Culleredo - Ordenanza fiscal nº 14 Taxa por distribución de auga

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/11/2007 BOP Nº: 275
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1. Feito impoñible.

O feito impoñible da taxa está constituído por:

a)      A actividade municipal tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar o enganche á rede de auga.

b)      A prestación do servizo de subministración de auga.

Artigo 2. Suxeito pasivo

1.       Son suxeitos pasivos en concepto de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias que sexan:

a)      No caso sinalado coa letra a) no artigo anterior, o propietario, usufrutuario ou titular de dominio útil do inmoble.

b)      No caso sinalado coa letra b) no artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos inmobles beneficiarios deste servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.

2.       En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario do inmoble.

Artigo 3. Cota Tributaria

A cota tributaria determinarase por unha cantidade resultante da aplicación das seguintes tarifas:

Tramitación administrativa
Enganches á rede de auga:
31,94 €
Cambios de titularidade:
11,86 €
Abastecemento de auga (Contribuíntes domésticos)
Cota de dispoñibilidade ao trimestre (27 m3):
12,92 €
Consumo de auga. Excesos sobre consumo incluído en cota de dispoñibilidade, por m3:
0,654 €
Abastecemento de auga (Contribuíntes non domésticos)
Cota de dispoñibilidade ao trimestre (27 m3):
14,85 €
Consumo de auga. Excesos sobre consumo incluído en cota de dispoñibilidade, por m3
0,746 €
Considerarase doméstico o consumo realizado polos aboados no seu domicilio particular.

Artigo 4. Devengo

1.       Cota de dispoñibilidade e consumo: o periodo impositivo coincide co trimestre natural. O devengo prodúcese o primeiro dia do periodo impositivo salvo nos caso de alta no servizo en que o devengo se produce no momento en que se inicie a prestación do servizo. Enténdese iniciada a prestación do servizo cando se conceda a licenza de enganche ou desde que teña lugar o enganche á rede, aínda que non se obtivese a licenza e sen prexuízo do inicio do expediente adminsitrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2.       Enganches á rede e cambios de titularidade: devéngase a taxa no momento en que se inicie a prestación do servizo. Enténdese iniciada a prestación do servizo cando este sexa solicitado ou desde a data que se utiliza o mesmo sen estar debidamente autorizado e, en consecuencia, desde que se inicie a posibilidade por parte do usuario de utilización do servizo.

Artigo 5. Xestión.

1.       Consumo: O cobramento das cotas realizarase en liquidacións trimestrais sen que sexa necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da declaración de alta, sen prexuízo da remisión do recibo correspondente cos detalles da facturación. O Censo de Contribuíntes do primeiro trimestre aprobarase e exporase ao público para reclamacións dentro do primeiro semestre de cada exercicio económico servindo como notificación colectiva dos vencementos do exercicio. Todo abonado, con independencia do consumo, pagará trimestralmente polo feito de dispoñer do servizo, unha cota mínima denominada cota de dispoñibilidade. Polo feito de abonar esta cota os abonados poderán consumir 27 metros cúbicos trimestrais. Tanto a cota de dispoñibilidade como o consumo que leva consigo será calculada por días, considerando meses de 30 días, cando o devengo da taxa se produza con posterioridade ao primeiro día do trimestre natural.

2.       Enganches á rede e cambios de titularidade: O contribuínte formulará a oportuna solicitude da actividade indicada, que non se realizará ou tramitará sen que se teña efectuado o pagamento correspondente

Disposición final

A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002, 28/10/2003, 27/04/2004, 26/10/2004, 25/10/2005 e 31/10/2006.A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 25/09/2007. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa