Narón - Ordenanza fiscal núm. 27 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 27/12/2008 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1.- Fundamento e natureza

O Abeiro do previsto no texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, na que este Concello, establece e esixe a Taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial dos bens de dominio público local especificados nas Tarifas incluidas no artigo 5 e segundo as normas contidas nesta Ordenanza, dos que aqueles son parte integrante.

Articulo 2.- Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible da Taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local especificados no artigo 5 da presente ordenanza.

Artigo 3.- Exencións

O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigados ao pago desta Taxa polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

Artigo 4.- Suxeitos Pasivos

1.- Son suxeitos pasivos da Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Norma Foral Xeneral Tributaria, que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, conforme a algún dos supostos previstos no Anexo da presente Ordenanza.
2.- Terán a condición de substitutos do contribuínte na Taxa establecida por utilización privativa ou o aproveitamento especial por entradas de vehículos ou carruajes a través das beirarrúas e pola súa construción, mantemento, modificación ou supresión, os propietarios das leiras e locais a que dean acceso devanditas entradas de vehículos, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 5.- A cota tributaria

A cota tributaria da Taxa será a que resulte segundo a Tarifa contida nos Cadros seguintes para cada tipo de utilización privativa ou aproveitamento especial.
CADRO DE TARIFAS
TARIFA PRIMEIRA-OVP POR VAOS, PUNTAIS, ASNILLAS, ANDAMIOS ETC
POR CATEGORIAS RUAS
1.1
OVP por Valos Por m2 ou omestib/mes
2,98
2,25
1,57
1.2
OVP voadizos, andamios ou outros analogos Por m2 ou omestib/mes
2,98
2,25
1,57
1.3
OVP puntais, asais ou outros elementos de apeo. Por elemento/mes
0,84
0,84
0,84
1.4
OVP Gruas e aparaellos mecánicos análogos por m2/mes
3,76
3,76
3,76
1.5
OVP por báscula automática, por unidade/mes
38,35
38,35
38,35
1.6
OVP por contenedores de obra por unidade/mes
38,35
38,35
38,35
Por instalación e ano
1.7
OVP con caixeiros automáticos, instalados con frente directo á vía pública, en línea coa fachada
318,85
318,85
318,85
1.8
OVP por surtidor de gasolina, gasoil, ou outro producto por m2 ou fracción
3,70
3,70
3,70
1.9
OVP outros Depósitos
3,70
1,45
0,57
Cuotas mínimas tarifa primeira
   
Tarifa mínima por OVP por valos -tarifa 1.1
32,00
32,00
32,00
Tarifa mínima por OVP por tarifas 1.2 e 1.3
24,00
24,00
24,00
Tarifa mínima por OVP por tarifas 1.4, 1.8 e 1.9
10 €
10
10
2)
TARIFA SEGUNDA-OVP ENTRADA E SAIDA DE VEHICULOS E VADOS
TARIFA 2.1 - ENTRADAS E SAIDAS DE VEHICULOS
Por cada entrada /ano
Epig.
  
2.1.1
Almacéns o por maior e almacéns
168,00 €
2.1.2
Empresas transportes viaxeiros e mercadorías
244,00 €
2.1.3
Establecementos de exposición vehiculos automoviles
117,00 €
2.1.4
Talleres mecánicos, lavados, pintura e outros similares
168,00 €
Por cada plaza de aparcamento/ano
2.1.5
Garaxes industriais *
8 €
 
Por entrada
2.1.6
Entrada a obra de nova construcions ou reparacións por mes ou fraccion
100 €
2.1.7
Outras actividades non contempladas nas anteriores. Por ano
150 €
GARAXES PRIVADOS E COMUNITARIOS
2.1.8
Garaxes privados e comunitarios con capacidade ata 4 vehiculos
Por entrada e ano
30,00
2.1.9
Garaxes de 5 a 10 prazas
75,00
2.1.10
Garaxes de 11 a 25 prazas
100,00
2.1.11
Por cada praza adicional a partir de 25, por praza e ano
1,5 €
TARIFA 2.2 VADOS
por metro lineal ou fracción de calzada a que alcance a reserva de estacionamento /ano
2.2.1
Vados permanentes
28 €
2.2.2
Vados provisionais
28 €
2.2.3
Vados laborais
20 €
2.2.4
Vados obra
20 €
2.2.5
Por cada metro ou fracción adicional ó ano
35 €
Por cada vehículo/ano
2.2.6
Reserva parada de taxi
23,00€
2.2.7
Reserva parada transporte lixeiro
42,00 €
   
  
Por traspaso
2.2.8
**Por traspaso de parada de taxi,
10 por 100 do traspaso
TARIFA 2.3 RESERVAS DE APARCAMENTO
Por metro lineal ou fracción de ocupacion
2.3.1
Reserva de espazo temporal ó día
2,00 €
2.3.2
Reserva permanente ó ano
74,75 €
TARIFA 2.4- PECHES DE RUA
Por dia
2.4.1
Peche de rúa completa
110,00
2.4.2
Peche de rúa só sentido da circulación
80,00
2.4.3
Peche dun carril habendo mais no mesmo sentido
40,00
2.4.4
Peche de rúa peonil
80,00
TARIFA 2.5 SUMINISTRO DE PLACAS
2.5.1
Suministro de placas de reserva (servizo exclusivo policia local)
15,00
Cotas mínimas Tarifa segunda
 
*Cota mínima garaxes industriais (epigrafe 2.1.5)
70,00
 
** Cota mínima traspaso parada taxi (epigrafe 2.2.8)
614,00
 
Cota minima en calquera caso para todas as tarifas taxas incluidas na tarifa segunda
15,00
3)
TARIFA TERCEIRA- OVP POR MESAS, CADEIRAS, ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA
.
Tarifa 3.1-licencias anuais
Epigrafes
Por ano
3.1.1
Licencias por ocupación por mesa e catro cadeiras
70,00 €
3.1.2
Licencias por elementos análogos (sombrillas, paneis,xardineiras...)
20,00 €
Tarifa mínima anual
20,00 €
Tarifa 3.2-licencias temporais
Por trimestre
3.2.1
Licencias por ocupación por mesa e catro cadeiras
35,00 €
3.2.2
Licencias elementos análogos (sombrillas, paneis,xardineiras...)
10,00 €
Tarifa mínima temporal
10 €
TARIFA CUARTA- OVP POR POSTOS,BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTACULOS, ATRACCIÓNS E INDUSTRIA DE RUA E AMBULANTES
.
Tarifa 4.1-licencias permanentes
Epigrafes
Por ano
4.1.1
Licencias para feirón de Sta Icia , Gándara e outras
8,00
4.1.2
Restantes licencias de venda ambulante con carácter permanente en zonas autorizadas ou habilitadas a tal efecto
80,00
Tarifa 4.2-licencias temporais
Por Acto (Feirón, Feira, Festa)
4.2.2
Por Polbeiras e postos de restauración
119,00 €
Por m2/día
4.2.3
Postos de venda en Feirón ou Feira
0,90 €/m2
4.2.4
Espectáculos ou atraccións
0,15 €/m2
Tarifa mínima temporal

ARTIGO 7- NORMAS DE XESTION

1) As persoas interesadas no concesión de aproveitamentos regulados na presente ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia ou autorización, segundo a ordenanza reguladora de cada un dos servizos, acompañando no caso das licencias, plano detallado da situación do aproveitamento solicitado.As autorizacións especificadas nas tarifias 2.3 e 2. 4, deberán contar previamente co informe da policia municipal.
2) Os aproveitamentos novos, poderán ser obxeto de autoliquidación, ou liquidación por exacción direca na Facenda Municipal, en función do determinado no regulamento propio do servizo . Nos supostos de aproveitamentos permanentes, autorizados e prorrogados, de tracto periódico, incluiranse en padróns ou matrículas con devengo o primeiro día do periodo natural sinalado na tarifa correspondente.
3) A presentación de baixa, causará efectos a partir do día primeiro do periodo natural de tempo sinalado na tarifa correspondente. A non presentación da baixa antes da data do devengo da taxa correspondente, implica a obriga de pago da mesma polo periodo devengado.
4) No caso de denegación de licenza, no suposto de que o ingreso da taxa xa se houbese realizado, procederá a súa devolución previa solicitude do interesado.
5) Por parte da facenda municipal poderán establecerse modelos normalizados de autoliquidación e liquidación para a súa tramitación electrónica.
6) A tramitación das solicitudes de licencia serán reguladas polas ordenanzas específicas do servizo correspondente, no seu defecto, as solicitudes serán dirixidas ó Alcalde-Presidente do Concello acompañadas dos planos e documentación necesaria para adoptar a resolución de concesión.
7) No caso de non producirse ingreso previo, a notficación da concesión da licencia, irá acompañada da notificación la liquidación da taxa correspondente.
8) Cando a utilización privativa ou aproveitamento especial teñan aparellada a destrucción ou deterioro de dominio público,ou cando ocasionalmene se produzan desperfectos no pavimento ou instalación da vía pública, o beneficiario, sen prexuicio do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do coste total dos gastos da reconstrucción ou amaño e depósito previo do seu importe .
9) As cantidade esixibles con arreglo á Tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polos periodos naturais de tempo sinalados nos repectivos epígrafes. Si non se determinou a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderáse prorrogada mentras non se presente declaración de baixa
10) No caso de solicitude de ocupación de vía pública, especifica na tarifa 1.6, solicitada por empresas adicadas ó aluguer de contenedores de obra, poderase facer unha liquidación provisional da taxa con carácter anual , calculada en función da media de dereitos liquidados pola mesma empresa no exercicio inmediatamente anterior. Rematado o exercicio, a Administración tributaria poderá realizar a liquidación definitiva unha vez computados o total de metros de ocupación autorizados nas distintas tarifas.
11) A imposición de sancións conforme a normativa específica que regula os aproveitamentos de dominio público, non impedirá en ningún caso, a liquidación e cobro das taxas devengadas.
12) As autorizacións da utilización privativa, poderán realizarse a través de procedementos de licitación pública, caso no que a taxa, virá determinada polo valor económico da proposición sobre a que recaiga a concesión, autorización ou adxudicación
13) No caso de utilización privativa en razón de obras, si estas se interrumpeses durante un tempo superior a 2 meses, sen causa xustificada, as cantías resultantes da Tarifa 1.1 sufriran unha recarga do 100% a partir do terceiro mes, e no caso de que una vez rematadas as obras continúen os aproveitamentos, as cuantías serán recargadas nun 200%.
14) Os puntais e andamios que estean situados dentro do perímetro limitado polo valo non darán lugar á liquidacións , senón que estarán comprendidos nas tarifias correspondentes ó concepto específico de valos. A partir do sexto mes a tarifa po OVP por valos, experimentará un incremento acumulativo do 10% por cada mes de exceso
15) As autorizacions previstas na tarifa cuarta, terán carácter personal e non poderán ser obxeto de cesión ou subarriendo a terceiros. O incumplimento deste apartado dara lugar a anulación da licencia sen perxuizo das contías que correspondan polas sancións previstas na normativa específica.
16) Os postos situados na Feira do Trece, quedán excluidas na tarifa cuarta da presente ordenanza, en atención a singularidade histórica da feira e o interés municipal na súa promoción.
17) En relación as tarifas 2.1.5 e 2.1.11 , cando no propia licencia non están indicado o número de prazas, computararanse una praza cada 2,5 m2 de superficie
18) No relativo as tarifas 2.5-Peches de rúas, a sinalización dos cortes de tráfico coas correspondentes medidas de seguridade, corren a conta do interesado
19) En relación as tarifas recollidas no tarifa segunda ovp entrada e saida de vehiculos e vados, o vados e reservas que superen a reserva de 3 metros, terán carácter excepcional e requerirá informe previo da policia local
20) As tarifas 2.2.1 ( vado permanente) e 2.2.2 ( vado provisional) son excluintes unha da outra para o mesmo periodo e idéntico obxeto, devengando á tarifa de vado permanente, o primeiro día do periodo impositivo inmediatamente posterior a súa concesión

ARTIGO 8-DISPOSICION FINAL

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro do 2009, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.