Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 23 REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS, PROTECCIÓN CIVIL, PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS E SALVAMENTO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 24/12/2012 BOP Nº: 244
Aplicable dende: 01/01/2013

I.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

Artigo 1.- No uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, este Concello establece a Taxa pola prestación polos servizos de emerxencias, protección civil, prevención e extinción de incendios e salvamento e outros análogos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no RDL 2/2004 de 5 marzo que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

II.- FEITO IMPOÑIBLE.

Artigo 2.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos de emerxencias, protección civil, prevención e extinción de incendios e salvamento e outros análogos.

Artigo 3.- Non estarán suxeitos a esta taxa os anteriores servizos cando a súa causa non proveña de dolo, culpa e neglixencia dos propietarios ou posuidores das cousas onde interveñan os servizos de emerxencias ou coma consecuencia do incumprimento dos deberes impostos pola lexislación urbanística vixente.

Artigo 4.- Non estará suxeito a esta taxa o servizo de prevención xeral de incendios nin os servizos que se presten en beneficio da xeneralidade ou dunha parte considerable da poboación do Concello ou en caso de calamidade ou catástrofe pública oficialmente declarada.

Artigo 5.- Así mesmo, non estará suxeita a prestación dos servizos, cando o organizador da actividade sexa o propio Concello.

III.- SERVIZOS OBRIGATORIOS.

Artigo 6.- Será obrigatoria a prestación dos servizos nos casos de risco grave e inminente, conforme ao disposto na normativa urbanística, de policía e de protección civil e cando o ordenen as autoridades públicas por razóns de seguridade pública.

IV.- NACEMENTO DA OBRIGA TRIBUTARIA.

Artigo 7.- A obriga tributaria xorde da utilización ou prestación dos servizos que constitúen o feito impoñible desta taxa, entendendo que este inícianse para todos os efectos cando saia da base a dotación correspondente, ben sexa por solicitude dos particulares interesados, ben sexa de oficio por razóns de seguridade, sempre que a prestación do servizo redunde en beneficio do suxeito pasivo.

V.- SUXEITO PASIVO.

Artigo 8.- Serán contribuíntes deste tributo, respondendo solidariamente, as persoas físicas e xurídicas, nacionais ou estranxeiras, e as entidades a que fai referencia o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que se atopen nalgún dos supostos seguintes:

Os solicitantes do servizo que resulten especialmente beneficiados polo mesmo, sexan alugueiros, posuidores ou ocupantes dos lugares ou bens nos que se produza o risco motivador.

Os donos ou propietarios dos bens nos que se produza o risco ou sinistro motivador, cando os informes técnicos amosen que non estaban dotadas das debidas condicións de seguridade para prever ou atenuar o sinistro, agás que este fose causado por culpa ou neglixencia dun usuario.

As persoas causantes do risco ou sinistro que, pola súa actuación ou neglixencia obriguen a prestación do servizo.

Artigo 9.- Terán a consideración de substitutos do contribuínte pola prestación dos servizos de emerxencias, protección civil, prevención e extinción de incendios, e salvamento, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco.

VI.- RESPONSABLES.

Artigo 10.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire a Lei Xeral Tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral no supostos e co alcance que sinala a Lei xeral tributaria.

VII.- COTA TRIBUTARIA.

Artigo 11.

1.- A Cota tributaria determinarase en función do número de efectivos, tanto persoais como materiais que se empregan na prestación do servizo, o tempo investido neste, e o percorrido efectuado polos vehículos que actúen.

A) PERSONAL

Hora Inspector Xefe de Emerxencias/Xefe de Servicio

29,78

€/hora ou fracción

Hora Sarxento de Emerxencias

23,03

€/hora ou fracción

Hora Cabo de Emerxencias/Axente de Emerxencias

21,11

€/hora ou fracción

Hora Peón

19,18

€/hora ou fracción

B)VEHICULOS I

 

 

Furgoneta/Furgón de salvamento

25,95

€/hora ou fracción

Todoterreo

25,25

€/hora ou fracción

Autobomba forestal

51,71

€/hora ou fracción

Autobomba

123,85

€/hora ou fracción

Autoescala

49,49

€/hora ou fracción

C)VEHICULOS II

 

 

Servizos prestados con camión basculante con e sen guindastre (pequeno)

37,53

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión basculante con e sen guindastre (medio)

48,65

€/hora ou fracción

Servizos prestados con tractor multiusos con equipamento: cargadora, retroescavadora, desbrozadora, compresor e motoniveladora.

63,67

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión recolector compactador 15 m3

50,90

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión recolector compactador 12 m3

47,22

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión con plataforma hidráulica

48,02

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión cisterna de baldeo e rego sobre camión de 8.000 litros

66,89

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión portacontenedores con gancho

42,06

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión portacontenedores con gancho e guindastre

60,50

€/hora ou fracción

Servizos prestados con barredora de aspiración autopropulsada de 2 m3

47,42

€/hora ou fracción

Servizos prestados con barredora cisterna de baldeo e rego autopropulsada

53,40

€/hora ou fracción

Servizos prestados con camión lavacontenedores de 4.000 litros

65,10

€/hora ou fracción

Servizos prestados con dumper multiuso con volquete

35,97

€/hora ou fracción

C)MATERIAIS I

 

 

Servizos prestados con bomba de achique

22,44

€/hora ou fracción

Servizos prestados con xerador de electricidade

18,24

€/hora ou fracción

Servizos equipo autónomo

8,42

€/hora ou fracción

Servizos prestados con motoserra

14,82

€/hora ou fracción

Servizos prestados con Trator cortacéspede

18,40

€/hora ou fracción

Servizos prestados con hidrolimpadora

8,94

€/hora ou fracción

Servizos prestados con grupo soldadura

7,52

€/hora ou fracción

Servizos prestados con equipo de excarcelación

35,77

€/hora ou fracción

Mangueiras (25,45, ou 70 m/m) por metro lineal

5,11

€/hora ou fracción

Xeradores de Espuma

7,02

€/hora ou fracción

Rozadoira

14,03

€/hora ou fracción

Resto de ferramenta

21,03

€/hora ou fracción

D) MATERIAIS II

 

 

Espumoxeno de baixa e media expansión

14,03

€/litro

Espumoxeno de alta expansión

4,09

€/litro

Absorbente

11,22

€/Kg

Deterxente/Dispersante

8,42

€/litro

Extintor (po, CO2, etc)

65,81

€/extintor

2.- Cando a prestación do servizo teña lugar fóra do termo municipal, á cota derivada da aplicación dos parámetros anteriores, experimentaráselle un incremento de 0,69 euros por quilómetro percorrido, en ida e volta, dende a saída do vehículo da base ata o lugar de prestación do servizo.

3.- No caso de que, saíndo o vehículo da base, o servizo de emerxencias non chegase a intervir, cobrarase unicamente o epígrafe relativo ao vehículo,(excepto os servizos de prevención) agás os desprazamentos realizados fóra do termo municipal, onde se aplicará ademais o disposto no parágrafo segundo do presente artigo.

 

VIII.- NORMAS DE XESTIÓN.

Artigo 12.

1.- O persoal do servizo de protección civil estenderá un parte en impreso normalizado, no que fará constar:

- Nome e apelido, D.N.I. ou C.I.F. da persoa solicitante do servizo ou beneficiada polo mesmo, así como o seu enderezo e teléfono.

- Motivo da actuación, indicando se esta foi de oficio ou a instancia da parte.

- Hora de saída e chegada a base.

- Número de efectivos persoais e tempo empregado.

- Material empregado na prestación do servizo.

- Vehículos empregados na prestación do servizo.

- Lugar de prestación do servizo, indicado o número de quilómetros percorridos polo servizo.

- No seu caso, entidade ou sociedade aseguradora do risco.

- Calquera outra observación que deba terse en conta para a cuantificación da taxa.

Cando se trate de apertura de portas, unicamente se indicará o motivo da actuación.

2.- O parte estenderase por triplicado exemplar, remitindo un ao afectado ou beneficiario, outro quedará en poder do persoal de Emerxencias, e outro remitirase por este último ao servizo de xestión tributaria do Concello de Narón.

3.- De acordo cos datos facilitados no parte polo servizo de Emerxencias, o servizo de xestión tributaria do Concello practicará a liquidación que corresponda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos sinalados polo Regulamento Xeral de Recadación.

4.- O solicitante do servizo ou persoa beneficiada polo mesmo, no seu caso, aportará , a requirimento dos servizos municipais do Concello, copia compulsada da póliza que aseguran os feitos que dan orixe á liquidación pola prestación do servizo, e do recibo acreditativo do pagamento do período no que tiveron lugar os mesmos, indicando nome da entidade ou sociedade aseguradora do risco e o seu C.I.F.

IX.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

Artigo 13.

En materia de infraccións e sancións tributarias, rexerá o disposto na Lei Xeral Tributaria vixente.

X.- DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.