Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E DE LECER.
Fundamento legal.
Artigo 1º .
Consonte co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 20 da mesma Lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD Lexislativo 2/2004 ,este Concello establece a taxa pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.
Feito impoñíbel.
Artigo 2º .
1. Está constituído pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.
2. Aos efectos da aplicación da taxa, a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.
3. A baixa nunha actividade hase solicitar no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.
Suxeito pasivo.
Artigo 3º .
Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer:
1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2
2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.
Responsábeis.
Artigo 4º .
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
Cota tributaria.
Artigo 5º .
1. SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E RECREATIVOS
1.1. Escolas deportivas no Pavillón Deportivo Municipal:
1.1.1 Tarifas.
Establécese unha matrícula por alumno/a de Escola de 8,39 euros para os empadroados/as en Ares, e de 15 euros para os non empadroados. Asimesmo as taxas por escola e mes son as que seguen:
Concepto
Categorías
Total
Escola deportiva no Pavillón (1,5 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
6,61 euros
Adultos
9,92 euros
Escola deportiva no Pavillón (2 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
8,82 euros
Adultos
14,52 euros
Escola deportiva no Pavillón (3 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
11,02 euros
Adultos
16,53 euros
1.2. Escolas deportivas fóra do Pavillón:
1.2.1. Tarifas.
Establécese unha matrícula por alumno/a de Escola de 8,59 euros para os empadroados/as en Ares, e de 16,10 euros para os non empadroados. Asimesmo as taxas por escola e mes son as que seguen:
Concepto
Categorías
Total
Resto de escolas deportivas (2 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
8,82 euros
Adultos
13,22 euros
1.3. Escolas culturais:
1.3.1. Taxas.
Establécense unha matrícula por alumno/a de Escola de 8,59 euros para os empadroados/as en Ares, en de 16,10 euros para os non empadroados. Asímesmo as taxas por escola e mes son as que seguen:
Concepto
Categorías
Total
Escola Cultural (1,5 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
6,61 euros
Adultos
9,92 euros
Escola Cultural (2 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
8,82 euros
Adultos
14,52 euros
Escola Cultural (3 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
11,02 euros
Adultos
16,53 euros
Escola Cultural (4 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
13,22 euros
Adultos
18,74 euros
1.4. Cursos puntuais e actividades deportivas e culturais:
Concepto
Total menores
Total adultos
Curso ou actividade de menos de 10 h.
5,37euros
11,02 euros
Curso ou actividade de entre 10 e 20 h.
9,66 euros
15,43 euros
Curso ou actividade de entre 20 e 30 h.
12,88 euros
18,74 euros
Curso ou actividade de máis de 30 h.
16,10 euros
22,04 euros
3. Inscricións
Artigo 6º
No momento de efectuar a inscrición en calquera Escola Municipal ou actividade, deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa ou o pago por portelo mensualmente. Igualmente poderase autorizar o pago das taxas nalgún local destinado ó efecto previa autorización da Concellaría de Cultura e Deportes do Concello.
O abono familiar é unha modalidade de pagamento destinada a incentivar a participación dos membros da unidade familiar nas escolas deportivas municipais. Para elo establécense os seguintes reduccións:
Número de inscripcións
Desconto nas
matrículas
Desconto na
escola.
3 ou máis (unidade familiar)
50% en todas
50% na escola de menor importe.
Familia numerosa.
50% en todas
50% nas escolas.
Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación por parte de Asuntos Sociais) ou casos particulares previo estudio.
100% en todas
100% en todas
Concertos fiscais
Artigo 7º .
Artigo 8º .
Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.
Obriga de pagamento.
Artigo 9º .
Infraccións e sancións
Artigo 10º .
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.
Dereito supletorio.
Artigo 11º .
Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.
Disposición final.
A presente Ordenanza, que consta de 11 artigos, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derogación.