Narón - ORDENANZA FISCAL NÚM. 23 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS POLO SERVICIO MUNICIPAL DE PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DE NARÓN

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/12/2006 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2007

I.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

Artigo 1º

No uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, este Concello establece a Taxa pola prestación do servizo de prevención e extinción de incendios, auxilios e salvamentos de persoas e bens e outros análogos que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no R.D.L. 2/2004 de 5 de marzo que aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais

II.- FEITO IMPOÑIBLE.

Artigo 2º

Constitúe o feito impoñible deste tributo a realización das actividades polo servizo municipal de Protección Civil incluidas no apartado k do artigo 20 do RDL 2/2004 de 5 de marzo que aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais.

Artigo 3º

Non estará suxeito a esta taxa o servizo de prevención xeral de incendios nin os servizos que se presten en beneficio da xeneralidade ou dunha parte considerable da población do Concello ou en caso de calamidade ou catástrofe pública oficialmente declarada.

Así mesmo, non estará suxeita a esta taxa a prestación do servicio de protección civil cando o organizador da concentración ou espectáculo a que se fai referencia no punto 5 do artigo anterior sexa o propio Concello de Narón.

III.- SERVIZOS OBRIGATORIOS.

Artigo 4º

Será obrigatoria a prestación dos servizos nos casos de risco grave e inminente, conforme ao disposto na normativa urbanistica, de policía e de protección civil e cando o ordenen as autoridades públicas por razóns de seguridade pública.

IV.- NACEMENTO DA OBRIGA TRIBUTARIA.

Artigo 5º

A obriga tributaria xorde da utilización ou prestación dos servizos que constitúen o feito impoñible desta taxa, entendendo que este inicianse para todos os efectos cando saia da base a dotación correspondente, ben sexa a solicitude dos particulares interesados, ben sexa a solicitude dos particulares interesados, ben sexa de oficio por razóns de seguridade, sempre que a prestación do servizo redunde en beneficio do suxeito pasivo.

V.- SUXEITO PASIVO.

Artigo 6º

Serán contribuintes deste tributo, respondendo solidariamente

as persoas físicas e xuridicas, nacionais ou estranxeiras, e as entidades a que fai referencia o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que se atopen nalgún dos supostos seguintes:

Os solicitantes do servizo que resulten especialmente beneficiados polo mesmo, sexan alugueiros, posuidores ou ocupantes dos lugares ou bens nos que se produza o risco motivador.

Os donos ou propietarios dos bens nos que se produza o risco ou sinistro motivador, cando os informes técnicos amosen que non estaban dotadas das debidas condicións de seguridade para prever ou atenuar o sinistro, agás que este fose causado por culpa ou negligencia dun usuario.

As persoas causantes do risco ou sinistro que, pola súa actuación ou negligencia obriguen a prestación do servizo.

Artigo 7º

Terán a consideración de substitutos do contibuínte pola prestación do servicio de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas, construcción e derrubes, accidentes de tráfico, salvamentos e, en xeral de protección de persoas e bens, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco.

VI.- RESPONSABLES.

Artigo 8º

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire a Lei Xeral Tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral no supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.

VII.- COTA TRIBUTARIA.

Artigo 9º.

1.- A Cota tributaria determinarase en función do número de efectivos, tanto persoais como materiais que se empregen na prestación do servizo, o tempo investido neste, e o percorrido efectuado polos vehiculos que actúen.

 

A)PERSONAL

Hora encargado/capataz

20,52

€/hora

Hora oficial/chofer

18,41

€/hora

Hora peón

17,10

€/hora

B) VEHICULOS

Servicios prestados con vehículo motobomba.

47,26 

€/hora

Servicios prestados con camión basculante

33,44

€/hora

Servicios prestados con camión basculante con grúa (pequeño)

33,44 

€/hora

Servicios prestados con camión basculante con grúa (medio)

42,80

€/hora

Servicios prestados con furgoneta/furgón

16,98 

€/hora

 Servicios prestados con todoterreno

22,50

€/hora

Servicios prestados con tractor multiusos con equipamento: cargadora, retroexcavadora, desbrozadora, compresor e motoniveladora

47,26 

 

 

 

€/hora

Servicios prestados con camión recolector compactador 16 m3 y

47,26

 

€/hora

Servicios prestados con camión recolector compactador 8 m3

33,44 

 

€/hora

Servicios prestados con camión con plataforma hidráulica

42,80 

 

€/hora

C)MATERIAIS I

 

 

Bomba de camión

31,25

€/hora

Servicios prestados con bomba de achique.

20,00 

€/hora

Servicios prestados con xerador 7 KW

16,25 

€/hora

Servizos equipo autónomo

7,50

€/hora

Servicios prestados con motoserra

7,50

€/hora

Servicos prestados con serra circular

5,36 

€/hora

Servicios prestados con detector de fugas

7,75 

€/hora

Servicios prestados con chigre

5,36

€/hora

Servicios prestados con formigoneira

5,36 

€/hora

Servicios prestados con vibrador

3,16 

€/hora

Servicios prestados con cortacéspede

5,36 

€/hora

Servicios prestados con prancha vibradora

7,75 

€/hora

Servicios prestados con hidrolimpadora

7,75 

€/hora

Servicios prestados con grupo soldadura

5,36 

€/hora

Servicios prestados con desatascadora

7,75 

€/hora

Servicios prestados con andamios e valos

3,16 

€/unid/día

Tramo mangueira de 25 mm

1,25

€/hora

Tramo mangueira de 45 mm

1,62

€/hora

Tramo mangueira de 70 mm

2,00

€/hora

Enlaces y lanzas (unidade)

0,50

€/hora

Xeradores de espuma

6,25

€/hora

Desbrozadota

12,50

€/hora

Resto de ferramenta

18,75

€/hora

D)MATERIAIS II

 

 

Espuxómetro

12,50

€/Litro

Absorbente

10,00

€/Kg.

Detergente/dispersante

7,50

€/litro

E)MATERIAIS IV

 

 

Extintor 6Kg.ABC

37,50

€/unidad/dia

Extintor 9 kg ABC

43,75

€/unidad/día

 

 

                2.- Cando a prestación do servizo de protección civil teña lugar fóra do termo municipal, á cota derivada da aplicación dos parámetros anteriores, experimentaráselle un incremento de 0,65 euros por kilómetro percorrido, en ida e volta, dende a saída do vehículo da base ata o lugar de prestación do servizo.

3.- No caso de que, saíndo o vehículo da base, o servizo de protección civil non chegase a intervir, cobrarase unicamente o epígrafe relativo ao vehículo,(excepto os servicios de prevenciòn) agás os desprazamentos realizados fóra do termo municipal, onde se aplicará ademais o disposto no parágrafo segundo do presente artigo.

VIII.- NORMAS DE XESTIÓN.

Artigo 10º.

1.- O persoal do servizo de protección civil estenderá un parte en impreso normalizado, segundo modelo incluído como Anexo á presente ordenanza, no que fará constar:

  • Nome e apelido, D.N.I. ou C.I.F. da persoa solicitante do servizo ou
  • beneficiada polo mesmo, así como o seu enderezo e teléfono.
  • Motivo da actuación, indicando se esta foi de oficio ou a instancia da parte.
  • Hora de saída e chegada a base.
  • Número de efectivos persoais e tempo empregado.
  • Material empregado na prestación do servizo.
  • Vehiculos empregados na prestación do servizo.
  • Lugar de prestación do servizo, indicado o número de kilómetros percorridos polo servizo.
  • No seu caso, entidade ou sociedade aseguradora do risco.
  • Calquera outra observación que deba terse en conta para a contificación da taxa.

 

Cando se trate de apertura de portas, unicamente se indicará o motivo da actuación.

2.- O parte estenderase por triplicado ejemplar, remitindo un ao afectado ou beneficiario, outro quedará en poder do persoal de protección civil, e outro remitirase por este último ao servizo de xestión tributaria do Concello de Narón.

3.- De acordo cos datos facilitados no parte polo servizo de proteccióncivil, o servizo de xestión tributaria do Concello practicará a liquidación que corresponda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos sinalados polo Regulamento Xeral de Recadación.

4.- O solicitante do servizo ou persoa beneficiada polo mesmo, no seu caso, aportará , a requirimento dos servizos municipais do Concello, copia compulsada da póliza que aseguran os feitos que dan orixe á liquidación pola prestación do servizo, e do recibo acreditativo do pagamento do período no que tiverón lugar os mesmos, indicando nome da entiddade ou sociedade aseguradora do risco e o seu C.I.F.

IX.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

Artigo 11º.

En materia de infraccións e sancións tributarias, rexerá o disposto na Lei Xeral Tributaria vixente.

X.- DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia,e comenzara a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.