Arteixo - Ordenanza nº 34, prezo público pola prestación de servizos socioculturais, deportivos, recreativos e outros análogos

Publicación provisional: 08/07/2008 BOP Nº: 156
Publicación definitiva: 08/09/2008 BOP Nº: 207
Aplicable dende: 25/09/2008

ARTIGO 1. Concepto

De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, estabelecese o prezo público por prestación de servizos culturais, deportivos, de ocio e outros análogas

ARTIGO 2. Obrigados ao pagamento

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas receptoras dos servizos descritos ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte

ARTIGO 3. Contía

1. A contía do prezo publico regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. As tarifas deste prezo público serán as seguintes:
1
Asistencia a espectáculos no auditorio
 
1.1
Cachet entre 750 € -2.500 €
2,50 €
1.2
Cachet entre 2.500 € - 5.000 €
3,50 €
1.3
Cachet de mais de 5.000 €
5,00 €
2
Participación en obradoiros e actividades de ocio
 
2.1
Participación en obradoiros e talleres culturais, organizados pola Concellería de Cultura
5,85 €
3
Asistencia a actividades
 
3.1
Asistencia a campamentos, albergues, intercambios, organizados pola Concellería de Cultura, cada día
8,44 €
 
3.2
Escolas deportivo municipais
 
3.2.1.
Actividades extraescolares deportivas nos colexios públicos
  
3.2.1.1
Unha actividade
48,28 €
 
3.2.1.2
Duas actividades
60,33 €
 
3.2.1.3
Tres actividades
108,61 €
 
3.2.1.4
Catro actividades
120,66
  
3.2.2
Escolas deportivas para menores de idade
 
3.2.2.1.
Dous dias
47,54 €
3.2.2.2
Tres dias
67,88 €
  
3.2.3
Escolas deportivas maiores de idade (18 a 65 anos)
 
3.2.3.1.
Dous dias
67,88 €
3.2.3.2
Tres dias
81,46 €
  
3.2.4
Escolas deportivas maiores 65 anos
 
3.2.4.1
Dous días
13,57 €
3.2.4.2
Tres días
20,37 €
  
3.2.5.
Escolas deportivas de recuperación funcional
 
3.2.5.1
Dous dias
101,82 €
3.2.5.2
Tres dias
122,18 €
 
 
3.3
Outros servizos relacionados coa práctica deportiva
 
3.3.1
Torneo futbol sala CONCELLO DE ARTEIXO
362,64 €
3.3.2
Xornadas deporte na natureza menores de idade
10,00 €
3.3.3
Xornadas deporte na natureza maiores de idade
20,00 €
3.3.4
Xornadas de senderismo fora do Concello menores de idade
7,00 €
3.3.5
Xornadas de senderismo fora do Concello maiores de idade
12,00 €
3.3.6
Curso equitación menores de idade, por mes
15,00 €
3.3.7
Curso equitación maiores de idade, por mes
25,00 €
3.3.8
Campamentos deportivos matutinos, por día
4,00 €
 
3.4
Actividades desenvolvidas pola Concelleria de Servizos Sociais, Xuventude e Educación.
 
 
3.4.1
Obradoiros, talleres ou actividades desenvolvidas polas Concellerías citadas
25,00 €
4
Escola municipal de música
 
4.1
Por cada materia impartida, ao mes
8,34 €

ARTIGO 4. Fixación

1. O estabelecemento ou modificación dos prezos públicos corresponderá á Xunta de Goberno Local, respecto da determinación de que actividades e servizos quedan gravados por prezos públicos e as contias do gravame, en réxime de competencia delegada polo Pleno en uso das facultades previstas no artigo 47.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co artigo 23.2.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
2. Toda proposta de fixación ou modificación dos prezos públicos deberá ir acompañada dunha memoria económico-financieira, que xustificará o importe dos mesmos, o grao de cobertura financieira dos custos correspondentes e, no seu caso, as utilidades derivadas da realización das actividades e a prestación dos servizos ou os valores de mercado que se toman como referencia.
3. No acordo de fixación de prezos públicos estabelecerase a data na que se empezará a esixir o prezo público novo ou modificado.
4. Os importes dos prezos públicos aprobados daranse a coñecer mediante anuncios no BOP e no taboleiro de edictos da Corporación.

ARTIGO 5. Reduccións

1. As tarifas fixadas para a entrada no auditorio terán unha reducción do 25% para os colectivos de estudantes de ensinanzas homologadas; terceira idade e menores de 12 anos. Igualmente teran unha reducción do 20% se fora mercado un abono que incluirá como mínimo tres funcións por semestre. Se do resultado da anteriores operacións resultaran unha cantidade con decimais, redondearase até o seguinte decimal rematado en cinco ou en cero.
2. Cando os ingresos da unidade de convivencia non superen os que deseguido se detallan, os usuarios terán unha redución do 50% no importe dos prezos correspondentes ao apartado 3.2.1, do artigo 3, apartado segundo (Actividades extraescolares deportivas nos colexios públicos).
Membros da Unidade de convivencia
Ingresos netos anuais
1
7.240,98 €
2
10.259,45 €
3
13.274,57 €
4
15.688,24 €
5 ou máis
18.101,89 €
Para os efectos deste artigo, entenderase por unidade de convivencia aquela vencellada economicamente ao solicitante. Para o cálculo dos ingresos contabilizarase os dos familiares obrigados a prestar alimentos segundo o define o Código Civil.

ARTIGO 6. Obrigado ao pagamento

1. O pagamento de dito prezo público efectuarase:
a) Para as tarifas sinaladas no artigo 3.2.1 (asistencia a espectáculos no auditorio municipal), no momento de retirar a entrada ou abono correspondente.
b) Para as tarifas sinaladas no artigo 3.2.2.1 (participación en obradoiros e actividades de ocio organizados pola Concellería de Cultura) e 3.2.3.1 (campamentos e intercambios organizados pola Concelleríad e Cultura), no momento de ter concedida a aceptación preceptiva, sempre con anterioridade ao inicio da prestación do servizo, autoliquidando o importe segundo modelo estabelecido ao efecto.
c) Nas actividades extraescolares deportivas impartidas nos colexios públicos (3.2.3.2.1), coincidirá co período de desenvolvemento da escola deportiva correspondente, prorrateandose o cobramento do prezo en tres períodos e nas porcentaxes seguintes:
- Mes de outubro....................... 40%
- Mes de xaneiro........................ 40%
- Mes Abril.................................. 20%
d) Nas actividades contempladas nos artigos 3.2.3.2 (escolas deportivo municipais) e 3.2.3.3.(outros servizos relacionados coa práctica deportiva), agás as actividades extraescolares deportivas nos colexios públicos, os prezos prorratearanse proporcionalmente nos casos que o inicio da actividade teña lugar con posterioridade ao mes de outubro, facéndose o cálculo de xeito proporcional aos trimestres que restan para rematar o curso. Aos efectos deste cálculo, considerase incluído no prezo o trimestre que corresponda ao inicio da actividade. En calquera dos supostos anteriores, os prezos terán un incremento do 20% para aquelas persoas non empadronadas no Concello de Arteixo, agás para o contemplado no epígrafe 3.2.3.3.1. (torneo de fútbol sala Concello de Arteixo)
e) Nos obradoiros e actividades organizados polos Servizos Sociais, Xuventude e Educación (artigo 3.2.3.4) con anterioridade ao inicio do obradoiro ou actividade, debendo ingresar o importe do mesmo con anterioridade ao inicio da actividade, segundo recibo estabelecido ao efecto.
f) Para as tarifas da escola municipal de música, o pagamento realizarase trimestralmente. Así, do día 1 ao 15 de outubro de cada ano, no momento de formalizar a matrícula correspondente, deberá abonar o importe correspondente ao 1º trimestre. Os sucesivos trimestres deberán ser abonados nos últimos 15 dias do trimestre anterior, utilizando a tales efectos, o modelo estabelecido polos Servizos Económicos.

DISPOSICION ADICIONAL PRIMEIRA

As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente na porcentaxe do I.P.C

DISPOSICIÓN FINAL

O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación do servizo da escola infantil municipal de Arteixo, derroga ao aprobado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 28 de decembro de 2006, baixo o título ¿Prezo público pola prestación de servizos culturais especiais".
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 26 de xuño de 2008, entrando en vigor, unha vez publicado o texto modificado no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 dias previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o día 1 de outubro de 2008, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derogación expresas.