Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE SUMIDOIROS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/ 1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa de sumidoiros que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito impoñible.
1.-Constitúe feito impoñible da taxa:
A) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede municipal de sumidoiros.
B) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas.
2.-Non estarán suxeitas á taxa as parcelas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo, sempre que non fagan uso dos sumidoiros.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades á que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que sexan:
a) Cando se trate de concesións de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do inmoble.
b) No caso de prestación de servicios do número b) do artigo anterior,os ocupantes ou usuarios dos inmobles do termo municipal beneficiarios dos ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles,o que poderán repercutir, no seu caso,as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo,as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos,interventores ou liquidadores de quebras, concursos,sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible e cota tributaria.
1.-A base impoñible e liquidable desta taxa está formada polo importe da facturación polo servicio de abastecementos de auga,de conformidade co disposto na correspondente ordenanza reguladora.
2.-Naqueles casos nos que o inmoble non figure dado de alta no servicio de abastecemento de auga, a cota desta taxa non será inferior a 13,16 euros anuais.
3.-O cobramento desta taxa farase por bimestres vencidos.
Os dereitos de enganche fíxanse nas seguintes cantidades:
- Por vivenda: 12,02 euros.
- Por local comercial: 24,04 euros.
- Por planta baixa sen dividi-lo importe obterase de multiplicar 24,04 euros polo número de vivendas que corresponda por planta.
- Industrias:
Ata dous obreiros: 12,02 euros.
De dous a vinte: 20,00 euros.
De vinte a cincuenta: 50,00 euros.
Máis de cincuenta: 150,00 euros.
Consumo:
Cota fixa: 1 euro/mes
Por m3 de auga consumida: 0.02 euros
Altas de contrato: as taxas de alta a aboar no momento da sinatura do contrato establécese nas seguintes contías dependendo do tipo de aboado:
- Naves industriais ubicadas en polígonos industriais: 1.000,00 euros/ud.
- Promotores de dúas ou máis vivendas: 500,00 euros/ vivenda
- Promoción de vivendas colectivas: 500,00 euros/unidade
Artigo 6.-Exencións e bonificacións.
Soamente se admitirán nesta taxa as exencións e bonificacións que veñan establecidas en tratados e acordos internacionais ou en normas con rango de lei.
Artigo 7.-Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible, entendéndose iniciada esta:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida,se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede municipal de sumidoiros. O devengo por eta modalidade da taxa producirase con independencia de que obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.
2. Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos inmobles do municipio que teñan fachadas ás rúas, prazas ou vías públicas en que existía sumidoiro,sempre que a distancia entre a rede e a parcela non exceda de cen metros, e devéngase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida da rede.
Artigo 8.-Liquidación.
1. Cando se presente a solicitude de licencia de acometida liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo.
2. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude procederase a liquidar e notificar esixíndose o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 de Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondente expediente sancionador por infracción tributaria.
3. Unha vez autorizada a acometida,a xestión e recadación desta taxa acomodarase ó procedemento previsto para os valores recibo(padrón, censo, matrícula, etc.).
Artigo 9.-Ingreso.
1. As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse no momento de presentarse a solicitude, en calidade de depósito previo.
2. Cando se realice a acometida sen mediar solicitude esixirase nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.
3. O importe da taxa esixirase no período sinalado na tarifa, ou no seu caso, no que acorde o alcalde ou comisión de goberno e o ingreso farase efectivo no prazo previsto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.
4. Os ingresos efectuaranse na Tesourería municipal ou en lugar que determine o alcalde-presidente.
Artigo 10.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias,así coma das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional primeira.-Declaración de alta.
Disposición adicional segunda.-Declaración baixa.
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación desta podendo, no seu caso, prorratearse por meses.
Disposición final.
A presente ordenanza modificada entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación.