euros. Adultos 18,77 euros.
- Escola Cultural (3 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 14,24 euros. Adultos 21,36 euros.
- Escola Cultural (4 h. cada semana, durante 1 mes) Menores 17,09 euros. Adultos 24,22 euros.
-Curso ou actividade menos de 10 h. Menores 6,95 euros. Adultos 14,24 euros.
-Curso ou actividade de entre 10 e 20 h. Menores 12,12 euros. Adultos 19,95 euros.
-Curso ou actividade de entre 20 e 30 h. Menores 16,65 euros. Adultos 24,22 euros.
-Curso ou actividade de máis de 30 h. Menores 20,81 euros. Adultos 28,49 euros.
epígrafe 1.4:
- Campamentos Urbanos de Verán (de 7 anos en adiante: entre 2,5 e 3 horas ao día, de luns a venres):
Quincenais: 30,09 € empadroad@s. 50,15 € non empadroad@s.
Mensuais: 55,17 € empadroad@s. 95,29 € non empadroad@s.
- Campamentos Urbanos de Verán (Ata 6 anos: entre 1,5 e 2 horas ao día, de luns a venres):
Quincenais: 15,05 € empadroad@s. 30,09 € non empadroad@s.
Mensuais: 25,08 € empadroad@s. 55,17 € non empadroad@s
3. Inscricións
Artigo 6º
No momento de efectuar a inscrición en calquera Escola Municipal ou actividade, deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa ou o pago por portelo mensualmente. Igualmente poderase autorizar o pago das taxas nalgún local destinado ó efecto previa autorización da Concellaría de Cultura e Deportes do Concello.
O abono familiar é unha modalidade de pagamento destinada a incentivar a participación dos membros da unidade familiar nas escolas deportivas municipais. Para elo establécense os seguintes reduccións:
Número de inscripcións
Desconto nas
matrículas
Desconto na
escola.
3 ou máis (unidade familiar)
50% en todas
50% na escola de menor importe.
Familia numerosa.
50% en todas
50% nas escolas.
Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación por parte de Asuntos Sociais) ou casos particulares previo estudio.
100% en todas
100% en todas
Concertos fiscais
Artigo 7º .
Artigo 8º .
Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.
Obriga de pagamento.
Artigo 9º .
Infraccións e sancións
Artigo 10º .
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.
Dereito supletorio.
Artigo 11º .
Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.
Disposición final.
A presente Ordenanza, que consta de 11 artigos, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derogación.