Arteixo - Ordenanza nº 34, prezo público pola prestación de servizos socioculturais, deportivos, recreativos e outros análogos
ARTIGO 1. Concepto
De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, estabelecese o prezo público por prestación de servizos culturais, deportivos, de ocio e outros análogos
ARTIGO 2. Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas receptoras dos servizos descritos ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.
ARTIGO 3. Contía
1. A contía do prezo publico regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. As tarifas deste prezo público serán as seguintes:
1 | Asistencia a espectáculos no auditorio | ||
1.1 | Cachet entre 750 € -2.500 € | 2,50 € | |
1.2 | Cachet entre 2.500 € - 5.000 € | 3,50 € | |
1.3 | Cachet de mais de 5.000 € | 5,00 € |
2 | Participación en obradoiros e actividades de ocio | ||
2.1 | Participación en obradoiros e talleres culturais, organizados pola Concellería de Cultura | 5,85 € |
3 | Asistencia a actividades | |||||
3.1 | Asistencia a campamentos, albergues, intercambios, organizados pola Concellería de Cultura, cada día | 8,44 € | ||||
3.2 | Escolas municipais | |||||
3.2.1. | Actividades extraescolares deportivas e educativas nos colexios públicos | |||||
3.2.1.1 | Unha actividade (duas horas semanais) | 48,28 € | ||||
3.2.1.2 | Duas actividades (duas horas semanais) | 60,33 € | ||||
3.2.1.3 | Tres actividades (duas horas semanais) | 108,61 € | ||||
3.2.1.4 | Catro actividades (duas horas semanais) | 120,66 € | ||||
3.2.1.5 | Unha actividade (unha hora semanal) | 24,14 € | ||||
3.2.2 | Escolas deportivas para menores de idade | |||||
3.2.2.1. | Dous dias | 47,54 € | ||||
3.2.2.2 | Tres dias | 67,88 € | ||||
3.2.3 | Escolas deportivas maiores de idade (18 a 65 anos) | |||||
3.2.3.1. | Dous dias | 67,88 € | ||||
3.2.3.2 | Tres dias | 81,46 € | ||||
3.2.4 | Escolas deportivas maiores 65 anos | |||||
3.2.4.1 | Dous días | 13,57 € | ||||
3.2.4.2 | Tres días | 20,37 € | ||||
3.2.5. | Escolas deportivas de recuperación funcional | |||||
3.2.5.1 | Dous dias | 101,82 € | ||||
3.2.5.2 | Tres dias | 122,18 € | ||||
3.2.6 | Actividades lúdico-educativas en período vacacional | |||||
3.2.6.1 | Entroido e Semana Santa | 10,00 € | ||||
3.2.6.2 | Nadal | 20,00 € | ||||
3.2.6.3 | Verán Quincena ou períodos inferiores | 60,00 €/mes | ||||
3.3 | Outros servizos relacionados coa práctica deportiva e educativa | |||||
3.3.1 | Torneo futbol sala CONCELLO DE ARTEIXO | 362,64 € | ||||
3.3.2 | Xornadas deporte na natureza menores de idade | 10,00 € | ||||
3.3.3 | Xornadas deporte na natureza maiores de idade | 20,00 € | ||||
3.3.4 | Xornadas de senderismo fora do Concello menores de idade | 7,00 € | ||||
3.3.5 | Xornadas de senderismo fora do Concello maiores de idade | 12,00 € | ||||
3.3.6 | Curso equitación menores de idade, por mes | 15,00 € | ||||
3.3.7 | Curso equitación maiores de idade, por mes | 25,00 € | ||||
3.3.8 | Campamentos deportivos matutinos, por día | 4,00 € | ||||
3.4 | Actividades desenvolvidas pola Concelleria de Servizos Sociais e Xuventude. | |||||
3.4.1 | Obradoiros, talleres ou actividades desenvolvidas polas Concellerías citadas | 25,00 € |
4 | Escola municipal de música | ||
4.1 | Por cada materia impartida, ao mes | 8,34 € |
ARTIGO 4. Fixación
1. O estabelecemento ou modificación dos prezos públicos corresponderá á Xunta de Goberno Local, respecto da determinación de que actividades e servizos quedan gravados por prezos públicos e as contias do gravame, en réxime de competencia delegada polo Pleno en uso das facultades previstas no artigo 47.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co artigo 23.2.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
2. Toda proposta de fixación ou modificación dos prezos públicos deberá ir acompañada dunha memoria económico-financieira, que xustificará o importe dos mesmos, o grao de cobertura financieira dos custos correspondentes e, no seu caso, as utilidades derivadas da realización das actividades e a prestación dos servizos ou os valores de mercado que se toman como referencia.
3. No acordo de fixación de prezos públicos estabelecerase a data na que se empezará a esixir o prezo público novo ou modificado.
4. Os importes dos prezos públicos aprobados daranse a coñecer mediante anuncios no BOP e no taboleiro de edictos da Corporación.
ARTIGO 5. Reduccións
1. As tarifas fixadas para a entrada no auditorio terán unha reducción do 25% para os colectivos de estudantes de ensinanzas homologadas; terceira idade e menores de 12 anos. Igualmente teran unha reducción do 20% se fora mercado un abono que incluirá como mínimo tres funcións por semestre. Se do resultado da anteriores operacións resultaran unha cantidade con decimais, redondearase até o seguinte decimal rematado en cinco ou en cero.
2. Cando os ingresos da unidade de convivencia non superen os que deseguido se detallan, os usuarios terán unha redución do 50% no importe dos prezos correspondentes ao apartado 3.2.1, do artigo 3, apartado segundo (Actividades extraescolares deportivas e educativas nos colexios públicos).
Membros da Unidade de convivencia | Ingresos netos anuais |
1 | 7.342,35 € |
2 | 10.403,08 € |
3 | 13.460,41 € |
4 | 15.907,88 € |
5 ou máis | 18.355,32 € |
Para os efectos deste artigo, entenderase por unidade de convivencia aquela vencellada económicamente ao solicitante. Para o cálculo dos ingresos contabilizarase os dos familiares obrigados a prestar alimentos segundo o define o Código Civil.
ARTIGO 6. Obrigado ao pagamento
1. O pagamento de dito prezo público efectuarase:
a) Para as tarifas sinaladas no artigo 3.2.1 (asistencia a espectáculos no auditorio municipal), no momento de retirar a entrada ou abono correspondente.
b) Para as tarifas sinaladas no artigo 3.2.2.1 (participación en obradoiros e actividades de ocio organizados pola Concellería de Cultura) e 3.2.3.1 (campamentos e intercambios organizados pola Concellería de Cultura), no momento de ter concedida a aceptación preceptiva, sempre con anterioridade ao inicio da prestación do servizo, autoliquidando o importe segundo modelo estabelecido ao efecto.
c) Nas actividades extraescolares deportivas e educativas impartidas nos colexios públicos (3.2.3.2.1), coincidirá co período de desenvolvemento da escola deportiva correspondente, podendo prorratearse o cobramento do prezo en tres períodos e nas porcentaxes seguintes:
- Mes de outubro....................... 40%
- Mes de xaneiro........................ 40%
- Mes Abril.................................. 20%
d) Cando se produza enfermidade ou imposibilidade física ou psíquica, debidamente xustificado, que impida ao alumno practicar a actividade, o prezo a abonar determinarase en función dos meses ou fracción dos mesmos, que asistiu ás actividades, prorrateándose o prezo sinalado no artigo 3.2.3.2.1, e procedendo á súa devolución se tivera abonado un período superior ao prestado.
e) Nas actividades contempladas nos artigos 3.2.3.2 (escolas deportivo municipais) e 3.2.3.3.(outros servizos relacionados coa práctica deportiva), agás as actividades extraescolares deportivas nos colexios públicos, os prezos prorratearanse proporcionalmente nos casos que o inicio da actividade teña lugar con posterioridade ao mes de outubro, facéndose o cálculo de xeito proporcional aos trimestres que restan para rematar o curso. Aos efectos deste cálculo, considerase incluído no prezo o trimestre que corresponda ao inicio da actividade. En calquera dos supostos anteriores, os prezos terán un incremento do 20% para aquelas persoas non empadroadas no Concello de Arteixo, agás para o contemplado no epígrafe 3.2.3.3.1. (torneo de fútbol sala Concello de Arteixo).
f) Nos obradoiros e actividades organizados polos Servizos Sociais, Xuventude e Educación (artigo 3.2.3.4) con anterioridade ao inicio do obradoiro ou actividade, debendo ingresar o importe do mesmo con anterioridade ao inicio da actividade, segundo recibo estabelecido ao efecto.
g) Para as tarifas da escola municipal de música, o pagamento realizarase trimestralmente. Así, do día 1 ao 15 de outubro de cada ano, no momento de formalizar a matrícula correspondente, deberá abonar o importe correspondente ao 1º trimestre. Os sucesivos trimestres deberán ser abonados nos últimos 15 días do trimestre anterior, utilizando a tales efectos, o modelo estabelecido polos Servizos Económicos.
DISPOSICION ADICIONAL PRIMEIRA
As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente na porcentaxe do I.P.C.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación do servizo da escola infantil municipal de Arteixo, foi aprobado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 26 de xuño de 2008, derrogando ao aprobado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 28 de decembro de 2006, baixo o título ¿Prezo público pola prestación de servizos culturais especiais".
Foi modificada posteriormente por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 5 de novembro de 2008..
A presente modificación foi aprobada pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 22 de xullo de 2009, entrando en vigor, unha vez publicado o texto modificado no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 dias previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derogación expresas.