Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA POLA TASA DA REDE DE SUMIDOIRO
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/ 1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa de sumidoiros que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito impoñible.
1.-Constitúe feito impoñible da taxa:
A) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede municipal de sumidoiros.
B) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas.
2.-Non estarán suxeitas á taxa as parcelas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo, sempre que non fagan uso dos sumidoiros.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades á que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que sexan:
a) Cando se trate de concesións de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do inmoble.
b) No caso de prestación de servicios do número b) do artigo anterior,os ocupantes ou usuarios dos inmobles do termo municipal beneficiarios dos ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles,o que poderán repercutir, no seu caso,as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo,as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos,interventores ou liquidadores de quebras, concursos,sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible e cota tributaria.
1.- | TARIFAS DO SERVIZO MUNICIPAL DE SANEAMIENTO | |
€/ano | ||
GRUPO 1º | Vivenda (por unidade), comercios menores (ata 2 empregados), despachos e oficinas (ata 2 empregados), locais en galerías, ferreterías, tendas de electrodomésticos, e semellantes. | 35,00 |
GRUPO 2º | Industrias de ata 5 obreiros, clínicas médico sanitarias, despachos e oficinas de máis de 2 empregados, academias, comercios maiores de máis de 2 empregados, perruquerías, talleres de motos e bicicletas, panaderías e semellantes. Ademáis, tabernas, bares, churrasquerías, cafeterías, e restaurantes sen hospedaxe ata 150 m², e semellantes | 50,00 |
GRUPO 3º | Industrias de 5 a 20 obreiros, clubs nocturnos, restaurantes e churrasquerías con hospedaxe ata 20 habitacións, tabernas, bares, churrasquerías, cafeterías e restaurantes sen hospedaxe de mais de 150 m², pastelerías, carnicerías, peixerías, talleres de coches, materiais de construción, marmorerías e semellantes. | 75,00 |
GRUPO 4º | Tinturerías, imprentas, hospedaxes de mais de 20 habitacións, e industrias de 20 a 30 obreiros, e semellantes. | 220,00 |
GRUPO 5º | Industrias de mais de 30 obreiros, talleres de lavado e engraxe, lavanderías, talleres mecánicos en polígonos industriais, naves industriais en polígonos, talleres de rodas, centros médicos, colexios, gasolineiras, e semellantes. | 300,00 |
Artigo 6.-Exencións e bonificacións.
Soamente se admitirán nesta taxa as exencións e bonificacións que veñan establecidas en tratados e acordos internacionais ou en normas con rango de lei.
Artigo 7.-Devengo.
Artigo 8.-Liquidación.
1. Cando se presente a solicitude de licencia de acometida liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo.
2. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude procederase a liquidar e notificar esixíndose o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 de Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondente expediente sancionador por infracción tributaria.
3. Unha vez autorizada a acometida,a xestión e recadación desta taxa acomodarase ó procedemento previsto para os valores recibo(padrón, censo, matrícula, etc.).
Artigo 9.-Ingreso.
Artigo 10.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias,así coma das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional primeira.-Declaración de alta.
Disposición adicional segunda.-Declaración baixa.
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación desta podendo, no seu caso, prorratearse por meses.
Disposición final.
A presente ordenanza modificada entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación.