Narón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓNS DO SUBSOLO, SOLO E VOO DA VÍA PÚBLICA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/12/2007 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2008

artigo 6

1.- A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas Tarifas contidas no apartado 3 seguinte.

2.- Non obstante o anterior, para as Empresas determinadas no apartado 1 c) do artigo 24 da lei de Facendas Locais, a contía da taxa regulada nesta ordenanza consistirá, en todo caso e sen excepción algunha, no 1,5 por 100 dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente neste termo municipal ditas empresas. A estes efecto, entenderase por ingresos brutos o que ó respecto se estableza na mesma lei.

A contía desta taxa que puidera corresponder a Telefónica de España S.A., está englobada na compensación en metálico de periodicidade anual á que se refire o apartado 1 do artígo 4º da Lei 15/87, de 10 de xullo.

As taxas reguladas nesta Ordenanza esixibles as empresas explotadoras dos servicios de subministracións citadas neste punto son compatibles co Imposto sobre Construccións, Obras e Instalacións e con outras taxas que teña establecidas, ou poida establecer o Concello, pola prestación de servicios ou realización de actividades da competencia local, das que as menscionadas empresas deberán ser suxeitos pasivos.

3.- As tarifas da taxa serán as seguintes:
Por cada metro de liña ou tendido de enerxía ou forza motriz para tódolos usos.
0,032.- €
Por cada columna ou soporte de ferro ou formigón colocado na vía pública para o sostemento de conductores de enerxía eléctrica.
0,80.- €
Por cada columna de madeira para idem
1,15.- €
Por cada palomilla ou outra instalación semellante unida á edificación, que voe sobre a vía pública ou terreos en común
0,12.- €
Caixa de amarre, distribución ou rexistro ou análogas
0,80.- €
Casetas de transformadores de alumeado eléctrico por medtro cadrado ou fracción
1,80.- €
Por cada báscula automático que se estableza na vía pública
36,70.- €
Por cada aparato automático para a venta de gasolina, gas-oil ou de calquera outro producto, por metro cadrado ou fracción
3,70.- €
4.- Cando para a autorización da utilización privativa se utilicen procedementos de licencia pública, o importe da taxa virá determinado polo valor económico da proposición sobre a que recaia a concesión, autorización ou adxudicación.
A) INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS SUBTERRÁNEAS.
a) Conduccións.
1.- De baixa tensión:
Por cada metro lineal de conducción eléctrica subterránea formada como máximo de dous polos e neutro no caso de corrente continua, ou de tres fases e un neutro en caso de corrente trifásica:
Ata 10 mm 2 de sección
0,032.- €
De 11 a 100
0,032.- €
De 101 a 100
0,032.- €
De 501 a 1000
0,053.- €
De máis de 1000
0,064.- €
2.- De Alta tensión:
Por cada metro lineal, comprendidas tódalas fases
0,043.- €
b) Outras instalacións.
Por metro cadrado ou fracción:
1.- Caixas de distribución (baixa tensión)
1,80.- €
2.- Caixas de derivación (alta tensión)
2,60.- €
3.- Quioscos transformadores:
En rúas de 1 a e 2 a
Noutros terreos do común dentro do casco urbano
Fóra do casco urbano
3,70.- €
1,50.- €
0,80.- €
c) Transformadores rotativos
 
Rúas 1a -2a
Terreos C. Urbano
Fora do C. Urbano
Ata 25 KW
4,40.- €
2,20.- €
1,45.- €
De 26 a 50 KW
7,30.- €
3,70.- €
2,60.- €
De 51 a 100
14,70.- €
7,30.- €
4,40.- €
De máis de 100
25,75.- €
11,05.- €
7,30.- €
d) Transformadores estáticos.
As cotas do epígrafe anterior reduciranse nun 20 por 100.
B) TUBOS PARA AUGA OU GAS.
Para metro lineal:
Ata 50 mm de diámetro
1,50.- €
De 51 a 150
2,20.- €
De máis de 150
2,95.- €
C) ¿LUCERAS" OU DEPÓSITOS DE BEIRARRÚAS PARA SERVICIOS DE EDIFICIOS.
Por metro cadrado ou fracción:
En rúas de 1 a. e 2 a. Categoría
1,80.- €
Terreos do casco urbano
0,57.- €
Terreos fóra do casco urbano
0,35.- €
D) DEPÓSITOS.
Por metro cúbico de volume:
 
Rúas 1 a. - 2 a
Terreos C. Urbano
Fóra do C. Urbano
Para combustible
3,70.- €
1,45.- €
0,57.- €
Outros depósitos
1,45.- €
0,45- €
0,35.- €
E) CAIXEIROS AUTOMÁTICOS.
Anexos ou non a establecementos de créditos, instalados con frente directo a vía pública, en línea de fachada, actividade autorizada ó ano por unidade: 318,85.- €