Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 23 REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS, PROTECCIÓN CIVIL, PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS E SALVAMENTO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/12/2014 BOP Nº: 245
Aplicable dende: 01/01/2015

I.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

Artigo 1.- No uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, este Concello establece a Taxa pola prestación polos servizos de emerxencias, protección civil, prevención e extinción de incendios e salvamento e outros análogos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no RDL 2/2004 de 5 marzo que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

II.- FEITO IMPOÑIBLE.

Artigo 2.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos de emerxencias, protección civil, prevención e extinción de incendios e salvamento e outros análogos.

Artigo 3.- Non estarán suxeitos a esta taxa os anteriores servizos cando a súa causa non proveña de dolo, culpa e neglixencia dos propietarios ou posuidores das cousas onde interveñan os servizos de emerxencias ou coma consecuencia do incumprimento dos deberes impostos pola lexislación urbanística vixente.

Artigo 4.-  Estarán exentos do pago da asistencia prestada no caso de incendios, salvamentos, afundimentos de edificios, construcións e outros inmobles e salvamento de persoas os contribuintes beneficiarios do RISGA e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado, así como quen xustifique que os ingresos anuais globais da unidade familiar á que pertencen é inferior ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), sempre que non afecten a bens asegurados.

Artigo 5.- Así mesmo, non estará suxeita a prestación dos servizos, cando o organizador da actividade sexa o propio Concello.

III.- SERVIZOS OBRIGATORIOS.

Artigo 6.- Será obrigatoria a prestación dos servizos nos casos de risco grave e inminente, conforme ao disposto na normativa urbanística, de policía e de protección civil e cando o ordenen as autoridades públicas por razóns de seguridade pública.

IV.- NACEMENTO DA OBRIGA TRIBUTARIA.

Artigo 7.- A obriga tributaria xorde da utilización ou prestación dos servizos que constitúen o feito impoñible desta taxa, entendendo que este inícianse para todos os efectos cando saia da base a dotación correspondente, ben sexa por solicitude dos particulares interesados, ben sexa de oficio por razóns de seguridade, sempre que a prestación do servizo redunde en beneficio do suxeito pasivo.

V.- SUXEITO PASIVO.

Artigo 8.- A obriga tributaria xorde da utilización ou prestación dos servizos que constitúen o feito impoñible desta taxa, entendendo que este inícianse para todos os efectos cando saia da base a dotación correspondente, ben sexa por solicitude dos particulares interesados, aínda que non o solicitase persoalmente o suxeito en situación de perigo na súa persoa ou bens, ben sexa de oficio por razóns de seguridade, sempre que a prestación do servizo redunde en beneficio do suxeito pasivo.

Artigo 9.- Son suxeitos pasivos contribuíntes deste tributo, respondendo solidariamente, as persoas físicas e xurídicas, nacionais ou estranxeiras, e as entidades a que fai referencia o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que se atopen nalgún dos supostos seguintes:

VI.- RESPONSABLES.

Artigo 10.-Terán a consideración de substitutos do contribuínte pola prestación dos servizos de emerxencias, protección civil, prevención e extinción de incendios, e salvamento, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco. No caso de que o inmoble ou o ben non se encontre asegurado, será substituto do contribuínte o propietario daquel.

VII.- COTA TRIBUTARIA.

Artigo 11.

1.- A Cota tributaria determinarase en función do número de efectivos, tanto persoais como materiais que se empregan na prestación do servizo, o tempo investido neste, e o percorrido efectuado polos vehículos que actúen.

A) PERSONAL

Hora Inspector Xefe de Emerxencias/Xefe de Servicio

29,78

€/hora ou fracción

Hora Sarxento de Emerxencias

23,03

€/hora ou fracción

Hora Cabo de Emerxencias/Axente de Emerxencias

21,11

€/hora ou fracción

Hora Peón

19,18

€/hora ou fracción

B)VEHICULOS I

 

 

Furgoneta/Furgón de salvamento

25,95

€/hora ou fracción

Todoterreo

25,25

€/hora ou fracción

Autobomba forestal

51,71

€/hora ou fracción

Autobomba

123,85

€/hora ou fracción

Autoescala

49,49

€/hora ou fracción

C)VEHICULOS II

 

 

Servizos prestados con camión basculante con e sen guindastre (pequeno)

37,53

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión basculante con e sen guindastre (medio)

48,65

€/hora ou fracción

Servizos prestados con tractor multiusos con equipamento: cargadora, retroescavadora, desbrozadora, compresor e motoniveladora.

63,67

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión recolector compactador 15 m3

50,90

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión recolector compactador 12 m3

47,22

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión con plataforma hidráulica

48,02

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión cisterna de baldeo e rego sobre camión de 8.000 litros

66,89

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión portacontenedores con gancho

42,06

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión portacontenedores con gancho e guindastre

60,50

€/hora ou fracción

Servizos prestados con barredora de aspiración autopropulsada de 2 m3

47,42

€/hora ou fracción

Servizos prestados con barredora cisterna de baldeo e rego autopropulsada

53,40

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión lavacontenedores de 4.000 litros

65,10

€/hora ou fracción

Servizos prestados con dumper multiuso con volquete

35,97

€/hora ou fracción

C)MATERIAIS I

 

 

Servizos prestados con bomba de achique

22,44

€/hora ou fracción

Servizos prestados con xerador de electricidade

18,24

€/hora ou fracción

Servizos equipo autónomo

8,42

€/hora ou fracción

Servizos prestados con motoserra

14,82

€/hora ou fracción

Servizos prestados con Trator cortacéspede

18,40

€/hora ou fracción

Servizos prestados con hidrolimpadora

8,94

€/hora ou fracción

Servizos prestados con grupo soldadura

7,52

€/hora ou fracción

Servizos prestados con equipo de excarcelación

35,77

€/hora ou fracción

Mangueiras (25,45, ou 70 m/m) por metro lineal

5,11

€/hora ou fracción

Xeradores de Espuma

7,02

€/hora ou fracción

Rozadoira

14,03

€/hora ou fracción

Resto de ferramenta

21,03

€/hora ou fracción

D) MATERIAIS II

 

 

Espumoxeno de baixa e media expansión

14,03

€/litro

Espumoxeno de alta expansión

4,09

€/litro

Absorbente

11,22

€/Kg

Deterxente/Dispersante

8,42

€/litro

Extintor (po, CO2, etc)

65,81

€/extintor

2.- Cando a prestación do servizo teña lugar fóra do termo municipal, á cota derivada da aplicación dos parámetros anteriores, experimentaráselle un incremento de 0,69 euros por quilómetro percorrido, en ida e volta, dende a saída do vehículo da base ata o lugar de prestación do servizo.

3.- No caso de que, saíndo o vehículo da base, o servizo de emerxencias non chegase a intervir, cobrarase unicamente o epígrafe relativo ao vehículo,(excepto os servizos de prevención) agás os desprazamentos realizados fóra do termo municipal, onde se aplicará ademais o disposto no parágrafo segundo do presente artigo.

 

VIII.- NORMAS DE XESTIÓN.

Artigo 12.

1.- O persoal do servizo de protección civil estenderá un parte en impreso normalizado, no que fará constar:

- Nome e apelido, D.N.I. ou C.I.F. da persoa solicitante do servizo ou beneficiada polo mesmo, así como o seu enderezo e teléfono.

- Motivo da actuación, indicando se esta foi de oficio ou a instancia da parte.

- Hora de saída e chegada a base.

- Número de efectivos persoais e tempo empregado.

- Material empregado na prestación do servizo.

- Vehículos empregados na prestación do servizo.

- Lugar de prestación do servizo, indicado o número de quilómetros percorridos polo servizo.

- No seu caso, entidade ou sociedade aseguradora do risco.

- Calquera outra observación que deba terse en conta para a cuantificación da taxa.

Cando se trate de apertura de portas, unicamente se indicará o motivo da actuación.

2.- O parte estenderase por triplicado exemplar, remitindo un ao afectado ou beneficiario, outro quedará en poder do persoal de Emerxencias, e outro remitirase por este último ao servizo de xestión tributaria do Concello de Narón.

3.- De acordo cos datos facilitados no parte polo servizo de Emerxencias, o servizo de xestión tributaria do Concello practicará a liquidación que corresponda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos sinalados polo Regulamento Xeral de Recadación.

4.- O solicitante do servizo ou persoa beneficiada polo mesmo, no seu caso, aportará , a requirimento dos servizos municipais do Concello, copia compulsada da póliza que aseguran os feitos que dan orixe á liquidación pola prestación do servizo, e do recibo acreditativo do pagamento do período no que tiveron lugar os mesmos, indicando nome da entidade ou sociedade aseguradora do risco e o seu C.I.F.

IX.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

Artigo 13.

En materia de infraccións e sancións tributarias, rexerá o disposto na Lei Xeral Tributaria vixente.

X.- DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.