Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E DE LECER.
Fundamento legal.
Artigo 1º .
Consonte co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 20 da mesma Lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD Lexislativo 2/2004 ,este Concello establece a taxa pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.
Feito impoñíbel.
Artigo 2º .
1. Está constituído pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.
2. Aos efectos da aplicación da taxa, a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.
3. A baixa nunha actividade hase solicitar no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.
Suxeito pasivo.
Artigo 3º .
Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer:
1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2
2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.
Responsábeis.
Artigo 4º .
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
Cota tributaria.
Artigo 5º .
1. SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E RECREATIVOS.Tanto nas Escolas Deportivas como nas Culturais estabelecerase unha única matrícula a aboar polo usuario/a do servizo das Escolas Deportivas e Culturais, no momento da súa inscrición, co que o pagamento da taxa estabelecida será por persoa con independencia do número e tipo de Escola a que acoda. Dita matrícula será de 8 € para os empadroados/as, e de 16 € para os non empadroados/as". Asimesmo as taxas por escola e mes son as que seguen.1.1. Escolas deportivas no Pavillón Deportivo Municipal:1.1.1. Tarifas.
Concepto Categorías Total (€) Escola deportiva no Pavillón (1,5 h cada semana, durante 1 mes) Menores 6 Adultos 9,50 Escola deportiva no Pavillón (2 h cada semana, durante 1 mes) Menores 8,50 Adultos 14 Escola deportiva no Pavillón (3 h cada semana, durante 1 mes) Menores 10,50 Adultos 161.2. Escolas deportivas fóra do Pavillón:1.2.1. Tarifas.
Concepto Categorías Total Resto de escolas deportivas (2 h cada semana, durante 1 mes) Menores 8,50 euros Adultos 12,50 euros1.3. Escolas culturais:1.3.1. Taxas.
Concepto Categorías Total Escola Cultural (1,5 h cada semana, durante 1 mes) Menores 6 euros Adultos 9,50 euros Escola Cultural (2 h cada semana, durante 1 mes) Menores 8,50 euros Adultos 14 euros Escola Cultural (3 h cada semana, durante 1 mes) Menores 10,50 euros Adultos 16 euros Escola Cultural (4 h cada semana, durante 1 mes) Menores 12,50 euros Adultos 18 euros1.4. Obradoiros, cursos e programas especiais deportivos e culturais:
CONCEPTO TOTAL MENORES TOTAL ADULTOS Campamentos deportivos urbáns de verán 40 €/mes empadroados/as70 € /mes € non empadroados/as ------------------------- Pequexogos de verán 20 €/mes empadroados/as40 €/mes non empadroados/as -------------------------- Divertixogos 35 €/mes empadroados/as55 €/mes non empadroados/as -------------------------- Obradoiros, cursillos Menores, con materiais: 1€/horaMenores sin materiais: 1,50 €/hora Adultos, con materiais: 2 €/horaAdultos sin materiais:2,50 €/hora
3. Inscricións
Artigo 6º
No momento de efectuar a inscrición en calquera Escola Municipal ou actividade, deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa ou o pago por portelo mensualmente. Igualmente poderase autorizar o pago das taxas nalgún local destinado ó efecto previa autorización da Concellaría de Cultura e Deportes do Concello.O abono familiar é unha modalidade de pagamento destinada a incentivar a participación dos membros da unidade familiar nas escolas deportivas municipais. Para elo establécense os seguintes reduccións:
Número de inscripcións Desconto nasmatrículas Desconto na escola 3 ou máis (unidade familiar) 50% en todas 50% na escola de menor importe Familia numerosa. 50% en todas 50% nas escolas Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación por parte de Asuntos Sociais) ou casos particulares previo estudio 100% en todas 100% en todas
Concertos fiscais
Artigo 7º .
Artigo 8º .
Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.
Obriga de pagamento.
Artigo 9º .
Infraccións e sancións
Artigo 10º .
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.
Dereito supletorio.
Artigo 11º .
Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.
Disposición final.
A presente Ordenanza, que consta de 11 artigos, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derogación.