Narón - Ordenanza fiscal núm. 23, reguladora da taxa pola prestación de servicios polo servizo municipal de Protección Civil e regulación do tráfico urbano

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 21/12/2011 BOP Nº: 241
Aplicable dende: 01/01/2012

I.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

Artigo 1º

No uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, este Concello establece a Taxa pola prestación do servizo de prevención e extinción de incendios, auxilios e salvamentos de persoas e bens e outros análogos que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no R.D.L. 2/2004 de 5 de marzo que aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais

II.- FEITO IMPOÑIBLE.

Artigo 2º

Constitue o feito impoñible deste tributo, a realización das actividades polos servizos municipales, incluidas nos apartados K e Z do apartado 4 do artigo 20 do RDL 2/2004, de 5 de marzo que aproba o texto refundido da lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 3º

Non están suxeitos a esta taxa, os servizos de prevención xeral de incendios, a sinalización e ordenación habitual, do tráfico pola Policía Municipal, nin en xeral os servizos que se presten en beneficio da xeneralidde ou dunha parte considerable da poboación do Concello en caso de calamidade ou catástrofe pública oficialmente declarada.

III.- SERVIZOS OBRIGATORIOS.

Artigo 4º

Asi mesmo, non estará suxeita a prestación dos servizos, cando o organizador da actividade sexa o propio Concello de Narón.

IV.- NACEMENTO DA OBRIGA TRIBUTARIA.

Artigo 5º

A obriga tributaria xorde da utilización ou prestación dos servizos que constitúen o feito impoñible desta taxa, entendendo que este inicianse para todos os efectos cando saia da base a dotación correspondente, ben sexa a solicitude dos particulares interesados, ben sexa a solicitude dos particulares interesados, ben sexa de oficio por razóns de seguridade, sempre que a prestación do servizo redunde en beneficio do suxeito pasivo.

V.- SUXEITO PASIVO.

Artigo 6º

Serán contribuintes deste tributo, respondendo solidariamente

as persoas físicas e xuridicas, nacionais ou estranxeiras, e as entidades a que fai referencia o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que se atopen nalgún dos supostos seguintes:

Os solicitantes do servizo que resulten especialmente beneficiados polo mesmo, sexan alugueiros, posuidores ou ocupantes dos lugares ou bens nos que se produza o risco motivador.

Os donos ou propietarios dos bens nos que se produza o risco ou sinistro motivador, cando os informes técnicos amosen que non estaban dotadas das debidas condicións de seguridade para prever ou atenuar o sinistro, agás que este fose causado por culpa ou negligencia dun usuario.

As persoas causantes do risco ou sinistro que, pola súa actuación ou negligencia obriguen a prestación do servizo.

Artigo 7º

Terán a consideración de substitutos do contibuínte pola prestación do servicio de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas, construcción e derrubes, accidentes de tráfico, salvamentos e, en xeral de protección de persoas e bens, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco.

VI.- RESPONSABLES.

Artigo 8º

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire a Lei Xeral Tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral no supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.

VII.- COTA TRIBUTARIA.

Artigo 9º.

1.- A Cota tributaria determinarase en función do número de efectivos, tanto persoais como materiais que se empregen na prestación do servizo, o tempo investido neste, e o percorrido efectuado polos vehiculos que actúen.

 O Cadro de tarifas queda modificado do seguinte senso:

a)   SERVIZOS DE PROTECCIÓN CIVIL

A) PERSOAL

 

 

Hora encargado/capataz

22,53

€/hora

Hora coordinador/xefe de Servizo

22,53

€/hora

Hora oficial/chofer/axente

20,22

€/hora

Hora peón

18,77

€/hora

B) VEHÍCULOS

 

 

a) Servizos prestados con vehículo motobomba

51,89

€/hora

b) Servizos prestados con camión basculante

36,72

€/hora

c) Servizos prestados con camión basculante con guindastre(pequeno)

36,72

€/hora

d) Servizos prestados con camión basculante con guindastre (medio)

46,99

€/hora

e) Servizos prestados con furgoneta/furgón

18,64

€/hora

Todoterreo

24,71

€/hora

f) Servizos prestados con tractor multiusos con equipamento: cargadora, retroescavadora, rozador, compresor e motoniveladora

51,89

€/hora

g) Servizos prestados con camión colleiteiro 16 m3

51,89

€/hora

h) Servizos prestados con camión colleiteiro compactador 8 m3

36,72

€/hora

i) Servizos prestados con camión con plataforma hidráulica

46,99

€/hora

C) MATERIAIS

 

 

Bomba de camión

34,31

€/hora

j) Servizos prestados con bomba de achique

21,96

€/hora

k) Servizos prestados con xerador 7 KW

17,85

€/hora

Servizos equipo autónomo

8,24

€/hora

l) Servizos prestados con serra motoserra

8,24

€/hora

m) Servizos prestados con serra circular

5,89

€/hora

n) Servizos prestados con detector de fugas

8,51

€/hora

ñ) Servizos prestados con chigre

5,89

€/hora

o) Servizos prestados con formigoneira

5,89

€/hora

p) Servizos prestados con vibrador

3,47

€/hora

q) Servizos prestados con cortacéspedes

5,89

€/hora

r) Servizos prestados con prancha vibradora

8,51

€/hora

s) Servizos prestados con hidrolimpadora

8,51

€/hora

t) Servizos prestados con grupo soldadura

5,89

€/hora

u) Servizos prstados con desatascadora

8,51

€/hora

v) Servizos prestados con estadas e valos

3,47

Unid/día

Metro mangueira de 25 mm

1,37

€/hora

Metro mangueira de 45 mm

1,78

€/hora

Metro mangueira de 70 mm

2,20

€/hora

Enlaces e lanzas (unidade )

0,55

€/hora

Xeradores de espuma

6,87

€/hora

Rozadora

13,73

€/hora

Resto de ferramenta

20,58

€/hora

Espuxómetro

13,73

€/litro

Absorbente

10,98

€/Kg

Deterxente/dispersante

8,24

€/litro

Extintor 6 Kg. ABC

41,18

€/unid/día

Extintor 9 Kg. ABC

48,03

€/unid/día

b)   OUTROS SERVIZOS

Por acompañamento de transportes especiais dentro do termo municipal

Por hora ou fracción

1)    Cota fixa

49,49 €

2)    Cota variable.

 

a)    Polo uso de automóbil municipal

10,93 €

b)    Polo uso de motocicleta municipal

6,60 €

c)    Por servizo prestado por policía local

21,96 €

Tarifa mínima

13,20 €

2. Cando a prestación do servizo de protección civil teña lugar fóra do termo municipal, á cota derivada da aplicación dos parámetros anteriores, experimentaráselle un incremento de 0,68 euros por quilómetro percorrido, en ida e volta, dende a saída do vehículo da base ata o lugar de prestación do servizo.

3.- No caso de que, saíndo o vehículo da base, o servizo de protección civil non chegase a intervir, cobrarase unicamente o epígrafe relativo ao vehículo,(excepto os servicios de prevenciòn) agás os desprazamentos realizados fóra do termo municipal, onde se aplicará ademais o disposto no parágrafo segundo do presente artigo.

 

VIII.- NORMAS DE XESTIÓN.

Artigo 10º.

1.- O persoal do servizo de protección civil estenderá un parte en impreso normalizado, segundo modelo incluído como Anexo á presente ordenanza, no que fará constar:

  • Nome e apelido, D.N.I. ou C.I.F. da persoa solicitante do servizo ou
  • beneficiada polo mesmo, así como o seu enderezo e teléfono.
  • Motivo da actuación, indicando se esta foi de oficio ou a instancia da parte.
  • Hora de saída e chegada a base.
  • Número de efectivos persoais e tempo empregado.
  • Material empregado na prestación do servizo.
  • Vehiculos empregados na prestación do servizo.
  • Lugar de prestación do servizo, indicado o número de kilómetros percorridos polo servizo.
  • No seu caso, entidade ou sociedade aseguradora do risco.
  • Calquera outra observación que deba terse en conta para a contificación da taxa.

 

Cando se trate de apertura de portas, unicamente se indicará o motivo da actuación.

2.- O parte estenderase por triplicado ejemplar, remitindo un ao afectado ou beneficiario, outro quedará en poder do persoal de protección civil, e outro remitirase por este último ao servizo de xestión tributaria do Concello de Narón.

3.- De acordo cos datos facilitados no parte polo servizo de proteccióncivil, o servizo de xestión tributaria do Concello practicará a liquidación que corresponda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos sinalados polo Regulamento Xeral de Recadación.

4.- O solicitante do servizo ou persoa beneficiada polo mesmo, no seu caso, aportará , a requirimento dos servizos municipais do Concello, copia compulsada da póliza que aseguran os feitos que dan orixe á liquidación pola prestación do servizo, e do recibo acreditativo do pagamento do período no que tiverón lugar os mesmos, indicando nome da entiddade ou sociedade aseguradora do risco e o seu C.I.F.

IX.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

Artigo 11º.

En materia de infraccións e sancións tributarias, rexerá o disposto na Lei Xeral Tributaria vixente.

X.- DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia,e comenzara a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.