Culleredo - Ordenanza fiscal del Impuesto sobre Bienes Inmuebles

Publicación provisional: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1. Tipo de gravame

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable neste Concello queda fixado nos termos seguintes:

Bens inmobles urbanos: 0,52%.

Bens inmobles rústicos: 0,73%.

Bens inmobles de características especiais: 1,3%

Artículo 2.º Bonificacións

2.1. Terán dereito a unha bonificación do 90% na cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior ó remate destas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.

Para o goce desta bonificación os interesados deberán presentar unha solicitude coa que se deberá achega-la seguinte documentación:

- Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles correspondente ó inmoble ó que se refire a solicitude. No caso de que non se dispoña deste, certificación expedida pola Xerencia Territorial do Catastro da Coruña, na que se faga consta-la referencia catastral do referido inmoble.

- Certificación do técnico-director das obras de construcción, visado polo Colexio Oficial competente, na que se indique a data de comezo das obras.

- Documentación acreditativa de que o inmoble para o que se solicita bonificación non figura entre o inmobilizado da empresa: cédula de cualificación provisional no caso de vivendas de protección oficial, fotocopia compulsada do último balance de situación presentado ante Facenda ou certificación do censor xurado de contas no que se faga constar tal circunstancia.

- Documentación pola que se acredite que o inmoble para o que se solicita bonificación constitúe o obxecto da empresa de urbanización, construcción ou promoción inmobiliaria: fotocopia compulsada dos estatutos sociais ou fotocopia compulsada da declaración de alta no imposto sobre actividades económicas.

A bonificación concedida só producirá efectos para o período impositivo seguinte ó inicio das obras, debendo solicitarse expresamente a súa prórroga para os dous períodos seguintes, achegando a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos establecidos anteriormente.

2.2. Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ó do outorgamento da cualificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme a normativa da respectiva Comunidade Autónoma. Esta bonificación concederase a petición do interesado, e poderá efectuarse en calquera momento anterior ó remate dos tres períodos impositivos de duración desta e producirá efectos, no seu caso, desde o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite.

2.3. Terán dereito a unha bonificación do 95% da cota íntegra e, no seu caso, do recargo do imposto a que se refire o artigo 134 da presente Lei, os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, de 19 de decembro, sobre réxime fiscal das cooperativas.

2.4. Terán dereito a unha bonificación do 90% sobre a cota íntegra aplicable ós bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual e nos que figure como suxeito pasivo quen ostente a condición de titular dunha familia numerosa, sempre que se cumpran ademais os seguintes requisitos:

a) Que a suma dos valores catastrais de tódolos bens inmobles sitos no Termo Municipal de Culleredo, dos que sexan suxeitos pasivos o titular da familia numerosa ou algún dos membros da mesma, non exceda de 100.000 euros.

b) Que a renda dispoñible de unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran no seguinte cadro:

 

Número membros unidade familiar Importe máximo de renda dispoñible
3 20.000,00
4 30.000,00
5 35.000,00
6 39.000,00
7 42.000,00
8 44.000,00
9 ou máis 45.000,00

Para os efectos de aplicación do cadro anterior, considerarase renda dispoñible a suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que teñen rendas suxeitas ó imposto sobre a renda de persoas físicas.

Os suxeitos pasivos que, cumprindo os requisitos establecidos no apartado anterior, pretendan gozar da bonificación regulada neste apartado, deberán presentar unha solicitude antes do 31 de marzo do ano correspondente ó período impositivo en que se pretenda que produza efectos. Coa mesma deberá achegarse a seguinte documentación:

- Copia compulsada de título de familia numerosa expedido polo órgano competente.

- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, na que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita bonificación.

- Copia compulsada da última declaración do IRPF presentada polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteña rendas suxeitas ó referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración da renda, presentarán certificado no que conste que non se presentase esta e copias compulsadas de nóminas, certificados de retencións ou calquera outros elemento que sirva para a determinación da renda dispoñible.

A bonificación concedida só producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a prórroga nos seguintes períodos impositivos, presentando de novo a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos para o seu goce.

Artigo 3.-Exencións.

Gozarán de exención os seguintes bens:

3.1. Os bens inmobles urbanos cunha cota líquida que non supere a contía de 3,00 euros.

3.2. Os bens inmobles rústicos, cando para cada suxeito pasivo a cota líquida agrupada correspondente á totalidade dos seus bens rústicos sitos no municipio, agrupada conforme o previsto no apartado 2 do artigo 78 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, sexa inferior a 10,00 euros.

disposición final

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro do 2004 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.