Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 14, reguladora da taxa por distribución de auga
Artigo 1. Feito impoñible.
O feito impoñible da taxa está constituído por:
a) A actividade municipal tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar o enganche á rede de auga.
b) A prestación do servizo de subministración de auga.
Artigo 2. Suxeito pasivo
1. Son suxeitos pasivos en concepto de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias que sexan:
a) No caso sinalado coa letra a) no artigo anterior, o propietario, usufrutuario ou titular de dominio útil do inmoble.
b) No caso sinalado coa letra b) no artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos inmobles beneficiarios deste servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario do inmoble.
Artigo 3. Cota Tributaria
Tramitación administrativa | |
Enganches á rede de auga | 34,13 € |
Cambios de titularidade | 12,67 € |
Abastecemento de auga (Contribuíntes domésticos) | |
Cota de dispoñibilidade ao trimestre | 10,00 € |
Consumo de | 0,25 €/m3 |
Consumo de | 0,66 €/m3 |
Consumo de >55 m3/trimestre en adiante | 1,16 €/m3 |
Abastecemento de auga (Contribuíntes non domésticos) | |
Cota de dispoñibilidade ao trimestre | 15,00 € |
Consumo de | 0,35 €/m3 |
Consumo de | 0,88 €/m3 |
Consumo de >100 m3/trimestre en adiante | 1,20 €/m3 |
Se no período de facturación se constata a existencia dunha fuga de auga na rede interna de subministro do abonado e o volume facturado ten unha consideración desproporcionada en virtude da devandita fuga, os tipos de gravame do terceiro tramo de consumo (>55 m3/trimestre) serán os establecidos para o segundo tramo (de 30 a 55 m3/trimestre) para os abonados domésticos.
Para os abonados non domésticos os tipos de gravame do terceiro tramo (>100 m3/trimestre) serán os establecidos para o segundo tramo (de 30 a 100 m3/trimestre)
A estes efectos, terá a consideración de volume desproporcionado aquel que reúna os seguintes requisitos:
- que o volume facturado sexa superior ao quíntuplo do volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo de un ano de facturación. Cando o abonado doméstico careza dun histórico de consumo anterior de 1 ano debido á súa recente data de alta no servizo, o volume medio de consumo de 1 ano anterior calcularase en función do número de persoas (por defecto, consideraranse 3) e tendo en conta unha dotación de 151 litros por persoa ao día.
Cando o abonado non doméstico careza de un histórico de consumo anterior de 1 ano debido á súa recente data de alta no servizo, o volume medio de consumo de 1 ano anterior calcularase por estimación obxectiva por parte da entidade subministradora.
- que os técnicos da entidade subministradora verifiquen que efectivamente o consumo desproporcionado foi debido a unha fuga na instalación interior do abonado e que este procedeu á reparación da devandita fuga no prazo de unha semana dende que a entidade subministradora lle comunicara o consumo excesivo.
Artigo 4. Devengo
1. Cota de dispoñibilidade e consumo: o periodo impositivo coincide co trimestre natural. O devengo prodúcese o primeiro dia do periodo impositivo salvo nos caso de alta no servizo en que o devengo se produce no momento en que se inicie a prestación do servizo. Enténdese iniciada a prestación do servizo cando se conceda a licenza de enganche ou desde que teña lugar o enganche á rede, aínda que non se obtivese a licenza e sen prexuízo do inicio do expediente adminsitrativo que poida instruírse para a súa autorización.
2. Enganches á rede e cambios de titularidade: devéngase a taxa no momento en que se inicie a prestación do servizo. Enténdese iniciada a prestación do servizo cando este sexa solicitado ou desde a data que se utiliza o mesmo sen estar debidamente autorizado e, en consecuencia, desde que se inicie a posibilidade por parte do usuario de utilización do servizo.
Artigo 5. Xestión.
1. Consumo: O cobramento das cotas realizarase en liquidacións trimestrais sen que sexa necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da declaración de alta, sen prexuízo da remisión do recibo correspondente cos detalles da facturación. O Censo de Contribuíntes do primeiro trimestre aprobarase e exporase ao público para reclamacións dentro do primeiro semestre de cada exercicio económico servindo como notificación colectiva dos vencementos do exercicio. Todo abonado, con independencia do consumo, pagará trimestralmente polo feito de dispoñer do servizo, unha cota mínima denominada cota de dispoñibilidade. Polo feito de abonar esta cota os abonados poderán consumir 27 metros cúbicos trimestrais. Tanto a cota de dispoñibilidade como o consumo que leva consigo será calculada por días, considerando meses de 30 días, cando o devengo da taxa se produza con posterioridade ao primeiro día do trimestre natural.
2. Enganches á rede e cambios de titularidade: O contribuínte formulará a oportuna solicitude da actividade indicada, que non se realizará ou tramitará sen que se teña efectuado o pagamento correspondente
Artigo 6.º.-Bonificacións
1. Bonificación familias numerosas.
1.1. As familias numerosas de categoría especial terán unha bonificación na taxa por consumo de auga do 50% sobre os consumos comprendidos entre 30 e 60 m3.
1.2. As familias numerosas de categoría xeral terán unha bonificación na taxa por consumo de auga do 50% sobre os consumos comprendidos entre 30 e 50 m3.
1. 3. A bonificación só será aplicable á vivenda habitual do contribuínte.
1.4. Os suxeitos pasivos que, cumprindo os requisitos establecidos, pretendan obter a bonificación regulada neste apartado, deberán presentar unha solicitude antes do comezo do período impositivo trimestral en que se pretenda que comece a mesma. No caso de alta no servizo, a solicitude de bonificación presentarase conxuntamente coa solicitude de alta. Coa mesma deberá achegarse a seguinte documentación:
-Copia compulsada de título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
-Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, na que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita bonificación.
1.5. A bonificación concedida terá efectos durante o ano natural no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a prórroga nos anos sucesivos, achegando a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos para a súa obtención. As prórrogas deberán ser solicitadas antes do 31 de xaneiro de ano para o que se solicite a bonificación.
2, Modulación da cuantía en función da capacidade económica. Os cidadáns que se atopen en risco de exclusión, terán unha bonificación na taxa por consumo de auga, coas seguintes especificacións:
2.1. Aqueles suxeitos pasivos da taxa integrantes dunha unidade familiar na que todos os seus membros se atopen en situación de desemprego e non perciban ningún tipo de prestación, subsidio, prestación non contributiva ou axuda familiar do INEM. terán dereito a unha bonificación do 100% sobre o consumo de 150 litros ao día por cada persoa que resida na vivenda.
2.2. Aqueles suxeitos pasivos da taxa que sexan beneficiarios do RISGA, terán dereito a unha bonificación do 50% sobre o consumo de 150 litros ao día por cada persoa que resida na vivenda.
2.3. A acreditación de risco de exclusión realizarase mediante informe dos servizos sociais municipais, de acordo cos criterios establecidos no regulamento de acceso as prestacións económicas municipais de emerxencia para a inserción social, aprobado en sesión plenaria celebrada o 29 de agosto de 2013 e publicado no BOP 242 de 20 de decembro de 2013.
2.4. A bonificación só será aplicable á vivenda habitual do contribuínte.
2.5. Os suxeitos pasivos que, cumprindo os requisitos establecidos, pretendan obter a bonificación regulada neste apartado, deberán presentar unha solicitude antes do comezo do período impositivo en que se pretenda que comece a mesma. No caso de alta no servizo, a solicitude de bonificación presentarase conxuntamente coa solicitude de alta. Coa mesma deberá achegarse a documentación requirida no mencionada regulamento de acceso ás prestacións económicas municipais.
2.6. A bonificación concedida terá efectos durante o ano natural no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a prórroga nos anos sucesivos, achegando a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos para a súa obtención. As prórrogas deberán ser solicitadas antes do 1 de xaneiro de ano para o que se solicite a bonificación.
Disposición final
A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002, 28/10/2003, 27/04/2004, 26/10/2004, 25/10/2005 e 31/10/2006.A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 25/09/2007. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Modiciación BOP nº 236, 12/12/2012:
A modificación entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013, logo da publicación do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia.