Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE SUMIDOIROS

Publicación provisional: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 28/02/2024

Artigo 1. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/ 1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa de sumidoiros que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.

Artigo 2. Feito impoñible.

1 Constitúe feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede municipal de sumidoiros.

b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas.

2 Non estarán suxeitas á taxa as parcelas derrubadas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo, sempre que non fagan uso dos sumidoiros.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

1 Son suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan:

Cando se trate de concesións de licenza de acometida á rede, o propietario, usufrutuario ou titular do dominio útil do inmoble.

No caso de prestación de servizos do número b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos inmobles do termo municipal beneficiarios dos ditos servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.

2 En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, o que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 4. Responsables.

1 Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2 Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos ,sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria.

1 A base impoñible e liquidable desta taxa está formada polo importe da facturación polo servizo de abastecementos de auga, de conformidade co disposto na correspondente ordenanza reguladora.

2 Naqueles casos nos que o inmoble non figure dado de alta no servizo de abastecemento de auga, a cota desta taxa non será inferior a 13,16 euros anuais.

3 O cobro desta taxa farase por trimestres vencidos.

A) ALTAS DE CONTRATO

As taxas de alta a aboar no momento da sinatura do contrato establécense nas seguintes contías dependendo do tipo de aboado:

€/ud

Por vivenda

56,56 €

Por local comercial

113,13 €

Por planta baixa sen dividir

113,13 €

O importe obterase de multiplicar polo n.º de vivendas que corresponda por planta

113,02 €

Industrias situadas fora do polígono industrial

Ata 2 obreiros

113,02 €

Máis de 2 e ata 20 obreiros

339,06 €

Máis de 20 e ata 50 obreiros

565,11 €

Máis de 50 obreiros

1.130,22 €

Naves industriais situadas nos Polígonos industriais

Ata 500 m2

565,68 €

Máis de 500 m2 e ata 2000 m2

1.131,36 €

Máis de 2000 m2

1.697,03 €

Promotores de 2 ou máis vivendas unifamiliares *

580,95 €

Promotores de vivendas colectivas (edificios colectivos)

580,95 €

* O aboamento da taxa efectuarase pola empresa promotora da edificación e será por cada vivenda no caso de promoción de vivendas unifamiliares e por cada vivenda no caso de promoción de vivendas colectivas

B) CONSUMO

A. Aboados con servizo municipal de abastecemento

A.1 Cota fixa

Grupo 1º

Vivenda (por unidade), comercios menores (ata 2 empregados), despachos e oficinas (ata 2 empregados), locais en galerías, ferraxerías, tendas de electrodomésticos, e semellantes.

11,273 €

Grupo 2º

Industrias de ata 5 obreiros, clínicas médico sanitarias, despachos e oficinas de máis de 2 empregados, academias, comercios maiores de máis de 2 empregados, salóns de peiteados, talleres de motos e bicicletas, panaderías e semellantes. Ademais, tabernas, bares, churrasquerías, cafeterías, e restaurantes sen hospedaxe ata 150 m², e semellantes

16,577

Grupo 3º

Industrias de 5 a 20 obreiros, clubs nocturnos, restaurantes e churrasquerías con aloxamento ata 20 habitacións, tabernas, bares, churrasquerías, cafeterías e restaurantes sen hospedaxe de mais de 150 m², pastelerías, carnicerías, peixerías, talleres de coches, materiais de construción, marmorerías e semellantes.

24,872

Grupo 4º

Tinturerías, lavanderías, imprentas, aloxamentos de mais de 20 habitacións, e industrias de 20 a 30 obreiros, e semellantes.

72,966

Grupo 5º

Industrias de mais de 30 obreiros, talleres de lavado e engraxe, talleres mecánicos en polígonos industriais, naves industriais en polígonos, talleres de rodas, centros médicos, colexios, gasolineiras, e semellantes.

99,508

A.2 Verteduras

€/ud

por m3 consumidos ou verteduras á rede municipal de sumidoiros

0,31

B. Aboados sen servizo municipal de abastecemento

€/ab. Mes

Grupo 1

6,73 €

Grupo 2

8,34 €

Grupo 3

11,01 €

Grupo 4

26,53 €

Grupo 5

35,09 €

C Aboados con subministración non procedente da rede municipal de abastecemento e vertedura de gran caudal

Para aqueles aboados/industrias que para o seu proceso de traballo ou produción empreguen medios propios de abastecemen­to de auga, exclusivamente ou conxuntamente coa auga da rede municipal e vertan a rede de sumidoiros un caudal moi superior o consumido da rede municipal, instalarán o seu cargo aparellos para a medida do caudal vertido a rede; esta medición servirá de base para a facturación. De mutuo acordo entre a empresa e o concesionario do servizo de augas poderase realizar un aforo do caudal vertido a efectos da facturación.

C.1 Cota fixa

€/ab. Mes

Grupo 1

11,27 €

Grupo 2

16,08 €

Grupo 3

24,13 €

Grupo 4

70,77 €

Grupo 5

96,51 €

C.2 Verteduras

€/m3

Por m3 consumido ou verteduras á rede municipal de sumidoiros

0,30 €

D Acometidas servizo de saneamento

Ud. de acometida de auga residual formada por arqueta de saída, tubaria de P.V.C. Ø 160/5 atm., incluída escavación, recheo, demolición y reposición de firme no seu caso, así como conexión a colector existente con peza especial para estanqueidade da unión, e para unha lonxitude máxima de 5 m e unha profundidade máxima de 1,50 m

€/Ud

Gabia en terra

387,59 €

Gabia en asfalto

417,92 €

Gabia en beirarrúa

459,49 €

Nota: a estes prezos engadiráselle o IVE vixente

Artigo 6. Exencións e bonificacións.

Soamente se admitirán nesta taxa as exencións e bonificacións que veñan establecidas en tratados e acordos internacionais ou en normas con rango de lei.

Artigo 7. Devindico.

Devindicarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:

Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede municipal de sumidoiros. O devindico por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que obtivera ou non a licenza de acometida e sen prexuízo do inicio do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos inmobles do municipio que teñan fachadas ás rúas, prazas ou vías públicas en que exista sumidoiro, sempre que a distancia entre a rede e a parcela non exceda de cen metros, e devindicárase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida da rede.

Artigo 8. Liquidación.

Cando se presente a solicitude de licenza de acometida liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo.

Se se realiza a acometida sen mediar solicitude procederase a liquidar e notificar esixíndose o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 de Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondente expediente sancionador por infracción tributaria.

Unha vez autorizada a acometida, a xestión e recadación desta taxa acomodarase ó procedemento previsto para os valores recibo( padrón, censo, matrícula, etc.).

Artigo 9. Ingreso.

As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse no momento de presentarse a solicitude, en calidade de depósito previo.

Cando se realice a acometida sen mediar solicitude esixirase nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.

O importe da taxa esixirase no período sinalado na tarifa, ou no seu caso, no que acorde o alcalde ou comisión de goberno e o ingreso farase efectivo no prazo previsto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.

Os ingresos efectuaranse na Tesourería municipal ou no lugar que determine o alcalde.

Artigo 10. Infraccións e sancións.

En todo o relativo a clasificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposicións

Disposición adicional primeira. Declaración de alta.

Os suxeito pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta nos censos ou padróns da taxa e terá efectos tributarios no mesmo momento de presentarase a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.

Disposición adicional segunda. Declaración baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e terá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses.

Disposición final.-

Esta ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e manterá a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación.