Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 31/03/1999 BOP Nº: 73
Publicación definitiva: 31/03/1999 BOP Nº: 73
Aplicable dende: 01/01/2008

ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó establecido no art. 57 do citado RDL 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que soliciten u provoquen a tramitación do documento ou expediente de que se trate, ou que redunde no seu interese.

ARTIGO 5.- Exencións subxectivas

Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que obteñan ingresos anuais inferiores ós que correspondan ó salario mínimo interprofesional.

Artigo 7.º .-Tarifas.

A tarifa á que se refire o artigo anterior estruturarase nos seguintes epígrafes:
CONCEPTO
EUROS
Epígrafe 1.º: Documentos relacionados coa xestión urbanística
1.-Por cada expediente de declaración de ruína de edificios
46,66
2.-Por cada certificación de servizos urbanísticos que se expida, solicitada por instancia de parte.
16,16
3.-Por cada informe que se expida sobre características do terreo, ou consulta a efectos de edificación, por instancia de parte.
16,16
4.-Por cada plano de aliñación de rúas, ensanches, etc. Por cada m² ou fracción de plano.
2,43
5.-Por expedición de copias de planos obrantes no expediente de concesión de licencias de obras por cada m² ou fracción de plano.
2,43
6.-Consulta sobre ordenanzas de edificación
Gratuíto
7.-Obtención de cédula urbanística.
15,80
8.-Por cada copia de planos de contribución rústica ou urbana
2,44
9.-Proxectos de reparcelación e compensación
61,32
10.-Normalización, parcelación, agrupación e división de fincas
51,10
11.-Por cada copia de documentos non especificados anteriormente
0,71
Epígrafe 2.º
Compulsa de documentos, por cada unidade
0,36
ORDENANZA N.º 22

ARTIGO 11º .- Infracción e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.