Boqueixón - Ordenanza fiscal reguladora da taxa de abastecemento de auga e sumidoiros

Publicación provisional: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 07/11/2009

Artigo 1.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/ 1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa de sumidoiros que se rexirá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.

Artigo 2.-Feito impoñible.

1.-Constitúe feito impoñible da taxa:

A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede municipal de sumidoiros.

b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas.

2.-Non estarán suxeitas á taxa as parcelas derrubadas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo, sempre que non fagan uso dos sumidoiros.

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria,que sexan:

Cando se trate de concesións de licenza de acometida á rede, o propietario,usufructuario ou titular do dominio útil do inmoble.

No caso de prestación de servizos do número b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos inmobles do termo municipal beneficiarios dos ditos servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.

2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, o que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 4.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos ,sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Base impoñible e cota tributaria.

1.-A base impoñible e liquidable desta taxa está formada polo importe da facturación polo servizo de abastecementos de auga, de conformidade co disposto na correspondente ordenanza reguladora.

2.-Naqueles casos nos que o inmoble non figure dado de alta no servizo de abastecemento de auga, a cota desta taxa non será inferior a 13,16 € anuais.

3.-O cobro desta taxa farase por trimestres vencidos.

a) ALTAS DE CONTRATO

As taxas de alta a aboar no momento da sinatura do contrato establécense nas seguintes contías dependendo do tipo de abonado:

Por vivenda: 50 €

Por local comercial: 100 €

Por planta baixa sen dividir o importe obtirase de multiplicar 100 € polo número de vivendas que corresponda por planta.

Industrias situadas fóra de polígonos:

Ata dous obreiros: 100 €

De dous a vinte: 300 €

De vinte a cincoenta: 500 €

Máis de cincuenta: 1.000 €

Naves industriais situadas en polígonos industriais:

Ata 500 m²: 500 €

De 500 m² a 2.000 m²: 1.000 €

De máis de 2.000 m²: 1.500 €

Promotores de dúas ou máis vivendas: 513,50 €/ vivenda.*

Promoción de vivendas colectivas (edificios colectivos): 513,50 €/unidade de vivenda.*

* O abono da taxa ha de efectuarse pola empresa promotora da edificación e será por cada vivenda no caso de promoción de vivendas unifamiliares e por cada vivenda no caso de promoción de vivendas colectivas.

b) CONSUMO

COTA FIXA

1.-

TARIFAS DO SERVIZO MUNICIPAL DE SANEAMIENTO

€/ano

GRUPO 1.º

Vivenda (por unidade), comercios menores (ata 2 empregados), despachos e oficinas (ata 2 empregados), locais en galerías, ferreterías, tendas de electrodomésticos, e semellantes

35,00

GRUPO 2.º

Industrias de ata 5 obreiros, clínicas médico sanitarias, despachos e oficinas de máis de 2 empregados, academias, comercios maiores de máis de 2 empregados, perruquerías, talleres de motos e bicicletas, panaderías e semellantes. Ademáis, tabernas, bares, churrasquerías, cafeterías, e restaurantes sen hospedaxe ata 150 m², e semellantes

50,00

GRUPO 3.º

Industrias de 5 a 20 obreiros, clubs nocturnos, restaurantes e churrasquerías con hospedaxe ata 20 habitacións, tabernas, bares, churrasquerías, cafeterías e restaurantes sen hospedaxe de mais de 150 m², pastelerías, carnicerías, peixerías, talleres de coches, materiais de construcción, marmorerías e semellantes

75,00

GRUPO 4.º

Tinturerías, imprentas, hospedaxes de mais de 20 habitacións, e industrias de 20 a 30 obreiros, e semellantes

220,00

GRUPO 5.º

Industrias de mais de 30 obreiros, talleres de lavado e engraxe, lavanderías, talleres mecánicos en polígonos industriais, naves industriais en polígonos, talleres de rodas, centros médicos, colexios, gasolineiras, e semellantes

300,00

Consumo ou vertido á rede municipal de saneamento: 0,05 €/m3.

Artigo 6.-Exencións e bonificacións.

Soamente se admitirán nesta taxa as exencións e bonificacións que veñan establecidas en tratados e acordos internacionais ou en normas con rango de lei.

Artigo 7.-Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:

Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede municipal de sumidoiros. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que obtivera ou non a licenza de acometida e sen prexuízo do inicio do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos inmobles do municipio que teñan fachadas ás rúas, prazas ou vías públicas en que exista sumidoiro, sempre que a distancia entre a rede e a parcela non exceda de cen metros, e devéngase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida da rede.

Artigo 8.-Liquidación.

Cando se presente a solicitude de licenza de acometida liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo.

Se se realiza a acometida sen mediar solicitude procederase a liquidar e notificar esixíndose o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 de Regulamento xeral de recadación, sen prexuizo da apertura do correspondente expediente sancionador por infracción tributaria.

Unha vez autorizada a acometida, a xestión e recadación desta taxa acomodarase ó procedemento previsto para os valores recibo( padrón, censo, matrícula, etc.).

Artigo 9.-Ingreso.

As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse no momento de presentarse a solicitude, en calidade de depósito previo.

Cando se realice a acometida sen mediar solicitude esixirase nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.

O importe da taxa esixirase no período sinalado na tarifa, ou no seu caso, no que acorde o alcalde ou comisión de goberno e o ingreso farase efectivo no prazo previsto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.

Os ingresos efectuaranse na Tesourería municipal ou no lugar que determine o alcalde.

Artigo 10.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias, asi coma das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso,estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición adicional primeira. Declaración de alta.

Os suxeito pasivos substitutos do contribuinte formularán as declaracións de alta nos censos ou padróns da taxa e surtirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarase a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.

Disposición adicional segunda. Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuinte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e surtirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma podendo , no seu caso, prorratearse por meses.

Disposición final.

A presente ordenanza modificada entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no BOP , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación.