Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó establecido no art. 57 do citado RDL 2/2004, de 5 de marzo.
ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que soliciten u provoquen a tramitación do documento ou expediente de que se trate, ou que redunde no seu interese.
ARTIGO 5.- Exencións subxectivas
Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que obteñan ingresos anuais inferiores ós que correspondan ó salario mínimo interprofesional.
Artigo 7.º .-Tarifas.
CONCEPTO | EUROS |
Epígrafe 1º: Documentos relacionados coa xestión urbanística | |
1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios | 48,95 € |
2.- Por cada certificación de servizos urbanísticos que se expida, solicitada por instancia de parte. | 16,95 € |
3.- Por cada informe que se expida sobre características do terreo, ou consulta a efectos de edificación, por instancia de parte. | 16,95 € |
4.- Por cada plano de aliñación de rúas, ensanches, etc. Por cada m² ou fracción de plano. | 2,55 € |
5.- Por expedición de copias de planos obrantes no expediente de concesión de licencias de obras por cada m² ou fracción de plano. | 2,55 € |
6.- Consulta sobre ordenanzas de edificación | Gratuíto |
7.- Obtención de cédula urbanística. | 16,57 € |
8.- Por cada copia de planos de contribución rústica ou urbana | 2,56 € |
9.- Proxectos de reparcelación e compensación | 64,32 € |
10.- Normalización, parcelación, agrupación e división de fincas | 53,60 € |
11.- Por cada copia de documentos non especificados anteriormente | 0,74 € |
Epígrafe 2º | |
Compulsa de documentos, por cada unidade | 0,38 € |
ARTIGO 11º .- Infracción e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.