Laracha A - Ordenanza fiscal nº 17, reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 05/04/2000 BOP Nº: 79
Publicación definitiva: 05/04/2000 BOP Nº: 79
Aplicable dende: 10/04/2008

Artigo 1º.- Fundamento e réxime

O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras esíxese neste Concello de conformidade co disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, aplicándose sobre ditas disposicións os elementos determinantes da cota tributaria que se regulan nos artigos da presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra pola que se esixa a obtención da correspondente licencia urbanística, obtéñase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

Artigo 3º. - Suxeito pasivo

1. - Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas nas entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, propietarias dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras, sempre que sexan donos destas; nos demais casos, considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.

2. - Teñen a condición de suxeitos pasivos substitutos de contribuínte, os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.

Artigo 4º. - Base impoñible, cota e devengo.

1. - A Base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal o custo de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coas construccións, instalacións e obras, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estricatamente, o custo de execución material.
2. - A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravamen do 2,5 por cen, a execepción das obras realizadas en edificacións destinadas a vivenda unifamiliar, en réxime de autopromoción, e levadas a cabo en solo de núcleo rural, para as que o tipo de gravamen será do 2 por cen.
3º. - O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.

Artigo 5º. - Xestión

1º. -Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non téndose solicitada, concedida ou denegada dita licencia, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible:

a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivese visado, polo colexio oficial correspondente, cando esto constitúa un requisito preceptivo.

b) Cando non se presente presuposto visado ou o proposto sexa manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, a criterio dos servicios técnicos municipais, a base impoñible determinarase polos módulos que recolle a Base de Datos da Construcción de Galicia; estes son:

1. -EDIFICACIÓNS

* Vivendas unifamiliares illadas: 480 euros por metro cadrado.

* Vivendas colectivas e residenciais: 370 euros por metro cadrado.

* Restauración e rehabilitación de vivenda: 300 euros por metro cadrado.

* Bares e restaurantes: 270 euros por metro cadrado.

* Locais comerciais de nova planta: 240 por metro cadrado.

* Locais comerciais, acondicionamento: 175 euros por metro cadrado.

* Industrias sen proceso productivo: 145 euros por metro cadrado.

* Industrias con proceso productivo: 290 euros por metro cadrado. * Sotos, semisotos ou garaxes: 130 euros por metro cadrado. * Galpóns, alpendres e plantas libres sen uso específico: 120 euros por metro cadrado.

* Galiñeiros, cabanotes e outras construccións similares: 70 euros por metro cadrado.

* Obras e instalacións de carácter provisional: 20 euros por metro cadrado.

2. - DEMOLICIÓNS.

* Demolición de muros: 50 euros por metro cúbico.

* Demolición de tabiques: 5 euros por metro cadrado.

* Demolición de cuberta de fibrocemento: 4,5 euros por metro cadrado.

* Demolición de cuberta de tella: 5 euros por metro cadrado.

* Levantamento de solos: 10 euros por metro cadrado.

* Picado de azulexos e revestimentos: 6 euros por metro cadrado.

* Demolición de forxados: 10 euros por metro cadrado.

* Demolición completa: 20 euros por metro cadrado.

3. - MOVEMENTO DE TERRAS.

* Escavación de zanxas: 20 euros por metro cúbico.

* Escavación a ceo aberto: 10 euros por metro cúbico.

* Carga e transporte de terras a vertedoiro: 8 euros por metro cúbico.

* Recheos a ceo aberto: 10 euros por metro cúbico.

* Recheo de zanxas: 16 euros por metro cúbico.

4. - MUROS DE CERRADO.

* Muro de bloque: 50 euros por metro cadrado.

* Muro de pedra: 100 euros por metro cadrado.

* Muro de poste metálico: 20 euros por metro cadrado.

* Muro de celosía: 35 euros por metro cadrado.

* Columna para contador: 215 euros por unidade.

* Cerrados compostos. Determinarase o custo pola suma de cada unha das partidas que corresponde aplicar entre os anteriores.

5. - ESTRUCTURAS.

* Formigón en masa: 100 euros por metro cúbico.

* Estructura completa de formigón armado: 50 euros por metro cadrado.

* Forxado de formigón armado: 30 euros por metro cadrado.

* Estructura completa de aceiro: 60 euros por metro cadrado.

* Forxado de aceiro: 36 euros por metro cadrado.

6. - ALBANELERÍA E ACABADOS.

* Cerramento de fachada con dobre folla de ladrillo: 35 euros por metro cadrado.

* Tabiquería de ladrillo: 15 euros por metro cadrado.

* Muro de bloque: 25 euros por metro cadrado.

* Muro de pedra: 95 euros por metro cadrado.

* Celosía e balaustrada: 25 euros por metro cadrado.

* Azulexo: 19 euros por metro cadrado.

* Solado: 36 euros por metro cadrado.

* Enfoscado: 10 euros por metro cadrado.

* Reforma de cociñas: 195 euros por metro cadrado.

* Reforma de aseos e cuartos de baño: 190 euros por metro cadrado.

* Pintura interior: 5 euros por metro cadrado.

* Pintura exterior: 9 euros por metro cadrado.

7. - CUBERTAS.

* Cuberta de tella: 25 euros por metro cadrado.

* Substitución de tella por tella: 23 euros por metro cadrado.

* Substitución de tella por fibrocemento e tella: 40 euros por metro cadrado.

* Caneiros e baixantes: 18 euros por metro cadrado.

8. - CARPINTERÍA

* Porta de entrada: 350 euros por metro cadrado.

* Porta interior: 127 euros por metro cadrado.

* Ventá e galería: 180 euros por metro cadrado.

* Ventá en plano de tellado: 290 euros por metro cadrado.

* Portais: 150 euros por metro cadrado.

* Reixas de seguridade en ventás e portas: 60 euros por metro cadrado.

9. - INSTALACIÓNS.

* Instalacións de electricidade:

-para superficie de 100 metros cadrados, 1970 euros.

-para superficies superiores ou inferiores a 100 metros cadrados, adicionaranse ou restaranse 15 euros por metro cadrado.

* Instalación de calefacción:

-para superficie de 100 metros cadrados, 5800 euros.

-para superficies superiores ou inferiores a 100 metros cadrados, sumaranse ou restaranse 30 euros por metro cadrado.

* Instalación de fontanería:

-Cociña, 300 euros.

-Baño, 500 euros.

10. - POZOS DE AUGA E FOSAS SÉPTICAS.

* Pozos de barrena: 3.000 euros por unidade.

* Pozo artesán: 2.000 euros por unidade.

* Fosa séptica e pozo filtrante: 1.200 euros por unidade.

11. - URBANIZACIÓN.

* Beirarrúas e terrazas con baldosas de cemento: 20 euros por metro cadrado.

* Tubos de canalización: 40 euros por metro lineal.

* Pozo de rexistro: 270 euros por unidade.

* Arquetas de rexistro: 140 euros por unidade.

* Soleiras de formigón: 25 euros por metro cadrado.

* Muro de contención de formigón armado: 280 euros por metro cadrado.

* Piscina completa: 300 euros por metro cadrado.

* Pista deportiva: 60 euros por metro cadrado.

2º. - Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e de custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa poderá modifica-la base impoñible a que se refire o número anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Artigo 6º. - Beneficios fiscais

1º. - As construccións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que o xustifiquen poderá beneficiarse das seguintes bonificacións na cota tributaria:

a) Promovidas polas administracións públicas para a implantación de servizos públicos ou servicios de interese comunitario, bonificación do 75% (75 por 100).

b) Promovidas por entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e destinadas a fins ou actividades non lucrativas que complementen ou suplan os servizos de competencia municipal, bonificación do 75% (75 por 100)

c) Reparación ou conservación de inmobles declarados de interese cultural ou incluídos nun catálogo municipal como de protección urbanística integral, bonificación do 75% (75 por 100). Cando os bens catalogados gocen de protección non íntegra aplicarase a bonificación do 50% (50 por 100).

d) Construcción, rehabilitación ou reparación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social, bonificación do 95% (95 por 100).

e) Dedicadas a primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais: que xeneren de cinco a dez postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 25% (25 por 100). Que xeneren de once a vintecinco postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 50 % ( 50 por 100 ). Que xeneren máis de vintecinco postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 75% (75 por 100).

2º. - Corresponde ó Pleno do Concello a declaración de especial interese ou utilidade municipal e o outorgamento das anteriores bonificacións, que se acordará previa solicitude do interesado, presentada con anterioridade é realización do feito impoñible e a que se aportará á documentación xustificativa que proceda, así como, no seu caso, o compromiso de mantemento da finalidade da inversión polo prazo establecido.

3º. - Dará lugar á perda da bonificación a comisión de calquera infracción urbanística na execución da inversión obxeto da mesma, así como o incumprimento do prazo mínimo sinalado no número 1, letra b) deste artigo.

Artigo 7º. - Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizarase conforme ó previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado, reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.

Artigo 8º. - Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase en réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenrolen